{"id":1721,"date":"2025-10-18T10:48:14","date_gmt":"2025-10-18T08:48:14","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=1721"},"modified":"2026-01-06T12:44:18","modified_gmt":"2026-01-06T11:44:18","slug":"reflexions-iv","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2025\/10\/18\/reflexions-iv\/","title":{"rendered":"Reflexi\u00f3ns (IV)"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-small-font-size\">Autor: Ciprian Rivas Fern\u00e1ndez. Outubro 2025.<\/p>\n\n\n\n<p>O MONTE DA CIDADE; UN CASTRO DA IDADE DE FERRO PARA SEGUIR INVESTIGANDO.<\/p>\n\n\n\n<p>Sa\u00edndo de Agui\u00f1o podes tomar distintas rutas para desprazarte ao Monte Castro ou como \u00e9 co\u00f1ecido entre n\u00f3s, Monte da Cidade ou da Cid\u00e1. Unha delas pode ser Barrio da Cruz, Bra\u00f1a do Muro, Parte al R\u00edo, Mui\u00f1os de Amendo, O Vilar, Casan Lobo ou Casal Lobo e de a\u00ed todo cara ao monte.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p>\u00c9 un recorrido f\u00e1cil de realizar que transcorre coincidindo co Cami\u00f1o de Santiago a Orixe direcci\u00f3n Corrubedo. Queda detr\u00e1s de ti a r\u00eda para aproximarte ao oc\u00e9ano inmenso, bordeando leiras cultivadas con millo, estremeiras coa lagoa de Vix\u00e1n; auga do r\u00edo Amendo que se desborda en regatos pequenos e rematan nalg\u00fan lavadoiro abandonado pola desidia dos veci\u00f1os&#8230;, que non sempre son culp\u00e1beis as autoridades, sexan municipais ou auton\u00f3micas. A subida por Casan Lobo e por unha estrada ben pavimentada. Nese traxecto hai que estar atentos por estar aberto ao tr\u00e1fico rodado circulando coches e ciclistas, pero non pe\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Asc\u00e9ndese direcci\u00f3n a San Roque para chegar a un pequeno anco non sinalado &nbsp;pendentes de virar \u00e1 esquerda direcci\u00f3n Pedra da Ra, un miradoiro que nun tempo representaba a figura dese batracio, pero hoxe non se lle asemella en nada. Disque tivo alg\u00fan premio ao seu dese\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde ese lugar a vista exp\u00e1ndese pola r\u00eda de Arousa chegando ao cabo Silleiro, por riba de S\u00e1lvora, Ons e as illas C\u00edes en d\u00edas claros. Cara ao Oeste, aparece o cabo Falcoeiro, a illa de Sagres e Corrubedo, presentes o &nbsp;porto e o faro, acompa\u00f1ados dos montes Teira e Tahume estendendo as dunas de Olveira case ata &nbsp;o mesmo porto. Se chegastes a\u00ed xa non t\u00e9s necesidade de buscar outras paisaxes para alimentar a mirada. Para un esp\u00edrito tranquilo este lugar cumpre as expectativas m\u00e1is esixentes para respirar paz e escoitar o amargo queixume dos pinos, pois, os eucaliptos ou ben se queimaron ou ben se arrancaron sendo substitu\u00eddos por outros novos plantados en ringleira nun predio estenso, mesmo debaixo do miradoiro. Medraran. Te\u00f1en entre 7 e 15 anos para acadar esa idade comercial e desfacerse de novo deles para cultivar outros.<\/p>\n\n\n\n<p>Case 300 metros m\u00e1is arriba est\u00e1 un dos vestixios da cultura castrexa do Barbanza, digno de visitar. Segundo as derradeiras escavaci\u00f3ns, realizadas polo arque\u00f3logo Miguel Vidal, rematadas no ano 2015, nun espazo de 750 metros atoparonse pezas de ornamentaci\u00f3n, non se sabe si para mulleres ou homes, datadas na Idade de Ferro. Son 13 as chousas descubertas e unha muralla que rodea o per\u00edmetro onde se asenta esta antiga urbe habitada polos nosos devanceiros.<\/p>\n\n\n\n<p>Queda moito por escavar, pero, si non se protexe o que xa est\u00e1 descuberto para que a cidadan\u00eda, de Ribeira ou de f\u00f3ra, poidan realizar visitas guiadas onde as novas xeraci\u00f3ns tomen conciencia do noso pasado, acabar\u00e1 enterrado polo mato, amosando o pouco orgullo de pertenza polo noso. As instituci\u00f3ns deber\u00edan acreditar con investimentos o coidado deste patrimonio, pero, a desgraza e que dir\u00edxense por intereses distintos os de preservar a cultura e os sinais de identidade. Cantos m\u00e1is burros m\u00e1is manexables.