Carreira Club de Fútbol

Este modesto clube de fútbol foi fundado no ano 1976 por varias persoas da parroquia de Carreira lideradas por Manuel Sampedro González, quen máis tarde sería o seu primeiro Presidente.

No ano 2001 celebróuse o 25 aniversario do Clube.


Carreira C.F. 1977-78
O equipo xogaba nos seus primeiros anos de vida no vello campo de fútbol de Frións, clausurado posteriormente para facer un colexio nos seus terreos, feito que obrigóu ó clube a construir outro no centro da parroquia; o chamado Campo da Guía, que contóu na súa inauguración cun partido amigable entre o R.C. Celta de Vigo e o R.C. Deportivo da Coruña, os dous mellores equipos galegos de tódolos tempos.

Fotografía tomada no campo de Frións co equipo titular da tempada 1977-78 composto por Piñeiro, Prol, J. María, Suso, Ricardo, González, Martís, Tomás, Crujeiras, Tucho, Pachicho e Manolo.




Carreira C.F. 1985-86


Histórico equipo da tempada 1985-86 composto polos xogadores Julian, Piñeiro, Angel, A.Vicente, Vidal, Paulino, Louzao, Ventura, e agachados Lampón, Mariscal, Fran, Manol, Pirri , Xosé Ramón, Toño e Vila.

Esta sería a derradeira tempada no Carreira C.F. dos xogadores Fran e Xosé Ramón, xa que posteriormente xogarían no R.C. Deportivo da Coruña.

 


Dende a súa creación, o equipo de afeccionados do Carreira C.F. ten xogado catro tempadas en 1ª rexional, unha en 3ª , e o resto en 2ª rexional, onde acadóu varios títulos de liga, un subcampeonato da Copa do Sar (1995-96), e numerosos torneos amigables. Quizáis o conxunto máis activo dos derradeiros anos sexa o equipo de cadetes, que milita por terceiro ano consecutivo na Liga Galega, onde está obtendo uns bos resultados dende o seu ascenso a devandita categoría.


Compre destacar que o Carreira Clube de Fútbol sempre apostóu pola canteira, e proba delo é que sempre tivo equipos federados nas categorías inferiores. Na actualidade o Clube ten equipos nas categorías de benxamins, alevins, infantis, cadetes, xuvenís e afeccionados, chegando a militar nél preto de 120 xogadores en total.
O número de socios achégase os 211 para esta tempada. O orzamento é de 3 millóns de ptas (18.030,36 €).

Carreira C.F. 2000-01
Nesta fotografía vemos algúns dos xogadores da escuadra da tempada 2000-2001 ; eles son Acevedo, Prol, Enrique, Sergio, Godón, Alvarez, Fernando, Fran, Parada, J.Antonio, Piñeiro, Paulino, Rey, Alberto e Carlos.

 


Dende esta páxina facemos mención obligada a duas das persoas nacidas na parroquia de Carreira, que máis influencia e fama obtiveron a nivel nacional e internacional debido ós seus respectivos trunfos no eido deportivo. Estes son os irmáns González Pérez, Fran e Xosé Ramón . Xogadores do Real Clube Deportivo da Coruña, formados no vello campo de fútbol de Frións dende pequenos e no  equipo do Carreira C.F. posteriormente, saltaron ó Fabril (filial do Deportivo) a mediados dos anos oitenta, e logo ó primeiro equipo onde  acadaron varios trunfos ó longo destes anos, tales como a liga de fútbol 1999/2000, a copa do Rei 1994/95 e as supercopas do 95 e 2000.


Fran           Francisco Xabier González Pérez   ( Fran  )       -     Mediocampo

              · Data de nacemento : 14 Xullo 1969
              · Lugar de nacemento : Frións ( Carreira ) - A Coruña
              · Estatura e peso : 179 cm , 71 kg.

Despóis de trece anos no R.C. Deportivo da Coruña, Fran convertiuse nun dos xogadores máis emblemáticos do plantel. Formado no clube dende a súa base, foi internacional absoluto coa selección española. É o capitán do equipo; é zurdo.
 
Xosé Ramón             Xosé Ramón González Pérez        -        Mediocampo

               · Data de nacemento : 20 Maio 1968
               · Lugar de nacemento : Frións ( Carreira ) - A Coruña
               · Estatura e peso : 174 cm. , 72 kg.

Capitán do Deportivo que se proclamóu campión da Copa do Rei no ano 1995. Despóis dunha estadía na S.D. Compostela voltóu de novo o Depor no ano 1999, onde foi partícipe da consecución do título ligueiro do ano 2000. Máis tarde adestraría ó Atlético Arteixo.


Copa do Rei 1994-95          Copa do Rei 2001-02