A Real e Ilustre Cofradía da Dorna, a Asociación Cultural Lajareu por Barlovento, o
Clube Náutico Deportivo de Ribeira e o Concello de Ribeira, homenaxean ó veteran
regatista carreirán José Crujeiras «Graña»,
logo da súa retirada das competicións de dornas a vela,
despóis de preto de quince anos competindo neste tipo de eventos.
O homenaxeado recibiu o galardón de mans de Adelino Formoso, dirixente da A.C. Lajareu, e en presenza do Alcalde de Ribeira X.L. Torres Colomer e máis do
actual presidente da R.e I. Cofradía da Dorna, J. Manuel Pazó, así como do numeroso público
asistente nos xardíns da praia de Coroso logo da regata de dornas a vela celebrada co gaio da
festividade da dorna. Todos lle agradeceron a súa labor mariñeira no mundo da dorna, tanto de traballo coma de lecer
, e o moito que aprenderon dél.
|