<\/p>\n\n\n\n<p>M\u00e1is, concellos lim\u00edtrofes ao ribeirense fixeron unha aposta pola descuberta do seu pasado: A Pobra do Carami\u00f1al, Boiro, Porto do Son, Rianxo por nomear a catro, con investimentos da Xunta e da Deputaci\u00f3n provincial. \u00c9 unha maneira de atender o propio. De recuperar un patrimonio ancestral. De falar de n\u00f3s de darnos a co\u00f1ecer no mundo. Exercicio realizado con \u00e9xito polos concellos de Porto do Son co Castro de Baro\u00f1a ou o de Boiro co castro de Neix\u00f3n, protagonista dunhas xornadas sobre arqueolox\u00eda e historia. Ribeira, inda est\u00e1 a tempo de seguir esa li\u00f1a xa marcada.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"590\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/2025_autores_cirprian_rf-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1746\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/2025_autores_cirprian_rf-1.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/2025_autores_cirprian_rf-1-300x177.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/2025_autores_cirprian_rf-1-768x453.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/2025_autores_cirprian_rf-1-600x354.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cipri\u00e1n Rivas Fern\u00e1ndez<\/strong> (Casti\u00f1eiras, 1956). Exerceu como asesor dos presidentes da Xunta, Xerardo Fern\u00e1ndez Albor, Fernando Gonz\u00e1lez Laxe, Manuel Fraga Iribarne, conselleiros de presidencia e administraci\u00f3ns p\u00fablicas, Dositeo Rodr\u00edguez e Xaime Pita Varela.<\/p>\n\n\n\n<p>Director do Gabinete e de Relaci\u00f3ns Institucionais do reitor da Universidade de Vigo.<\/p>\n\n\n\n<p>Director Xeral de Ordenaci\u00f3n e Promoci\u00f3n Tur\u00edstica do Goberno de Canarias.<\/p>\n\n\n\n<p>Conselleiro Delegado de Hoteles Escola de Canarias.<\/p>\n\n\n\n<p>Colaborador de opini\u00f3n habitual en medios de comunicaci\u00f3n: La Voz de Galicia, El Progreso de Lugo, Diario de Pontevedra, La Regi\u00f3n, Faro de Vigo, El D\u00eda de Tenerife, La Provincia de Las Palmas, El Pa\u00eds, La Vanguardia.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<p class=\"has-white-color has-white-background-color has-text-color has-background has-link-color has-small-font-size wp-elements-b6cfefa41c04de25cacb79c72160e5ba\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Autor: Ciprian Rivas Fern\u00e1ndez. Outubro 2025. O MONTE DA CIDADE; UN CASTRO DA IDADE DE FERRO PARA SEGUIR INVESTIGANDO. Sa\u00edndo de Agui\u00f1o podes tomar distintas rutas para desprazarte ao Monte Castro ou como \u00e9 co\u00f1ecido entre n\u00f3s, Monte da Cidade ou da Cid\u00e1. Unha delas pode ser Barrio da Cruz, Bra\u00f1a do Muro, Parte al&#8230; <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/2025\/10\/18\/reflexions-iv\/#more-1721\">Seguir lendo &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"quote","meta":{"footnotes":""},"categories":[17],"tags":[],"class_list":["post-1721","post","type-post","status-publish","format-quote","hentry","category-colaboracions","post_format-post-format-quote","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1721","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1721"}],"version-history":[{"count":18,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1721\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1916,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1721\/revisions\/1916"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1721"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1721"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1721"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}