{"id":1080,"date":"2024-12-31T23:17:53","date_gmt":"2024-12-31T22:17:53","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=1080"},"modified":"2026-05-03T18:15:46","modified_gmt":"2026-05-03T16:15:46","slug":"d-manuel-de-acuna-y-malvar-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2024\/12\/31\/d-manuel-de-acuna-y-malvar-i\/","title":{"rendered":"D. Manuel de Acu\u00f1a y Malvar (I)"},"content":{"rendered":"\n<p>Iniciamos neste blog unha serie de artigos adicados a unha figura que, sen d\u00fabida, pode considerarse o persoeiro m\u00e1is relevante na historia da parroquia de San Paio de Carreira; Don Manuel de Acu\u00f1a y Malvar. Nomeado cura p\u00e1rroco desta fregues\u00eda no ano 1789, permaneceu \u00e1 fronte da mesma durante tan s\u00f3 catro escasos anos, ata o 1792. Por\u00e9n, o impacto da s\u00faa obra foi tal que a s\u00faa pegada perdura ata os nosos d\u00edas, malia continuar sendo unha figura amplamente desco\u00f1ecida entre os habitantes de Carreira e as s\u00faa contorna.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p>Manuel Ignacio de Acu\u00f1a y Malvar naceu o d\u00eda 16 de abril de 1757 no lugar de Matalobos, na parroquia pontevedresa de San Marti\u00f1o de Salcedo (imaxe de portada deste artigo), no seo dunha familia pertencente \u00e1 fidalgu\u00eda galega. O seu pai, Don Ignacio de Acu\u00f1a Mart\u00ednez, foi alcalde perpetuo da vila de Pontevedra, e a s\u00faa nai, Dona Mar\u00eda Malvar y Pinto, pertenc\u00eda a unha li\u00f1axe destacada, sendo irm\u00e1 de Frei Sebasti\u00e1n de Malvar y Pinto, arcebispo de B\u00f3s Aires (1777-1783), e posteriormente de Santiago de Compostela (1783-1795).<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"597\" height=\"885\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_01-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1109\" style=\"width:253px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_01-1.jpg 597w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_01-1-202x300.jpg 202w\" sizes=\"auto, (max-width: 597px) 100vw, 597px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Imaxe da orixinal Cruz da Orde de Carlos III, da cal ti\u00f1a posesi\u00f3n D. Manuel Acu\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa familia contaba con numerosas figuras de relevancia na sociedade eclesi\u00e1stica da \u00e9poca. O seu irm\u00e1n Andr\u00e9s foi c\u00f3engo da Catedral de Santiago, mentres que o seu irm\u00e1n Pedro chegou a formar parte do <em>Consejo de Castilla<\/em>, foi Gobernador do <em>Consejo de Indias<\/em>, e tam\u00e9n ocupou importantes cargos no goberno durante o reinado de Carlos IV como foi o de <em>Ministro de Gracia y Justicia<\/em>. Don Manuel completou os seus estudos teol\u00f3xicos en Salamanca e Oviedo, tras os cales obtivo o arcedianato do Saln\u00e9s. Foi tam\u00e9n nomeado <em>Caballero de la Real y Distinguida Orden de Carlos III<\/em> e <em>Sumiller de Cortina de Su Majestad<\/em>, m\u00e1is ca nada, grazas \u00e1 intermediaci\u00f3n do seu irm\u00e1n Pedro.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"704\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_04.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1118\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_04.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_04-300x211.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_04-768x541.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_04-600x422.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">\u00c1rbore xeneal\u00f3xica de Manuel Acu\u00f1a, asinada polo seu irm\u00e1n Andr\u00e9s. Ano 1793.<\/p>\n\n\n\n<p>No ano 1789 chegou \u00e1 parroquia de Carreira, onde rapidamente deixou unha marca profunda. Durante o seu breve paso pola fregues\u00eda, destacou pola s\u00faa implicaci\u00f3n social e pola defensa dos intereses dos veci\u00f1os, especialmente dos mari\u00f1eiros, iso si, con moitos problemas e desordes sociais de por medio, como as\u00ed dan fe varios preitos relacionados con determinadas causas nas cales estaba relacionado.