{"id":1453,"date":"2025-06-09T11:17:45","date_gmt":"2025-06-09T09:17:45","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=1453"},"modified":"2025-09-22T21:15:57","modified_gmt":"2025-09-22T19:15:57","slug":"toponimos-singulares-e-distintivos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2025\/06\/09\/toponimos-singulares-e-distintivos\/","title":{"rendered":"Top\u00f3nimos singulares e distintivos"},"content":{"rendered":"\n<p>Partindo novamente da excelente obra publicada no ano 2022 polo autor Fernando Cabeza Quiles, titulada <em>Toponimia de Ribeira<\/em>, presentamos a continuaci\u00f3n unha an\u00e1lise sobre a posible orixe dalg\u00fans top\u00f3nimos singulares da parroquia de San Paio de Carreira. Estes nomes, presentes desde tempos inmemoriais, destacan pola s\u00faa excepcionalidade, sendo practicamente \u00fanicos non s\u00f3 no \u00e1mbito da xeograf\u00eda espa\u00f1ola, sen\u00f3n posiblemente tam\u00e9n a nivel mundial.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>AGRO DE CU\u00d1A<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Pensamos que o top\u00f3nimo O Agro da Cu\u00f1a, no NG 2003 Agro da Cu\u00f1a, puido ser con anterioridade, antes de producirse unha falsa segmentaci\u00f3n que interpretou a contracci\u00f3n da vogal do artigo coa primeira do substantivo como unha \u00fanica vogal, O Agro de Acu\u00f1a, en referencia a un agro (&gt; lat\u00edn agru) dun tal Acu\u00f1a. Este apelido, seguramente ori\u00fando do lugar do mesmo nome da parroquia e do concello pontevedr\u00e9s de Vilaboa, debeu existir antigamente no concello de Ribeira e levouno o cura liberal Manuel Acu\u00f1a Malvar (*), unha das personaxes m\u00e1is interesantes da Galicia do s\u00e9culo XVIII, que foi p\u00e1rroco de Carreira entre os anos 1789 e 1792. De acordo coa nosa proposta, o Catastro de Ensenada (1752) cita, entre os mu\u00ed\u00f1os da parroquia de Carreira \u201c<em>otro de dos muelas llamado de Amendo sito en la agra de Acu\u00f1a<\/em>\u201d; tr\u00e1tase dun dos mu\u00ed\u00f1os, hoxe restaurados, situados no r\u00edo de Vix\u00e1n ou de Amendo, que desemboca na lagoa do mesmo nome. Malia esta atestaci\u00f3n, uns anos despois, a comprobaci\u00f3n do Catastro (1763) rexistra o top\u00f3nimo como Agro da Cu\u00f1a e Agro de Cu\u00f1a. <strong>Entre a toponimia maior non existe en Galicia ning\u00fan outro lugar chamado O Agro da Cu\u00f1a.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">(*) NOTA de xabiercs: Este lugar xa se chamaba Agro de Cu\u00f1a antes de que o p\u00e1rroco D. Manuel de Acu\u00f1a y Malvar estivera exercendo na parroquia, segundo se pode comprobar nos libros eclesi\u00e1sticos.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_agrocunha.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1460\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_agrocunha.jpg 1024w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_agrocunha-300x225.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_agrocunha-768x576.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_agrocunha-600x450.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Vista do lugar de Agro de Cu\u00f1a. \u00d3 fondo \u00e1 dereita, a r\u00eda de Arousa. Ano 2012.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>CASALNOVO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A primeira parte do top\u00f3nimo Casalnovo (*) cont\u00e9n o nome com\u00fan casal, termo derivado de casa que na Idade Media designaba unha explotaci\u00f3n agr\u00edcola formada polas s\u00faas terras de labor, a casa principal, outras dependentes e as s\u00faas respectivas construci\u00f3ns anexas. O segundo elemento \u00e9 o adxectivo novo, do lat\u00edn n\u014fvus. Isto non implica que o top\u00f3nimo sexa recente, sen\u00f3n que o casal que nomea foi novo no seu tempo con relaci\u00f3n a outro pr\u00f3ximo. Unha atestaci\u00f3n do ano 1583 do Arquivo Hist\u00f3rico da Universidade de Santiago cita \u201c<em>lugar de Casalnobo en la feligres\u00eda de San Payo de Carreira<\/em>\u201d. O P. Sarmiento nomea nos anos 1754-1755 o de Casalnovo como un dos lugares da parroquia. A comprobaci\u00f3n do Catastro de Ensenada (1763) rexistra o lugar de Casalnobo, \u201c<em>Havita una [casa] en el lugar de Casalnovo<\/em>\u201d, \u201c<em>Agro do Trigo sito en el lugar de Casal Nobo<\/em>\u201d e \u201c<em>Habita una [casa] de un alto en el lugar de Casalnovo<\/em>\u201d. A\u00ednda que os nomes de lugar Casal e O Casal e os seus compostos e derivados son moi abundantes, <strong>o NG 2003 s\u00f3 rexistra outro top\u00f3nimo coa forma Casal Novo no concello de Pontevedra.