{"id":2343,"date":"2026-08-12T10:53:55","date_gmt":"2026-08-12T08:53:55","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=2343"},"modified":"2026-08-12T10:55:32","modified_gmt":"2026-08-12T08:55:32","slug":"bens-de-valor-cultural-no-noso-litoral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2026\/08\/12\/bens-de-valor-cultural-no-noso-litoral\/","title":{"rendered":"Bens de valor cultural no noso litoral"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No \u00faltimo inventario de<em> Bens de Valor Cultural do Litoral<\/em> elaborado pola Xunta de Galicia e publicado en marzo do 2026, figuran varios enclaves arqueol\u00f3xicos situados na parroquia de Carreira. Tr\u00e1tase de espazos que, malia seren pouco co\u00f1ecidos para boa parte da veci\u00f1anza, constit\u00faen unha parte importante do noso patrimonio hist\u00f3rico. A s\u00faa conservaci\u00f3n permite preservar a memoria das comunidades que habitaron estas terras hai milleiros de anos.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O <em>Cat\u00e1logo de Bens de Valor Cultural no Litoral<\/em> \u00e9 un rexistro aprobado pola Xunta de Galicia en marzo do 2026. Este inventario recolle un total de 2.003 elementos patrimoniais e construci\u00f3ns de interese cultural situados nas \u00e1reas costeiras galegas, dende Ribadeo ata A Guarda, co obxectivo de garantir a s\u00faa protecci\u00f3n e conservaci\u00f3n. A pesares da s\u00faa importancia hist\u00f3rica, estes tres xacementos localizados na nosa parroquia contin\u00faan sendo uns grandes desco\u00f1ecidos para boa parte da poboaci\u00f3n. O paso do tempo e a escasa difusi\u00f3n do noso patrimonio fixeron que moitas persoas pasen \u00f3 seu car\u00f3n sen saber que forman parte da historia m\u00e1is antiga da bisbarra. Imos facer un curto percorrido por estes bens patrimoniais, co\u00f1ecendo a s\u00faa orixe, a s\u00faa importancia hist\u00f3rica e algunhas das curiosidades que os rodean. Tres enclaves que forman parte do patrimonio arqueol\u00f3xico da parroquia e que merecen ser divulgados e preservados para as xeraci\u00f3ns futuras. \u00c1mbolos tres xacementos se atopan en terreos do parque natural, pois na actualidade, toda a costa de San Paio de Carreira forma parte deste espazo natural protexido.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\"><strong>Xacemento do Forno da Tella<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/08\/2026_bens_06.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2371\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/08\/2026_bens_06.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/08\/2026_bens_06-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/08\/2026_bens_06-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/08\/2026_bens_06-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size wp-block-paragraph\">Restos visibles do Forno da Tella nunha imaxe do ano 2004. Na actualidade, estes restos estan case que tapados por completo pola area, e o enclave est\u00e1 totalmente rodeado de pinos e batume, co cal resultan moi dif\u00edciles de identificar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O xacemento popularmente co\u00f1ecido como O Forno da Tella forma parte do conxunto de enclaves arqueol\u00f3xicos existentes no litoral de Carreira. Tr\u00e1tase dunha serie de varias estruturas de pedra que apenas sobresaen sobre a area, das cales unha principal de forma cadrada destaca sobre outras varias pequenas que a circundan. A s\u00faa inclusi\u00f3n no <em>Cat\u00e1logo de Bens de Valor Cultural do Litoral <\/em>pon de manifesto o interese hist\u00f3rico deste espazo, no que se conservan vestixios da presenza humana dende \u00e9pocas antigas. A\u00ednda que na actualidade apenas son visibles alg\u00fans restos sobre o terreo, o lugar constit\u00fae unha valiosa fonte de informaci\u00f3n para comprender a evoluci\u00f3n do territorio e das comunidades que habitaron esta franxa costeira. A s\u00faa protecci\u00f3n pretende garantir a conservaci\u00f3n deste desco\u00f1ecido xacemento e evitar que posibles actuaci\u00f3ns humanas ou eventos naturais, poidan alterar un patrimonio que a\u00ednda pode achegar novos datos mediante futuras investigaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na actualidade, o que queda destes restos, at\u00f3panse pr\u00e1cticamente soterrados na area que os circunda, cheos de vexetaci\u00f3n, e dentro dun pequeno pi\u00f1eiral a car\u00f3n da lagoa de Casalnovo, o cal