{"id":2055,"date":"2026-04-21T17:34:50","date_gmt":"2026-04-21T15:34:50","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=2055"},"modified":"2026-04-25T17:37:14","modified_gmt":"2026-04-25T15:37:14","slug":"miradoiro-o-atlantico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2026\/04\/21\/miradoiro-o-atlantico\/","title":{"rendered":"Miradoiro \u00f3 Atl\u00e1ntico"},"content":{"rendered":"\n<p>O Monte da Cid\u00e1, tam\u00e9n co\u00f1ecido como Monte do Castro, \u00e9rguese no extremo sur do Concello de Ribeira como unha presenza que transcende o puramente xeogr\u00e1fico. \u00c9 territorio, \u00e9 memoria e \u00e9 s\u00edmbolo. O seu v\u00e9rtice xeod\u00e9sico, situado a 207 metros sobre o nivel do mar, marca un dos puntos m\u00e1is altos do municipio, convert\u00e9ndoo nun balc\u00f3n natural dende o que a terra e o oc\u00e9ano dialogan sen interrupci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p>Abrangue unha extensi\u00f3n aproximada de 140 ha, e act\u00faa como li\u00f1a divisoria hist\u00f3rica entre as parroquias de Carreira, Artes e Ribeira, tal e como documentan con precisi\u00f3n os antigos apeos parroquiais ben custodiados nos arquivos hist\u00f3ricos e parroquiais do noso pa\u00eds. Polo norte, linda cos terreos de San Xi\u00e1n de Artes e ca extensa horta de <em>La Soledad<\/em>, as\u00ed como ca rexia e antiga <em>Devesa do Rei<\/em>, lugar de onde se extra\u00eda moita da noble madeira para para a construci\u00f3n dos barcos de guerra da ent\u00f3n poderosa e temida <em>Armada Espa\u00f1ola<\/em>; polo leste, ca fregues\u00eda de Santa Ux\u00eda de Ribeira; e polo sur, ca de San Paio de Carreira da cal forma parte na s\u00faa totalidade. Cara \u00f3 oeste, o monte descende con firmeza ata atoparse cas rochas da hoxend\u00eda tur\u00edstica Praia do Vilar, co\u00f1ecida antigamente como Praia do Castro, nunha referencia directa \u00f3 asentamento que domina o seu cumio.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_05.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2101\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_05.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_05-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_05-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_05-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Fermosa vista do castro da Cid\u00e1, no cume do monte. \u00d3 fondo, o cabo Corrubedo e o parque dunar. Ano 2018.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_04.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2102\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_04.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_04-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_04-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_04-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Vista da entrada da r\u00eda de Arousa dende o miradoiro da Pedra da R\u00e1, cas casas de Carreira e Agui\u00f1o en primeiro termo, as\u00ed como a illa de S\u00e1lvora e os illotes de Noro, Vionta e O Carreiro, nunha imaxe tomada no ano 2006.<\/p>\n\n\n\n<p>No alto, coroando o cume, as\u00e9ntase o castro que lle d\u00e1 nome. Escavado entre os anos 2014 e 2021, as intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas e estudos realizados permitiron datalo nunha antig\u00fcidade aproximada de 2.700 anos, o que o sit\u00faa entre os m\u00e1is antigos de Galicia. A s\u00faa configuraci\u00f3n revela unha intelixente concepci\u00f3n defensiva: unha marcada ca\u00edda en altura reforzada por d\u00faas murallas conc\u00e9ntricas \u2014das que s\u00f3 foi escavada a interior\u2014 protex\u00edan este pequeno poboado fortificado. Unha fortaleza adaptada \u00f3 terreo, ben defendida e \u00f3 tempo exposta \u00f3s ventos dominantes que, hoxe coma onte, modelan o seu perfil.<\/p>\n\n\n\n<p>A contorna do monte conserva tam\u00e9n vestixios megal\u00edticos: varias m\u00e1moas que, malia seren saqueadas no seu d\u00eda, a\u00ednda permiten a s\u00faa identificaci\u00f3n e catalogaci\u00f3n. Xa foron notificadas por Frei Mart\u00edn Sarmiento nos seus libros <em>de Viaxe a Galicia<\/em>, e posteriormente estudadas por outros investigadores que deixaron constancia da riqueza patrimonial deste enclave. Cada pedra, cada leve prominencia do terreo, fala dun pasado remoto que segue latexando baixo a herba.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_01.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2103\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_01.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_01-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_01-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_01-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_02.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2104\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_02.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_02-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_02-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/2026_miradoiro_cida_02-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">En outubro do ano 2015, derrubouse a estrutura de ferro e formig\u00f3n de subida \u00e1 Pedra da R\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p>A car\u00f3n da horta <em>La Soledad<\/em>  local\u00edzanse antigas minas de seixo, hoxend\u00eda abandonadas, testemu\u00f1as dun aproveitamento m\u00e1is recente do monte. Neste mesmo \u00e1mbito nace a fonte do Esper\u00f3n, punto de orixe do Rego da Cidade, o cal desauga no Carregal. Polas s\u00faas ladeiras leste e sur xorden tam\u00e9n os regos de Pedr\u00edn e do Vilar, que verten as s\u00faas augas no porto de Ribeira e na lagoa de Vix\u00e1n respectivamente, conformando unha delicada rede fluvial que vertebra a paisaxe e acompa\u00f1a o discorrer da vida.