<\/p>\n\n\n\n<p>Un dos episodios m\u00e1is salientables do seu labor na parroquia foi o litixio que entablou contra a <em>Casa de Goyanes<\/em>, a cal por medio de Juan Jos\u00e9 Caama\u00f1o y Pardo pretend\u00eda establecer unha almadraba de at\u00fans preto da illa de S\u00e1lvora tras obter un permiso do rei Carlos IV mediante Real C\u00e9dula. Don Manuel defendeu con firmeza os dereitos dos mari\u00f1eiros locais, que se ver\u00edan gravemente perxudicados de levarse a cabo este proxecto. Grazas \u00e1 s\u00faa intervenci\u00f3n e outros motivos econ\u00f3micos, a iniciativa non prosperou.<\/p>\n\n\n\n<p>No ano 1790, solicitou tam\u00e9n mediante Real C\u00e9dula o permiso do monarca Carlos IV para redistribu\u00edr amplas extensi\u00f3ns de terreo inculto en zonas como Couso, Pep\u00edn, Perico, Paredes e a illa de S\u00e1lvora, co obxectivo de entregalas \u00f3s veci\u00f1os de Carreira. Este proxecto, pioneiro para a \u00e9poca, buscaba mellorar as condici\u00f3ns de vida da empobrecida comunidade local. A este proxecto dedicaremos un artigo en profundidade o vindeiro ano.<\/p>\n\n\n\n<p>No eido pol\u00edtico, Don Manuel Acu\u00f1a foi unha figura clave na defensa da causa liberal \u00f3 longo da \u00e9poca absolutista do rei Fernando VII. Durante a invasi\u00f3n francesa, foi nomeado en Sevilla onde estaba neses intres, comisionado por diversas autoridades militares, encarg\u00e1ndose de organizar o levantamento en Galicia contra as tropas napole\u00f3nicas. Participou activamente nas batallas de Ponte Sampaio e na reconquista de Vigo, sendo condecorado polos seus logros militares.<\/p>\n\n\n\n<p>Asemade, no ano 1812, xunto con outros importantes persoeiros pol\u00edticos da \u00e9poca, xogou un papel fundamental na redacci\u00f3n da Constituci\u00f3n de C\u00e1diz, co\u00f1ecida como <em>\u201cLa Pepa\u201d<\/em>, a cal establec\u00eda importantes avances democr\u00e1ticos. Por\u00e9n, os seus ideais liberais tam\u00e9n lle trouxeron graves consecuencias \u00f3 longo da s\u00faa existencia. Durante os convulsos anos do reinado de Fernando VII, Don Manuel sufriu repetidas persecuci\u00f3ns e encarceramentos, mant\u00e9ndose sempre firme na defensa dos seus principios e loitando contra o sistema absolutista, mesmo no \u00e1mbito relixioso.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"917\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_02.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1102\" style=\"width:438px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_02.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_02-294x300.jpg 294w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_02-768x783.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_02-600x611.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Capela anexa \u00f3 pazo de <em>La Soledad<\/em>, vivenda do cura Malvar nos seus derradeiros anos.<\/p>\n\n\n\n<p>Don Manuel Acu\u00f1a faleceu no total esquecemento dos seus feitos o 1\u00ba de marzo do ano 1845 no seu pazo de <em>La Soledad<\/em>, na parroquia de San Xi\u00e1n de Artes. O seu funeral, celebrado na igrexa parroquial desta fregues\u00eda, segundo nos conta o libro de defunci\u00f3ns correspondente, foi presidido por 20 <em>se\u00f1ores sacerdotes<\/em>, un reflexo da s\u00faa importancia como figura relixiosa e social. Por desexo expreso indicado no seu testamento, foi soterrado na entrada principal da igrexa de San Paio de Carreira, pero a s\u00faa tumba desapareceu co paso do tempo, e por mor das obras al\u00ed realizadas. Asemade, no mesmo testamento outorgado en Cambados con data 29\/03\/1844, o cura Acu\u00f1a dou en herdanza as s\u00faas posesi\u00f3ns \u00e1 s\u00faa sobrina Carlota Fajardo, a cal estaba casada co avogado Severo Garc\u00eda, algo que tam\u00e9n traer\u00eda problemas cos fillos deste matrimonio en anos vindeiros.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_05.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2208\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_05.