|   A pior nova  | As autoridades  | Frases históricas  | Fotografías  | ¡Vaia animalada!  |


 
¡ NUNCA MÁIS !

Nun país de pandeireta, onde os gobernantes son corruptos, unha persoa pode ir ó cárcere por roubar unha galiña pra comer, nembargantes un político que sexa causante pola súa incompetencia dun desastre ecolóxico con miles de animais mortos e miles de kilómetros de costa contaminados, ...é condecorado.


"A marea negra xerada polo Prestige foi un desastre máis mediático que ecolóxico".
Pérez Varela, Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. (La Voz de Galicia, páxina 10 do 31 de outubro do 2003).

Cumprido un ano do "accidente" que contaminou as costas galegas, os nosos mandatarios seguen a negar a realidade, seguen a mentir sobre o acontecido no noso litoral, seguen sen aceptar críticas á súa incompetencia trocando en ignominia o que se tiña que solucionar con dignidade. Pero tamén hai que recoñecerlle algún "mérito" coma a grande maquinaria propagandística desplegada (unha mentira contada mil veces rematará aceptándose coma verdade) ou a rapidez de reflexos ca que actuaron pra silenciar, con cartos, ós máis afectados (os mariñeiros); cartos que saíron dos bolsos de tódolos galegos, nunca das carteiras dos políticos. Estas actuacións tiveron o seu froito no bó resultado acadado nas elecións municipais de maio, gañando na maioria dos concellos máis afectados polo desastre, e no castigo que sofreron os outros partidos incapaces de contrarrestar con ideas e solucións as actuacións dos gobernantes.

Ante todo esto, fora de Galicia ollábannos con incredulidade e estupefacción...


Petroleiro pirata Prestige


¡NUNCA MÁIS! Pola seguridade dos transportes marítimos e pola loita anticontaminación dos nosos mares, pra evitar que bandas de piratas, mafiosos, maleantes e políticos se enchan de cartos a conta de destruir o noso ecosistema mariño e que destruan o hábitat das especies que alí habitan así coma o medio de vida de miles de familias humildes, poñamos tódalas nosas forzas e protestemos con tódolos medios que teñamos.

¡¡¡ REMATEMOS CON ESTES DEXENERADOS QUE NOS DESTRUEN O PLANETA ¡¡¡