{"id":1031,"date":"2024-12-22T12:48:49","date_gmt":"2024-12-22T11:48:49","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=1031"},"modified":"2026-03-22T11:43:12","modified_gmt":"2026-03-22T10:43:12","slug":"unha-mobilizacion-historica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2024\/12\/22\/unha-mobilizacion-historica\/","title":{"rendered":"Unha mobilizaci\u00f3n hist\u00f3rica"},"content":{"rendered":"\n<p>Poucas veces na historia, os veci\u00f1os de Carreira e Agui\u00f1o se mobilizaron de maneira tan contundente coma nos anos 1981 e 82. Todo comezou cando o daquela <em>Ministerio de Obras P\u00fablicas y Urbanismo (MOPU)<\/em>, propuxo instalar unha antena de transmisi\u00f3n de sinais vermellas do sistema de posicionamento <em>Decca Navigator<\/em> no lugar de Anquieiro, preto da lagoa de Vix\u00e1n, unha \u00e1rea que hoxend\u00eda forma parte do Parque Natural.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p>Este proxecto espertou unha forte oposici\u00f3n veci\u00f1al, que acabar\u00eda torcendo os plans dun goberno central decidido a avanzar por riba de todo. O primeiro paso do conflito produciuse o 29 de outubro do 1981, cando o pleno do Concello de Ribeira, presidido polo daquela alcalde D. Lisardo Valeiras Bravo, acordou ceder gratuitamente os terreos \u00f3 MOPU para a instalaci\u00f3n da antena. Este acordo, aprobado sen informar \u00f3s veci\u00f1os das parroquias afectadas, lembraba outra cesi\u00f3n previa do ano 1966, cando o Concello, baixo o mando de D. F\u00e9lix G. Arriaga, xa entregara no mesmo lugar preto de 81 hect\u00e1reas a unha empresa privada para un proxecto industrial que nunca chegou a materializarse.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"785\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_6.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1048\" style=\"width:630px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_6.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_6-300x236.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_6-768x603.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_6-600x471.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Recorte de prensa dando conta da oposici\u00f3n veci\u00f1al \u00f3 proxecto. El Correo Gallego. 17\/11\/1981.<\/p>\n\n\n\n<p>Segundo o MOPU, a nova antena vir\u00eda a substitu\u00edr \u00e1 que estaba operativa na estaci\u00f3n do monte Iroite, na serra da Barbanza (ver imaxe de portada). A construci\u00f3n dunha estaci\u00f3n militar de radar na mesma zona \u2013a actual base do Ex\u00e9rcito do Aire EVA 10- fac\u00eda incompatible a continuidade da antena no lugar, xa que os sinais Decca poder\u00edan verse afectados, po\u00f1endo en risco a seguridade da navegaci\u00f3n mar\u00edtima.<\/p>\n\n\n\n<p>No pleno de outubro do 1981, o ent\u00f3n concelleiro Mariano Vidal alertou sobre a importancia de informar e consultar previamente \u00e1 veci\u00f1anza. A pesares da s\u00faa intervenci\u00f3n, a moci\u00f3n prosperou, e o Concello acordou ceder 46.353 m<sup>2<\/sup> de terreos municipais pr\u00f3ximos \u00e1 lagoa de Vix\u00e1n. A decisi\u00f3n, plasmada na acta oficial, puxo en marcha unha serie de acontecementos que culminar\u00edan nunha mobilizaci\u00f3n social sen precedentes na zona.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"678\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_5.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1046\" style=\"width:597px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_5.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_5-300x203.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_5-768x521.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_5-600x407.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Recorte dunha das actas plenarias dando conta da cesi\u00f3n dos terreos. 28\/01\/1982. <\/p>\n\n\n\n<p>O 28 de xaneiro do ano seguinte, durante un pleno no que se deb\u00eda ratificar a cesi\u00f3n, a sala estaba ateigada de veci\u00f1os de Carreira, maiormente do lugar da Gra\u00f1a, que mostraban un rexeitamento frontal \u00f3 proxecto. As queixas, respaldadas por alg\u00fans concelleiros, denunciaban que os terreos cedidos eran excesivos para o prop\u00f3sito anunciado. Ademais, cuestion\u00e1base o feito de que os recursos fosen entregados \u00f3 Estado, pero explotados por un monopolio privado estranxeiro, sen ning\u00fan beneficio directo para os veci\u00f1os nin para o Concello.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"506\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_3.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1043\" style=\"width:601px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_3.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_3-300x152.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_3-768x389.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_3-600x304.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Recorte de prensa da \u00e9poca. La Voz de Galicia. 29\/06\/1982.<\/p>\n\n\n\n<p>A presi\u00f3n foi tal que a votaci\u00f3n acabou con nove votos a favor e sete en contra, insuficientes para alcanzar a maior\u00eda necesaria. Este resultado desestimou inicialmente a cesi\u00f3n, pero o alivio foi breve. O 11 de febreiro, o MOPU respondeu enviando un expediente de expropiaci\u00f3n forzosa, declarado de urxencia no Consello de Ministros do 28 dese mes. O sentimento de inxustiza creceu entre os veci\u00f1os, que v\u00edan como as s\u00faas reclamaci\u00f3ns eran ignoradas.