{"id":2329,"date":"2026-07-07T16:13:42","date_gmt":"2026-07-07T14:13:42","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=2329"},"modified":"2026-07-08T16:16:06","modified_gmt":"2026-07-08T14:16:06","slug":"confrarias-e-devocion-popular","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2026\/07\/07\/confrarias-e-devocion-popular\/","title":{"rendered":"Confrar\u00edas e devoci\u00f3n popular"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nos s\u00e9culos pasados, San Paio de Carreira era a parroquia m\u00e1is poboada das que hoxe integran o Concello de Ribeira. Segundo recolle a visita pastoral realizada polo cardeal D. Jer\u00f3nimo del Hoyo no ano 1607, a parroquia contaba con 100 fregueses, fronte \u00f3s 50 de Olveira ou os 90 do porto de Ribeira. <\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Concilio de Trento, celebrado entre os anos 1545 e 1563, entre outras moitas novas reformas, estableceu a obrigatoriedade dos rexistros sacramentais no \u00e1mbito eclesi\u00e1stico. A partires daquela, os p\u00e1rrocos comezaron a consignar en papel e de maneira sistem\u00e1tica os bautismos, matrimonios, defunci\u00f3ns e outros aspectos relacionados ca administraci\u00f3n parroquial. En Carreira, estes rexistros deron comezo no ano 1624, inclu\u00edndo tam\u00e9n os libros de contas das confrar\u00edas relixiosas. Grazas a esta documentaci\u00f3n, conservada \u00f3 longo dos s\u00e9culos no arquivo parroquial e na actualidade no AHDS de Compostela, \u00e9 posible co\u00f1ecer con precisi\u00f3n numerosos datos sobre a evoluci\u00f3n demogr\u00e1fica da fregues\u00eda, as\u00ed como sobre a xesti\u00f3n das rendas e taxas eclesi\u00e1sticas.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"734\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_04-734x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2332\" style=\"width:444px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_04-734x1024.jpg 734w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_04-215x300.jpg 215w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_04-768x1072.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_04-600x838.jpg 600w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_04.jpg 1000w\" sizes=\"auto, (max-width: 734px) 100vw, 734px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size wp-block-paragraph\">Portada do libro fundacional da Confrar\u00eda do Sant\u00edsimo Sacramento. Ano 1609.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Historicamente, exist\u00edan en Carreira diversas confrar\u00edas erixidas baixo distintas advocaci\u00f3ns, entre as cales destacaban as consagradas \u00f3 culto de Santa Catarina, San Roque, Nosa Se\u00f1ora do Rosario e o Sant\u00edsimo Sacramento. A principal testemu\u00f1a da s\u00faa actividade son os libros de contas que se conservan. Neles rexistr\u00e1banse as achegas dos confrades, os gastos e demais aspectos econ\u00f3micos das entidades, informaci\u00f3n que era anotada polos respectivos curas p\u00e1rrocos e sometida \u00e1 supervisi\u00f3n do Arcebispado de Santiago. Entre os exemplares mellor conservados destacan os seguintes:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2022 <strong>Libro da Confrar\u00eda de Santa Catarina e contas do Sacramento (1609\u20131768).<\/strong><br>\u00c9 o libro de contas m\u00e1is antigo da parroquia. Nel figuran as normas que rex\u00edan a confrar\u00eda, as\u00ed como as s\u00faas primeiras contas. Compre salientar que, a mediados do s\u00e9culo XX, a imaxe orixinal de Santa Catarina foi trasladada \u00e1 illa de S\u00e1lvora polo seu propietario, o Marqu\u00e9s de Revilla, para renderlle culto na reconvertida Capela de Santa Catarina, pequeno edificio de pedra antigamente utilizado como taberna polos colonos da illa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2022 <strong>Sant\u00edsimo Sacramento (1768\u20131789).<\/strong><br>Recolle os erros das contas dos anos 1750, 1753 e 1754, as\u00ed como os rexistros comprendidos entre 1768 e 1775. Tam\u00e9n detalla a Santa Visita \u00e1 parroquia realizada o 25 de xu\u00f1o do ano 1791 polo daquela arcebispo compostel\u00e1n Frei Sebasti\u00e1n de Malvar y Pinto.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"592\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_01.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2335\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_01.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_01-300x178.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_01-768x455.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_01-600x355.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size wp-block-paragraph\">Fei Rafael de M\u00fazquiz y Aldunate (1801-1821) e m\u00e1is Frei Rafael de V\u00e9lez (1824-1850), \u00e1mbolos dous Arcebispos de Santiago de Compostela, os cales fixeron senllas visitas pastorais \u00e1 parroquia nos anos 1807 e m\u00e1is no ano 1828 respectivamente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2022 <strong>Sant\u00edsimo Sacramento (1798\u20131830).<\/strong><br>Ademais das contas anuais, incl\u00fae os detalles das Santas Visitas do 12 de xaneiro de 1807, realizada polo arcebispo Rafael de M\u00fazquiz, e do 4 de febreiro de 1828, realizada polo arcebispo Frei Rafael de V\u00e9lez.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2022 <strong>Libro da Confrar\u00eda de San Roque (1679\u20131772).<\/strong><br>Cont\u00e9n a acta de creaci\u00f3n da confrar\u00eda, fundada polo p\u00e1rroco D. Lorenzo Dono Taboada no ano 1679. Existen indicios de que arredor do ano 1505 xa hab\u00eda outra confrar\u00eda semellante dedicada \u00f3 mesmo santo pero sen indicar o templo de culto, tal e como recollen diversas anotaci\u00f3ns feitas polos curas p\u00e1rrocos nalg\u00fans dos libros sacramentais do s\u00e9culo XVII, pero ata o de agora non se atopou referencia escrita propia de dita confrar\u00eda medieval.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2022 <strong>Constituci\u00f3n e fundaci\u00f3n da Confrar\u00eda de Nosa Se\u00f1ora do Rosario (1725).