{"id":2401,"date":"2026-09-24T18:13:36","date_gmt":"2026-09-24T16:13:36","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=2401"},"modified":"2026-10-18T18:32:20","modified_gmt":"2026-10-18T16:32:20","slug":"un-alcalde-de-vigo-con-raices-en-carreira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2026\/09\/24\/un-alcalde-de-vigo-con-raices-en-carreira\/","title":{"rendered":"Un alcalde de Vigo con ra\u00edces en Carreira"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Cando se fala de D. Joaqu\u00edn Garc\u00eda Picher, aparece a figura dun dos alcaldes m\u00e1is destacados de Vigo na segunda metade do s\u00e9culo XX; \u00e1 fronte da cidade entre o 1974 e o 1978, anos conflitivos e decisivos da historia recente de Espa\u00f1a. Por\u00e9n, hai unha faceta da s\u00faa vida que moi pouca xente co\u00f1ece: a s\u00faa forte vinculaci\u00f3n ca parroquia de Carreira, orixe das s\u00faas ra\u00edces familiares e ca que mantivo \u00f3 longo de toda a s\u00faa vida unha estreita e afectuosa relaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Joaqu\u00edn Garc\u00eda Picher naceu en Vigo o 29 de agosto do 1932, pero as s\u00faas ra\u00edces familiares estaban profundamente ligadas \u00e1 parroquia de San Paio. O seu pai, D. Jos\u00e9 Garc\u00eda Sampedro, foi mestre nacional en Ribeira, e profesor da <em>Escuela Nacional de Artes y Oficios<\/em> de Vigo, e era veci\u00f1o e natural do lugar do Outeiro. A s\u00faa nai, Mar\u00eda Picher Fern\u00e1ndez, de Ribeira, tam\u00e9n era mestra nacional. O nome de D. Jos\u00e9 Garc\u00eda Sampedro estivo sempre moi unido a este pobo, e nos seus \u00faltimos anos moi especialmente \u00f3 <em>Carreira Club de F\u00fatbol<\/em>, entidade ca que colaborou con grande entrega como xa comentamos noutro cap\u00edtulo desta web. Esta vinculaci\u00f3n familiar ser\u00eda tam\u00e9n a que manter\u00eda a Joaqu\u00edn unido a esta terra, \u00e1 que acud\u00eda con frecuencia e onde conservou relaci\u00f3ns persoais que nada ti\u00f1an que ver cos ambientes pol\u00edticos e sociais nos que se desenvolv\u00eda habitualmente.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"533\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2026_jgp_03.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2404\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2026_jgp_03.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2026_jgp_03-300x160.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2026_jgp_03-768x409.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2026_jgp_03-600x320.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size wp-block-paragraph\">Recorte de prensa dando conta da elecci\u00f3n do novo alcalde. Anuario de Vigo: N\u00famero 35 &#8211; Ano 1975.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Perito industrial, profesor mercantil e economista, Garc\u00eda Picher chegou \u00e1 alcald\u00eda de Vigo no ano 1974, sucedendo a Antonio Ramilo. O <em>Anuario de Vigo<\/em> do ano 1975 destacaba a s\u00faa xuventude, dinamismo e profundo co\u00f1ecemento dos problemas da cidade. Correspondeulle dirixir Vigo durante os \u00faltimos anos do <em>Franquismo<\/em> e os primeiros da <em>Transici\u00f3n<\/em>, unha etapa de grandes cambios na que desenvolveu unha intensa actividade e unha clara visi\u00f3n de futuro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Un dos seus grandes retos foi garantir o abastecemento de auga \u00e1 s\u00faa cidade, ante o r\u00e1pido crecemento da mesma e da s\u00faa industria. O encoro de Eiras, infraestrutura fundamental para o abastecemento de Vigo e dos seus arredores, cuxas obras comezaran no 1973, converteuse nunha prioridade durante o seu mandato e foi inaugurado no 1977, ca presenza do ministro Leopoldo Calvo-Sotelo e do propio Garc\u00eda Picher, quen presentou o proxecto de abastecemento da cidade. C\u00f3mpre sinalar que Garc\u00eda Picher non foi quen iniciou as obras \u2014o proxecto comezara antes da s\u00faa chegada \u00e1 alcald\u00eda\u2014, pero si foi o alcalde que tivo que impulsar e levar adiante a s\u00faa execuci\u00f3n e posta en servizo, convert\u00e9ndoo nun dos grandes logros da s\u00faa etapa municipal, nun tempo de penuria econ\u00f3mica, cando as arcas municipais estaban pr\u00e1cticamente baleiras..