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">(*) NOTA de xabiercs. A d\u00eda de hoxe o top\u00f3nimo deturpou ata converterse coloquialmente en <em>Casanlobo<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"703\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_casalnovo.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1467\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_casalnovo.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_casalnovo-300x211.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_casalnovo-768x540.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_casalnovo-600x422.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Vista dende o monte da Cid\u00e1 dos casais do lugar de Casalnovo do medio (esquerda), e de baixo (dereita). Ano 2006.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>FRI\u00d3NS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A partir dun sintagma (villa) <em>Fredonis<\/em>, xenitivo de Fredo(ne), dunha declinaci\u00f3n Fredo(ne), -onis, teriamos hoxe Fri\u00f3ns, co termo villa &#8216;granxa, grande explotaci\u00f3n agr\u00edcola\u2019 elidido, a\u00ednda que o top\u00f3nimo tam\u00e9n poder\u00eda ter a s\u00faa orixe no xenitivo <em>Fredonis<\/em> sen o acompa\u00f1amento do termo villa ou outro parecido. O antrop\u00f3nimo Fredo(ne) est\u00e1 atestado nun documento da colecci\u00f3n diplom\u00e1tica da catedral de Lugo do ano 922, onde se cita \u201c<em>Castrum Fredoni ed inde ad Castrum Seniori<\/em>\u201d. Outra persoa do mesmo nome aparece nunha atestaci\u00f3n do ano 1004 do mosteiro de Celanova, na que se d\u00e1 a relaci\u00f3n de vinatarios ou vi\u00f1ateiros que deb\u00edan pagarlle ao citado cenobio, o dono das terras cultivadas, as cantidades anuais en vi\u00f1o estipuladas no foro: entre os vinatarios figura un chamado <em>Oliti<\/em>, que era fillo dun tal <em>Fredon<\/em>: \u201c<em>Oliti, filio de Fredon, vinatario<\/em>\u201d. Este antrop\u00f3nimo de orixe xerm\u00e1nica est\u00e1 formado por Fred-, da voz g\u00f3tica *freth- ou *frith- \u2018paz\u2019, presente na primeira parte de moitos top\u00f3nimos galegos. <strong>O top\u00f3nimo Fri\u00f3ns \u00e9 \u00fanico en Galicia, polo menos entre a toponimia maior. <\/strong>\u00c9 citado polo P. Sarmiento nos anos 1754-1755 coa forma Fri\u00f3s como \u201c<em>lugar de San Payo de Carreira<\/em>\u201d. No ano 1763, na comprobaci\u00f3n do Catastro de Ensenada lemos: \u201c<em>Antonio de Santa Mar\u00eda, casa, havita una terre\u00f1a en el lugar de Fri\u00f3ns<\/em>\u201d e \u201c<em>La partida que dice vi\u00f1a do cruceiro, sito en el lugar de Friones<\/em>\u201d, herdade que ocupar\u00eda os terreos contiguos ao cruceiro de Fri\u00f3ns, que a\u00ednda se ergue nun cruzamento viario a car\u00f3n do que despois foi o primeiro campo de f\u00fatbol do Atl\u00e9tico de Ribeira, hai xa anos reconvertido nas pistas deportivas dun grupo escolar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>LIBOI<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O lugar de Liboi est\u00e1 contiguo ao do Vilar de Arriba. O seu nome, coma outros rematados en -oi, debe ser a evoluci\u00f3n do nome dun antigo posesor ou terratenente medieval dunha antiga villa agr\u00edcola. Puido chamarse <em>Luponus<\/em>, antrop\u00f3nimo de orixe latina. As\u00ed, a partir dunha antiga (villa) <em>Luponi<\/em>, en xenitivo, villa de <em>Luponus<\/em>, teriamos hoxe, coa normal perda do -n- intervoc\u00e1lico, a sonorizaci\u00f3n do -p- intervoc\u00e1lico en b e asimilaci\u00f3n da primeira vogal, Liboi. Unha atestaci\u00f3n do ano 759, contida en Diplom\u00e1tica espa\u00f1ola del per\u00edodo astur, rexistra un <em>Luponi presbiter<\/em>. O P. Sarmiento anota Liboy na s\u00faa viaxe a Galicia dos anos 1754-1755 entre os lugares de San Payo de Carreira. A comprobaci\u00f3n do Catastro de Ensenada (1763) cita o lugar de Liboi, entre outras, nas ocasi\u00f3ns seguintes: \u201c<em>La partida setenta y siete que dize agro da bi\u00f1a do Liboi<\/em>\u201d, \u201c<em>Que dize agra de Liboi<\/em>\u201d, \u201c<em>Lugar de Castro y agro de Liboy<\/em>\u201d, \u201c<em>Agra de Livoy<\/em>\u201d e \u201c<em>Jes\u00fas Mart\u00ednez, casa, havita una de un alto en el lugar de Liboy<\/em>\u201d. <strong>O top\u00f3nimo Liboi non se repite na toponimia maior de Galicia<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimia_capela.