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_05-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_05-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_acunha_05-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Imaxe do ano 1986 da entrada da igrexa parroquial de Sampaio, cando ainda estaba chea de sartegos na s\u00faa contorna, e onde podemos apreciar a que supostamente era a lauda de D. Manuel Acu\u00f1a, xusto na entrada da porta principal. <\/p>\n\n\n\n<p>Amosamos de seguido, un documento escrito polo que fora presidente da Real Academia Galega, o ribeirense Xos\u00e9 Ram\u00f3n Barreiro Fern\u00e1ndez, gran co\u00f1ecedor da vida de Don Manuel Acu\u00f1a, onde nos da conta de xeito moi resumido, da axitada vida pol\u00edtica deste importante persoeiro da Galicia do s\u00e9culo XIX.<\/p>\n\n\n\n<div data-wp-interactive=\"core\/file\" class=\"wp-block-file\"><object data-wp-bind--hidden=\"!state.hasPdfPreview\" hidden class=\"wp-block-file__embed\" data=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_manuel_acuna_malvar.pdf\" type=\"application\/pdf\" style=\"width:100%;height:600px\" aria-label=\"Incrustado de 2024_manuel_acu\u00f1a_malvar.\"><\/object><a id=\"wp-block-file--media-06bdfbca-f79c-4794-a718-7e58b1103cd6\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/2024_manuel_acuna_malvar.pdf\">2024_manuel_acu\u00f1a_malvar<\/a><\/div>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">Fontes:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; AHDS Compostela. Libros Sacramentais, San Marti\u00f1o de Salcedo, Bautizados, Libro 4, 1741-1764.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; AHPP Pontevedra. Testamento. Cambados, 29\/03\/1844.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; AHN Madrid. Estado &#8211; Carlos III &#8211; Exp.709. 08\/08\/1793. Pruebas de nobleza Manuel Acu\u00f1a Malvar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Igrexa parroquial de Carreira. Fundaci\u00f3n Barri\u00e9. Imaxe de Moncho Sab\u00edn. Ano 1986.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Agradecementos a Miguel Fdez. Bugallal (Madrid), pola s\u00faa colaboraci\u00f3n e informaci\u00f3n aportada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Agradecementos a Xos\u00e9 Manuel Pereira Fern\u00e1ndez &#8211; Pontevedra (In Memoriam). Pola s\u00faa grande axuda e amistade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Agradecementos a Xos\u00e9 Ram\u00f3n Barreiro Fdez. (In Memoriam), pola s\u00faa colaboraci\u00f3n e informaci\u00f3n aportada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Iniciamos neste blog unha serie de artigos adicados a unha figura que, sen d\u00fabida, pode considerarse o persoeiro m\u00e1is relevante na historia da parroquia de San Paio de Carreira; Don Manuel de Acu\u00f1a y Malvar. Nomeado cura p\u00e1rroco desta fregues\u00eda no ano 1789, permaneceu \u00e1 fronte da mesma durante tan s\u00f3 catro escasos anos, ata&#8230; <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/2024\/12\/31\/d-manuel-de-acuna-y-malvar-i\/#more-1080\">Seguir lendo &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1088,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[11,9,12],"tags":[],"class_list":["post-1080","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historia","category-persoeiros","category-relixion","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1080","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1080"}],"version-history":[{"count":30,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1080\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2210,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1080\/revisions\/2210"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1088"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1080"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1080"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1080"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}