<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Outro dos seus grandes obxectivos foi conseguir que Vigo tivese unha universidade propia. Durante aqueles anos impuls\u00e1ronse as primeiras iniciativas que levar\u00edan posteriormente \u00e1 creaci\u00f3n da Universidade de Vigo, comezando polo desenvolvemento da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial e do Colexio Universitario. Tam\u00e9n tivo unha participaci\u00f3n destacada na promoci\u00f3n do Conservatorio Superior de M\u00fasica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A s\u00faa actividade municipal abrangueu ademais cuesti\u00f3ns tan diversas como a planificaci\u00f3n do tr\u00e1fico, as infraestruturas urbanas, a cultura e o deporte. Os propios documentos da \u00e9poca mostran a Garc\u00eda Picher mantendo reuni\u00f3ns con representantes de instituci\u00f3ns culturais, empresarios e diferentes sectores da sociedade viguesa. Entre varias actuaci\u00f3ns nas cales foi part\u00edcipe podemos salientar a ampliaci\u00f3n da pista do aeroporto de Peinador, recuperaci\u00f3n da praia de Samil para a cidade de Vigo, construci\u00f3n de varias escolas e polideportivos, declaraci\u00f3n das illas C\u00edes como paraxe natural, cooficialidade do idioma galego nos plenos, etc, etc&#8230;<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"958\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/2026_jgp_04.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2416\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/2026_jgp_04.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/2026_jgp_04-300x287.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/2026_jgp_04-768x736.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/2026_jgp_04-600x575.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size wp-block-paragraph\">O alcalde de Vigo, D. Joaqu\u00edn Garc\u00eda Picher, no seu despacho xunto \u00e1 concelleira Emma Rosa Gonz\u00e1lez Bermello, quen anos m\u00e1is tarde se converter\u00eda na primeira e, ata o de agora, \u00fanica muller en ocupar a alcald\u00eda da cidade ol\u00edvica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pero quizais un dos proxectos que mellor reflicte a s\u00faa visi\u00f3n de futuro foi o seu empe\u00f1o en conseguir que Vigo fose unha das sedes do Campionato Mundial de F\u00fatbol do 1982. Garc\u00eda Picher realizou numerosas xesti\u00f3ns para logralo e traballou para que a cidade reunise as condici\u00f3ns necesarias, entre elas a mellora do estadio municipal de Bala\u00eddos. Finalmente, Vigo foi inclu\u00edda entre as sedes daquel Mundial, e o estadio acolleu os encontros da selecci\u00f3n italiana, a cal acabar\u00eda proclam\u00e1ndose campiona daquela edici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tam\u00e9n foron anos de importantes cambios pol\u00edticos. Garc\u00eda Picher era alcalde cando morreu Francisco Franco e apenas unhas semanas despois, o Concello de Vigo aprobou unha petici\u00f3n de amnist\u00eda xeral, unha decisi\u00f3n especialmente significativa e arriscada naquel momento, quedando as\u00ed o seu mandato ligado \u00f3s primeiros pasos da transformaci\u00f3n pol\u00edtica que conducir\u00eda \u00e1 democracia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No ano 1976 inaugurouse o novo e actual edificio do Concello de Vigo ca presenza dos Reis de Espa\u00f1a, nun acto multitudinario celebrado na Praza do Rei. Garc\u00eda Picher aparece as\u00ed \u00e1 fronte dunha cidade que estaba a cambiar rapidamente e que comezaba a mirar cara a un futuro moi diferente.