<\/p>\n\n\n\n<p>As asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais <em>A Gu\u00eda<\/em> de Carreira e <em>Ardora<\/em> de Agui\u00f1o, un\u00edronse nunha campa\u00f1a de informaci\u00f3n e denuncia, acusando \u00f3 Concello de Ribeira de actuar de maneira submisa ante o Goberno Central. Nun comunicado, sinalaron que o Goberno Local <em>&#8220;regalaba o que \u00e9 doutros&#8221;<\/em> para ga\u00f1ar favores pol\u00edticos, sen considerar os intereses dos seus propios cidad\u00e1ns. O 25 de febreiro do 1982, o pleno municipal finalmente rexeitou a expropiaci\u00f3n forzosa dos terreos, pero o ambiente era de pesimismo. Todo apuntaba a que o goberno de Madrid seguir\u00eda adiante co proxecto. A\u00ednda as\u00ed, os veci\u00f1os mantiveron unha resistencia pac\u00edfica, sen recorrer \u00e1 forza nin a medidas m\u00e1is dr\u00e1sticas.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"691\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_4.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1044\" style=\"width:628px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_4.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_4-300x207.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_4-768x531.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_4-600x415.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Recorte de prensa da \u00e9poca. El Correo Gallego. 18\/06\/1982.<\/p>\n\n\n\n<p>No mes de xu\u00f1o dese ano, unha viraxe inesperada mudou o rumbo dos acontecementos. Un estudo revelou que os sinais do radar militar EVA 10 non interfer\u00edan cos sinais Decca, desmontando o principal argumento t\u00e9cnico detr\u00e1s da reubicaci\u00f3n da antena. Ademais, o sistema Decca estaba condenado a desaparecer ante o avance do futuro sistema GPS<em> (Global Positioning System)<\/em>, moito m\u00e1is moderno e eficaz. Finalmente, o proxecto foi abandonado.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1040\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_2.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_2-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_2-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_decca_2-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Un dos 12 ancoraxes de formig\u00f3n que quedaron como testemu\u00f1a daquel proxecto. Imaxe do ano 2004.<\/p>\n\n\n\n<p>Como recordo desta loita, hoxe a\u00ednda se poden ver as bases de formig\u00f3n que \u00edan suxeitar os tirantes da antena e a cova que servir\u00eda de cimentaci\u00f3n da mesma, agora case que ocultas pola vexetaci\u00f3n. Estas estruturas, constru\u00eddas para evitar reveses no proxecto, quedaron como testemu\u00f1a dun cap\u00edtulo no que a uni\u00f3n de d\u00faas pequenas parroquias conseguiu frear as imposici\u00f3ns dun Goberno Central poderoso e nada transparente. Esta foi, sen d\u00fabida, unha das poucas ocasi\u00f3ns nas que a resistencia dos m\u00e1is febles prevaleceu fronte \u00e1 maquinaria administrativa. A loita de Carreira e Agui\u00f1o quedou para sempre gravada como exemplo de determinaci\u00f3n e defensa dos bens com\u00fans.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">Fontes:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; La Voz de Galicia. Noticias relacionadas anos 1981, 1982 e 1983.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; El Correo Gallego. Noticias relacionadas anos 1981 e 1982.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Arquivo Municipal. Concello de Ribeira. Libros de Actas 1981 e 82.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Agradecementos a J.M. Pena Sampedro, pola s\u00faa axuda e informaci\u00f3n aportada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Imaxe de portada do interior da estaci\u00f3n de Iroite. Foto Eugenio (Ribeira). Ano 1981. Retocada e mellorada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Poucas veces na historia, os veci\u00f1os de Carreira e Agui\u00f1o se mobilizaron de maneira tan contundente coma nos anos 1981 e 82. Todo comezou cando o daquela Ministerio de Obras P\u00fablicas y Urbanismo (MOPU), propuxo instalar unha antena de transmisi\u00f3n de sinais vermellas do sistema de posicionamento Decca Navigator no lugar de Anquieiro, preto da&#8230; <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/2024\/12\/22\/unha-mobilizacion-historica\/#more-1031\">Seguir lendo &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2126,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[11],"tags":[],"class_list":["post-1031","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historia","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1031","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1031"}],"version-history":[{"count":16,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1031\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2127,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1031\/revisions\/2127"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2126"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1031"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1031"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1031"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}