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1462\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimia_capela.jpg 1024w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimia_capela-300x225.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimia_capela-768x576.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimia_capela-600x450.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Imaxe a\u00e9rea dalgunhas casas da Capela, \u00f3 fondo O Vilar e Liboi. \u00c1 esquerda \u00f3 fondo, a enseada de Corrubedo. Ano 2012.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>MONTEVIX\u00c1N &#8211; VIX\u00c1N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O top\u00f3nimo Montevix\u00e1n puido ser antes *Monte de Vix\u00e1n, forma que ao perder o seu nexo preposicional dar\u00eda a actual, referida a un monte pr\u00f3ximo ao lugar de Vix\u00e1n, antes de que o lugar fose urbanizado. O DRAG define a palabra monte, en lat\u00edn monte(m), cos significados de \u2018elevaci\u00f3n importante de terreo\u2019 e \u2018terreo cuberto de vexetaci\u00f3n espont\u00e1nea como toxos, fentos, silvas, arbustos etc., que pode estar poboado de \u00e1rbores\u2019. En canto a Vix\u00e1n, esconde o nome dun posesor medieval, recollido por Piel e Kremer e A. Boull\u00f3n Agrelo, que pode ser o documentado Vigila, nome persoal de orixe xerm\u00e1nica formado posiblemente polo g\u00f3tico *weig \u2018loita\u2019 e o sufixo hipocor\u00edstico, familiar ou agarimoso -ila(ne). As\u00ed, dende (villa) Vigilani, co nome de persoa en xenitivo, chegariamos, desaparecido o termo villa, granxa ou un de significado similar, ao actual top\u00f3nimo Vix\u00e1n, que testemu\u00f1a a antiga presenza no lugar dunha villa ou explotaci\u00f3n agr\u00edcola da Idade Media propiedade de algu\u00e9n chamado Vigila, antrop\u00f3nimo que se rexistra dende o s\u00e9culo IX na documentaci\u00f3n medieval. Os lugares de Montevix\u00e1n e Vix\u00e1n, contiguos entre si, forman parte do principal centro urbano da parroquia, localizado en Campos ou Carreira. Preto dos lugares de Montevix\u00e1n e Vix\u00e1n est\u00e1 a lagoa de auga doce de Vix\u00e1n. Por outra banda, Lix\u00f3 G\u00f3mez, que recolleu e estudou a microtoponimia de S\u00e1lvora, documenta na illa o microtop\u00f3nimo Vix\u00e1n de Baixo, nome dunha agra e dun cami\u00f1o, cuxa primeira parte, Vix\u00e1n, quizais se refira ao mesmo posesor medieval ou a outro do mesmo nome. Un documento do ano 1559 do Arquivo Hist\u00f3rico da Universidade de Santiago cita un tal \u201c<em>Pero de Bij\u00e1n, talieiro<\/em> [un antigo director das operaci\u00f3ns de pesca de a bordo], <em>veci\u00f1o da Pobra<\/em>\u201d. A mesma fonte nomea no ano 1563 os \u201c<em>lugares y casares que se dizen de Bigi\u00e1n y O Outeiro en Carreira<\/em>\u201d e, en 1580 \u201c<em>Pedro de Bixi\u00e1n, mareante, veci\u00f1o da Pobra<\/em>\u201d. Outra atestaci\u00f3n de 1604, tam\u00e9n do Arquivo Hist\u00f3rico da Universidade de Santiago, divulgada por D. Bravo Cores, que fala da constituci\u00f3n dunha compa\u00f1\u00eda de pesca no antigo couto ribeirense de Mart\u00edn, cita un mari\u00f1eiro de nome Gregorio Bixi\u00e1n, coa forma antiga do top\u00f3nimo, Bixi\u00e1n, m\u00e1is pr\u00f3xima \u00e1 s\u00faa base etimol\u00f3xica Vigilani. <strong>O NG 2003 recolle os top\u00f3nimos Montevix\u00e1n e Vix\u00e1n como \u00fanicos.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"656\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_vixan.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1458\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_vixan.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_vixan-300x197.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_vixan-768x504.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_vixan-600x394.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Vista dos lugares de Vix\u00e1n e Montevix\u00e1n dende os carrizais da lagoa. Ano 2005.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"703\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_rueiro.