apenas exist\u00eda d\u00faas d\u00e9cadas atr\u00e1s, por\u00e9n estaban mellor identificados ca agora. Est\u00e1n preto do cami\u00f1o de p\u00e9s que vai polo Carregal ata a desembocadura do R\u00edo do Mar na pedra da Ferreira,<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Malia o seu nome, non existe consenso sobre que os restos correspondan realmente a un forno de tella. Pola s\u00faa configuraci\u00f3n e zona onde se sit\u00faa, hai quen considera que tam\u00e9n poder\u00edan pertencer a unha antiga torre de vix\u00eda, a un pequeno asentamento castrexo ou medieval, un posible mu\u00ed\u00f1o de vento decimon\u00f3nico (segundo unha veci\u00f1a de Artes), ou mesmo a outro tipo de construci\u00f3n cuxa funci\u00f3n a\u00ednda se desco\u00f1ece. C\u00f3mpre sinalar, ademais, que a ficha do inventario sit\u00faa err\u00f3neamente este enclave na parroquia de San Xi\u00e1n de Artes, cando dende sempre, a tradici\u00f3n local, as escrituras de propiedade preto d\u00e9l, e os apeos eclesi\u00e1sticos rexistrais, os sit\u00faan en terreos da parroquia de San Paio de Carreira. A xesti\u00f3n destes terreos corresponde, non obstante, \u00e1 Conseller\u00eda de Medio Ambiente, en virtude de recentes acordos entre o organismo auton\u00f3mico e as comunidades de montes veci\u00f1ais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\"><strong>M\u00e1moa de Pip\u00edn<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_bens_05.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2352\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_bens_05.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_bens_05-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_bens_05-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026_bens_05-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size wp-block-paragraph\">No centro da imaxe podemos apreciar o mont\u00edculo da m\u00e1moa de Pip\u00edn, nome este do lugar onde se atopa e case en desuso, a car\u00f3n do acceso principal \u00e1 praia do Vilar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A M\u00e1moa de Pip\u00edn \u00e9 un dos monumentos funerarios prehist\u00f3ricos m\u00e1is destacados, m\u00e1is visibles, e tam\u00e9n m\u00e1is desco\u00f1ecidos da parroquia de Carreira. Forma parte dun conxunto m\u00e1is amplo de m\u00e1moas repartidas polo territorio, con outros exemplares situados tam\u00e9n no mesmo \u00e1mbito do Parque Natural, na aba do monte da Cid\u00e1, as\u00ed como noutras localizaci\u00f3ns espalladas pola parroquia, como o lugar da M\u00e1moa, que precisamente toma o seu nome dun destes enterramentos ancestrais al\u00ed establecido. Todos eles constit\u00faen unha clara mostra da presenza humana nesta zona dende hai varios milleiros de anos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este tipo de monumentos, constru\u00eddos con terra e pedra durante o Neol\u00edtico, serv\u00edan como lugares de enterramento e forman parte da rica paisaxe megal\u00edtica galega. A pesares das transformaci\u00f3ns e saqueos sufridos co paso dos s\u00e9culos, a m\u00e1moa de Pip\u00edn conserva un notable valor hist\u00f3rico e arqueol\u00f3xico, xa que permite co\u00f1ecer mellor os costumes, as crenzas e a organizaci\u00f3n das primeiras comunidades agr\u00edcolas asentadas nesta contorna. A s\u00faa conservaci\u00f3n resulta fundamental para preservar unha parte esencial da memoria m\u00e1is antiga de Carreira, malia estar situada nunha zona de masificaci\u00f3n humana sobre todo en per\u00edodos estivais, \u00f3 estar \u00f3 p\u00e9 do acceso peonil principal que baixa cara \u00e1 praia do Vilar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\"><strong>Castro do Porto de Baixo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/08\/2026_bens_07.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2372\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/08\/2026_bens_07.