<\/strong><br>Incl\u00fae a acta fundacional, as contas dos primeiros anos e a regulamentaci\u00f3n que deb\u00edan seguir os confrades. Ata mediados do s\u00e9culo XX, esta confrar\u00eda estivo moi activa na parroquia, dedicando incluso durante as festas parroquiais do ver\u00e1n, un d\u00eda \u00e1 advocaci\u00f3n desta santa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2022 <strong>Libro de contas da Confrar\u00eda de Nosa Se\u00f1ora do Rosario (1798\u20131830).<\/strong><br>Neste volume, o cura p\u00e1rroco D. Joseph de Villarroel recolleu a Santa Visita do 4 de febreiro do 1828 por parte do daquela arcebispo D. Rafael de V\u00e9lez. Tam\u00e9n incorpora rexistros documentais relevantes, como as sinaturas do p\u00e1rroco D. Manuel de Acu\u00f1a y Malvar xunto \u00e1 dos primeiros e \u00fanicos rexedores municipais do ef\u00e9mero Concello Constitucional de Carreira, D. Miguel Bretal e D. Manuel Prego en senllos asuntos eclesi\u00e1sticos que ti\u00f1an que ver ca administraci\u00f3n municipal local.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u2022 <strong>Confrar\u00eda de Nosa Se\u00f1ora da Gu\u00eda (1897).<\/strong><br>Esta confrar\u00eda \u00e9 a de m\u00e1is recente creaci\u00f3n na parroquia de Carreira, pois comez\u00f3uselle a render culto a esta Santa a partires dese ano, e dende aquela segue a celebrarse unha romar\u00eda popular na honra da mesma t\u00f3dolos anos, e coincidindo co luns de pentecost\u00e9s; romar\u00eda esta, a cal chegou a ser durante o s\u00e9culo XX unha das m\u00e1is concorridas e famosas de toda a bisbarra. Compre dicir que malia que a confrar\u00eda foi fundada na \u00e9poca que se recolle en dito libro, non se ten conta dela nin da Santa en cuesti\u00f3n en ning\u00fan libro de s\u00e9culos anteriores, pero si nunha anotaci\u00f3n realizada no ano 1607 por <em>Jer\u00f3nimo del Hoyo<\/em> na s\u00faa obra &#8220;<em>Memorias del Arzobispado de Santiago&#8221;<\/em>, e que dic\u00eda como segue: <em>\u00abSAN PAYO DE CARREIRA. Tiene esta felegres\u00eda cien feligreses. Los fructos todos al retor, que valdr\u00e1n m\u00e1s de trecientos ducados. Dicen es presentaci\u00f3n de Sant Mart\u00edn. Hay una hermita de Nuestra Se\u00f1ora. La f\u00e1brica desta iglesia tiene de rentas onze ferrados de centeno y otros pocos de trigo. Hay una hermita de Nuestra Se\u00f1ora da Gui\u00f1a<\/em>\u00bb.\u00a0 O que nos fai ter en conta que a advocaci\u00f3n \u00e1 Virxe da Gu\u00eda posiblemente ve\u00f1a dende moi antigo, e que posiblemente durante varios s\u00e9culos se lle deixou de render culto, ata que a reforma da capela e a s\u00faa contorna, as\u00ed como a reactivaci\u00f3n da Confrar\u00eda fixo que se continuara con esta tradici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Grazas a estes libros, e m\u00e1is al\u00e1 da informaci\u00f3n contable que conte\u00f1en, hoxe podemos co\u00f1ecer numerosos datos de interese para a parroquia. A s\u00faa conservaci\u00f3n permite reconstru\u00edr aspectos fundamentais da nosa historia, transmitidos polos representantes da Igrexa que desenvolveron a s\u00faa labor neste lugar.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"827\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_02-827x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2337\" style=\"width:203px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_02-827x1024.jpg 827w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_02-242x300.jpg 242w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_02-768x951.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_02-1241x1536.jpg 1241w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_02-1654x2048.jpg 1654w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_02-1400x1733.jpg 1400w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_confrarias_02-600x743.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 827px) 100vw, 827px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size wp-block-paragraph\">Selo parroquial de San Paio de Carreira, amosando o sabre e m\u00e1is a palma do martirio do Santo Patr\u00f3n de Carreira.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">Fontes:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">&#8211; Arquivo Hist\u00f3rico Diocesano de Santiago de Compostela (AHDS). Libros sacramentais de San Paio de Carreira.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">&#8211; AHDS. Santiago de Compostela. Gravado de San Roque da Granxa, no libro fundacional desta confrar\u00eda. Ano 1679.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">&#8211; AHDS. Santiago de Compostela. Portada do libro fundacional da Confrar\u00eda do Sant\u00edsimo Sacramento. Ano 1609.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">&#8211; Cardeal D. Jer\u00f3nimo del Hoyo. <em>Memorias del Arzobispado de Santiago<\/em>. Ano 1607.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nos s\u00e9culos pasados, San Paio de Carreira era a parroquia m\u00e1is poboada das que hoxe integran o Concello de Ribeira. Segundo recolle a visita pastoral realizada polo cardeal D. Jer\u00f3nimo del Hoyo no ano 1607, a parroquia contaba con 100 fregueses, fronte \u00f3s 50 de Olveira ou os 90 do porto de Ribeira.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2331,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[12],"tags":[],"class_list":["post-2329","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-relixion","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2329","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2329"}],"version-history":[{"count":14,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2329\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2361,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2329\/revisions\/2361"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2331"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2329"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2329"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2329"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}