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1469\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_rueiro.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_rueiro-300x211.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_rueiro-768x540.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_rueiro-600x422.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">T\u00edpico celeiro de pedra para o almacenamento e coidado do millo, en Vix\u00e1n. Ano 2007.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>SABART\u00c1N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O top\u00f3nimo Sabart\u00e1n debe esconder o nome dun antigo posesor do lugar. No blog <em>Fror na area<\/em> de Miguel Costa (Cossue), este explica o top\u00f3nimo como procedente do antrop\u00f3nimo <em>Samaritanus<\/em>. As\u00ed, dunha antiga (villa) <em>Samaritani<\/em>, xenitivo de <em>Samaritanus<\/em>, poderiamos ter hoxe Sabart\u00e1n co antigo m convertido no actual b por equivalencia ac\u00fastica. Nun documento do ano 1098 do mosteiro de Oseira c\u00edtase unha muller de nome Samaritana. Por outro lado, segundo nos comunica o profesor G. Navaza, o top\u00f3nimo poder\u00eda provir dun antigo *(sala) Baltani, en referencia a unha antiga sala no sentido de \u2018edificio, construci\u00f3n\u2019 dun tal <em>Baltanus<\/em>, antrop\u00f3nimo documentado nunha atestaci\u00f3n do ano 865 do mosteiro de Santa Mar\u00eda de Sobrado. Tam\u00e9n ser\u00eda posible un antigo *(sala) Baltarii \/ Bertarii ou *(sub) Baltarii \/ Bertarii &gt; Sobaltar &gt; Sabartar &gt; Sabart\u00e1n. O lugar de Sabart\u00e1n aparece na comprobaci\u00f3n do Catastro de Ensenada (1763) coas formas Serbartar: \u201c<em>La partida nuebe que dice Serbartar<\/em>\u201d, e Sobartan: \u201c<em>que se dice agro de Sobartar<\/em>\u201d. <strong>Sabart\u00e1n aparece como top\u00f3nimo \u00fanico no NG 2003.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"703\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_sabartan.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1472\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_sabartan.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_sabartan-300x211.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_sabartan-768x540.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/2025_toponimos_sabartan-600x422.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Primeiro plano do lugar de Sabart\u00e1n. Ao fondo \u00e1 esquerda, o monte da Curoti\u00f1a. Ano 2005.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">Fontes:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Toponimia de Ribeira. Fernando Cabeza Quiles. Ano 2022.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; NG 2003: Nom\u00e9nclator de Galicia do ano 2003.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Imaxe portada, celeiro e pombal no lugar de Sampaio, ano 2006.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Partindo novamente da excelente obra publicada no ano 2022 polo autor Fernando Cabeza Quiles, titulada Toponimia de Ribeira, presentamos a continuaci\u00f3n unha an\u00e1lise sobre a posible orixe dalg\u00fans top\u00f3nimos singulares da parroquia de San Paio de Carreira. Estes nomes, presentes desde tempos inmemoriais, destacan pola s\u00faa excepcionalidade, sendo practicamente \u00fanicos non s\u00f3 no \u00e1mbito da&#8230; <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/2025\/06\/09\/toponimos-singulares-e-distintivos\/#more-1453\">Seguir lendo &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1466,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,11,13],"tags":[],"class_list":["post-1453","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","category-historia","category-patrimonio","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1453","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1453"}],"version-history":[{"count":16,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1453\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1476,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1453\/revisions\/1476"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1466"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1453"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1453"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1453"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}