<\/p>\n\n\n\n<p>Mais se o cumio garda a memoria ancestral, o miradoiro da Pedra da R\u00e1 <em>(coloquialmente Pedra da Arr\u00e1n)<\/em>, ofrece a plenitude da mirada. Dende este enclave privilexiado \u00e1brese un dos panoramas m\u00e1is impresionantes de Galicia e, sen esaxeraci\u00f3n, tam\u00e9n de Espa\u00f1a. O horizonte est\u00e9ndese desde o Cabo Corrubedo ata a entrada da r\u00eda de Arousa, abranguendo todo o espazo mar\u00edtimo terrestre do parque natural das Dunas de Corrubedo e permitindo distinguir \u00f3 seu arredor as casi\u00f1as de Carreira, Agui\u00f1o e parte de Casti\u00f1eiras. No centro da escea preside maxestuosa a illa de S\u00e1lvora, rodeada polos seus numerosos illotes e baixos, e en d\u00edas de ceo claro poden divisarse as illas Ons e C\u00edes cara \u00f3 sur. Todo isto baixo a inmensidade do oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico, que se expande poderoso e eterno, envolvendo o conxunto nunha sensaci\u00f3n de grandeza dif\u00edcil de describir, e onde se pode magnificar contemplando o solpor maxistral que al\u00ed acontece a diario.<\/p>\n\n\n\n<p>No propio miradoiro \u00e9rguese a emblem\u00e1tica Pedra da R\u00e1 que lle da nome, derradeiro resto duns grandes outeiros primixenios que serviron de canteira para a extracci\u00f3n de sillares destinados a edificios de Ribeira a mediados do pasado s\u00e9culo. A s\u00faa silueta caprichosa inspirou distintas denominaci\u00f3ns populares \u00f3 longo do tempo: <em>\u201cOs Cornos do Boi\u201d<\/em> ou <em>\u201cA Cabeza da Vaca\u201d<\/em>, segundo a perspectiva dende a que se ollara. A actual denominaci\u00f3n, <em>&#8220;Pedra da R\u00e1&#8221;,<\/em> responde \u00e1 s\u00faa aparente forma de anfibio cando \u00e9 contemplada dende Carreira, perpetuando as\u00ed a tradici\u00f3n oral e a imaxinaci\u00f3n colectiva da veci\u00f1anza.<\/p>\n\n\n\n<p>Na contorna desta pedra, e dentro do programa municipal <em>Ribeira Atl\u00e1ntica 2015<\/em>, acondicionouse no ano 2016 un espazo p\u00e9treo dese\u00f1ado polo arquitecto Carlos Seoane, integrando intervenci\u00f3n contempor\u00e1nea e respecto pola paisaxe. Compre sinalar que esta actuaci\u00f3n acadou varios premios de arquitectura, e foi finalista da prestixiosa <em>Biennale di Venezia<\/em> do ano 2025.<\/p>\n\n\n\n<p>O Monte da Cid\u00e1 constit\u00fae as\u00ed unha visita imprescindible para quen se achega \u00f3 Concello de Ribeira. \u00c9 un lugar onde converxen historia, arqueolox\u00eda, tradici\u00f3n, natureza e turismo nun equilibrio singular. Mais por enriba de calquera dato t\u00e9cnico ou reco\u00f1ecemento arquitect\u00f3nico, o verdadeiramente esencial \u00e9 a experiencia: contemplar dende al\u00ed a luz cambiante do solpor, sentir o vento atl\u00e1ntico na faciana, e escoitar o bater das ondas contra a costa de Galicia. Porque neste monte non s\u00f3 se observa a paisaxe; v\u00edvese, interpr\u00e9tase e g\u00e1rdase para sempre na memoria.<\/p>\n\n\n\n<div data-wp-interactive=\"core\/file\" class=\"wp-block-file\"><object data-wp-bind--hidden=\"!state.hasPdfPreview\" hidden class=\"wp-block-file__embed\" data=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/pedra_da_ra.pdf\" type=\"application\/pdf\" style=\"width:100%;height:600px\" aria-label=\"Incrustado de pedra_da_ra.\"><\/object><a id=\"wp-block-file--media-c147465e-1de0-4a77-975e-911863ebc289\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/pedra_da_ra.pdf\">pedra_da_ra<\/a><\/div>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">Imaxes:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Antonio Parada Mari\u00f1o (Agui\u00f1o).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Moncho de Sirves (Sirves &#8211; Olveira).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; La Voz de Galicia. A Coru\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Monte da Cid\u00e1, tam\u00e9n co\u00f1ecido como Monte do Castro, \u00e9rguese no extremo sur do Concello de Ribeira como unha presenza que transcende o puramente xeogr\u00e1fico. \u00c9 territorio, \u00e9 memoria e \u00e9 s\u00edmbolo. O seu v\u00e9rtice xeod\u00e9sico, situado a 207 metros sobre o nivel do mar, marca un dos puntos m\u00e1is altos do municipio, convert\u00e9ndoo&#8230; <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/2026\/04\/21\/miradoiro-o-atlantico\/#more-2055\">Seguir lendo &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2100,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8,16,13],"tags":[],"class_list":["post-2055","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-arqueoloxia","category-natureza","category-patrimonio","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2055","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2055"}],"version-history":[{"count":16,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2055\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2187,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2055\/revisions\/2187"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2100"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2055"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2055"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2055"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}