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/08\/2026_bens_07-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/08\/2026_bens_07-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/08\/2026_bens_07-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size wp-block-paragraph\">Interior da muralla do castro de Porto de Baixo nunha imaxe do ano 2005, logo das escavaci\u00f3ns realizadas e onde se pode comprobar os tres niveis dos cales consta esta parte interior do muro, o cal ten unha lonxitude duns 90 metros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O castro do Porto de Baixo constit\u00fae un dos enclaves arqueol\u00f3xicos m\u00e1is singulares da costa de Carreira. Situado nun emprazamento privilexiado, domina unha ampla franxa do litoral e aproveita as caracter\u00edsticas naturais do terreo para ofrecer protecci\u00f3n e un excelente control visual da contorna. Tradicionalmente, e desp\u00f3is dunha intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica realizada no ano 2004, foi identificado como un castro da Idade do Ferro, a\u00ednda que presenta unha configuraci\u00f3n pouco habitual respecto doutros asentamentos castrexos co\u00f1ecidos en Galicia e outras zonas con este tipo de construci\u00f3ns, salientando m\u00e1is ca nada unha grande muralla duns 90 metros de lonxitude cunhas caracter\u00edsticas constructivas moi peculiares.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O emprazamento desta construci\u00f3n sit\u00faase a car\u00f3n da pequena cala chamada O Porto de Baixo, na s\u00faa parte alta, e a car\u00f3n do pequeno cami\u00f1o de p\u00e9s que segue pola praia do Porto das Dornas, a ata a laxe da lagoa no lugar de Anquieiro, sitio este onde a lagoa de Vix\u00e1n se une co mar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Precisamente a singularidade da muralla do castro, fai que alg\u00fans investigadores e afeccionados \u00f3 patrimonio consideren que poder\u00eda tratarse doutro tipo de construci\u00f3n antiga, cuxa funci\u00f3n orixinal a\u00ednda non est\u00e1 plenamente determinada. Sexa cal sexa a s\u00faa verdadeira natureza, o enclave conserva un grande interese hist\u00f3rico e patrimonial, polo que a s\u00faa protecci\u00f3n resulta imprescindible para facilitar futuras investigaci\u00f3ns que permitan co\u00f1ecer mellor a s\u00faa orixe e o papel que desempe\u00f1ou \u00f3 longo da historia.<\/p>\n\n\n\n<div data-wp-interactive=\"core\/file\" class=\"wp-block-file\"><object data-wp-bind--hidden=\"!state.hasPdfPreview\" hidden class=\"wp-block-file__embed\" data=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Bens-Litoral-Carreira.pdf\" type=\"application\/pdf\" style=\"width:100%;height:600px\" aria-label=\"Incrustado de Bens Litoral Carreira.\"><\/object><a id=\"wp-block-file--media-bfc7bf47-c3c4-4294-9e7a-b94734651b1c\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Bens-Litoral-Carreira.pdf\">Bens Litoral Carreira<\/a><\/div>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">Fontes:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">&#8211; Miguel A. Vidal Lojo. Memoria das escavaci\u00f3ns do castro de Porto de Baixo. Ano 2004.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">&#8211; Ana Filgueiras. Memoria do Parque Natural. Ano 1992.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">&#8211; Xunta de Galicia. Conseller\u00eda de Medio Ambiente e Cambio Clim\u00e1tico. 30\/03\/2026.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">&#8211; DOGA n\u00ba 133 &#8211; P\u00e1x. 43131. 13\/07\/2026.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No \u00faltimo inventario de Bens de Valor Cultural do Litoral elaborado pola Xunta de Galicia e publicado en marzo do 2026, figuran varios enclaves arqueol\u00f3xicos situados na parroquia de Carreira. Tr\u00e1tase de espazos que, malia seren pouco co\u00f1ecidos para boa parte da veci\u00f1anza, constit\u00faen unha parte importante do noso patrimonio hist\u00f3rico. A s\u00faa conservaci\u00f3n permite&#8230; <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/2026\/08\/12\/bens-de-valor-cultural-no-noso-litoral\/#more-2343\">Seguir lendo &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2374,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8,11,13],"tags":[],"class_list":["post-2343","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-arqueoloxia","category-historia","category-patrimonio","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2343","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2343"}],"version-history":[{"count":19,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2343\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2383,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2343\/revisions\/2383"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2374"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2343"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2343"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2343"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}