Resultados e participación da IX edición
RESULTADOS DA PROBA.
- Consultar clasificacións finais online en Champion Chip: prema aquí.
Descargar resultados en formato .PDF (53 Kb).PARTICIPANTES DA CATEGORÍA ABSOLUTA.
- Ver a listaxe de inscritos da categoría absoluta: prema aquí.
- Ver a listaxe de inscritos das categorías inferiores: prema aquí.
A organización da carreira popular Virxe da Guía, agradece a tódolos participantes, axudantes, patrocinadores e espectadores, a súa colaboración neste evento, que fixo que un ano máis fora un éxito.
En especial ó noso querido veciño Abraham Benítez Somoza, o cal fixo desta humilde proba deportiva, estar entre as grandes probas do circuito galego. Moitas grazas a tod@s, moitas grazas Abraham.
MOI IMPORTANTE: A organización non se fai responsable dos danos morais ou físicos acontecidos na proba.




Nos vindeiros días procederemos a publicar máis imaxes da proba deste ano.
Presentada a IX edición da carreira popular Virxe da Guía

Organizada conxuntamente por Abraham Benítez Somoza, a Asociación de Veciños de Carreira, e máis o Concello de Ribeira, acaba de ser presentada a IX edición da carreira
popular Virxe da Guía. Ó igual cas anteriores edicións, será o día 17 de maio, terá a súa
saída e chegada nos arredores da capela da Guía (Parroquia de San Paio de Carreira - Concello de Ribeira), e constará de diferentes probas segundo idades,
as cales comezarán a partires das 11 da mañán.
Compre sinalar, que esta edición está adicada á memoria do atleta Juan Vidal Pérez (na imaxe), como homenaxe á súa excelente traxectoria
deportiva en épocas pasadas.
A proba é puntuable para o circuito de carreiras populares 2012 do Concello de Ribeira.
Haberá premios para tódalas categorías consistentes en medallas e trofeos. Para ver o cartaz anunciador, facer clic
na ligazón correspondente.
Como novidade, na edición deste ano a categoría absoluta será cronometrada por Champion Chip, e terá un custo por inscrición de 3 euros. Para o resto das categorías inferiores,
a inscrición seguirá sendo de balde.
Descargar folleto informativo (PDF - 1,6 Mb).
Descargar poster do circuito Concello de Ribeira (PDF - 240 Kb).
Descargar regulamento do circuito Concello de Ribeira (PDF - 54 Kb).
Ligazóns de interese sobre o lugar da proba
Páxina web informativa sobre a parroquia de Carreira, prema aquí.
Ver información sobre o lugar da proba na Wikipedia, prema aquí.
Ver a situación do lugar da proba en Google Maps, prema aquí.