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"669\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2026_jgp_02.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2408\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2026_jgp_02.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2026_jgp_02-300x201.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2026_jgp_02-768x514.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2026_jgp_02-600x401.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size wp-block-paragraph\">Inauguraci\u00f3n da nova praza e casa consistorial de Vigo polos Reis de Espa\u00f1a o d\u00eda 26 de xullo do ano 1976, sendo alcalde e anfitri\u00f3n Garc\u00eda Picher, cunha praza ateigada de veci\u00f1os na que foi unha xornada hist\u00f3rica para a cidade. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A s\u00faa etapa como alcalde rematou no ano 1978 cando presentou a s\u00faa dimisi\u00f3n no medio dunha situaci\u00f3n municipal complicada e de fortes cr\u00edticas e protestas veci\u00f1ais. Apenas sete anos despois, en setembro de 1985, falec\u00eda en Vigo \u00f3s 53 anos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No ano 1996 inaugurouse un busto de bronce na s\u00faa memoria, obra do escultor Carlos Tejeda, na praza que leva o seu nome, entre as r\u00faas Coru\u00f1a e Jacinto Benavente, fronte a entrada dos hist\u00f3ricos estaleiros Hijos de J. Barreras. O monumento lembra hoxe a quen foi alcalde durante unha etapa especialmente importante para a cidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pero para n\u00f3s, en Carreira, Joaqu\u00edn Garc\u00eda Picher pode ser lembrado tam\u00e9n doutra maneira. Detr\u00e1s do alcalde que aparece nas fotograf\u00edas xunto a autoridades, empresarios ou representantes das instituci\u00f3ns da \u00e9poca, estaba o fillo de D. Jos\u00e9 Garc\u00eda Sampedro e un home que nunca perdeu os v\u00ednculos ca terra das s\u00faas ra\u00edces. Mentres en Vigo traballaba para afrontar os retos da s\u00faa xesti\u00f3n municipal, segu\u00eda mantendo a s\u00faa relaci\u00f3n con San Paio e cas s\u00faas xentes.Cando regresaba \u00e1 parroquia, deixaba a un lado o cargo e a relevancia p\u00fablica que ti\u00f1a na cidade ol\u00edvica. Percorr\u00eda as r\u00faas e os lugares da parroquia con naturalidade, sen facer alarde da s\u00faa condici\u00f3n de alcalde nin buscar un trato especial por ese motivo. Era, ante todo, un veci\u00f1o m\u00e1is: unha persoa sinxela, pr\u00f3xima e sen altivez, que conservaba o v\u00ednculo cas s\u00faas xentes e ca terra \u00e1 que sempre estivo unido.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 precisamente esa faceta menos co\u00f1ecida da s\u00faa vida, a dun alcalde da maior cidade de Galicia que segu\u00eda sent\u00edndose profundamente vinculado a Carreira, a que merece ser recuperada, porque detr\u00e1s do personaxe p\u00fablico que hoxe lembran unha praza e un busto en Vigo, existiu tam\u00e9n unha historia familiar e persoal que forma parte da memoria desta parroquia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\">Fontes:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\"> &#8211; Joaquin Rolland Andrade. <em>Joaquin Garc\u00eda Picher y su tiempo<\/em>. 1995.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\"> &#8211; Anuario de Vigo, n\u00ba 35 e n\u00ba 36. Ano 1975.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size wp-block-paragraph\"> &#8211; Manuel Garc\u00eda &#8220;Magar&#8221;. Inauguraci\u00f3n do Concello. Atl\u00e1ntico Diario. 09\/08\/2020.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando se fala de D. Joaqu\u00edn Garc\u00eda Picher, aparece a figura dun dos alcaldes m\u00e1is destacados de Vigo na segunda metade do s\u00e9culo XX; \u00e1 fronte da cidade entre o 1974 e o 1978, anos conflitivos e decisivos da historia recente de Espa\u00f1a. Por\u00e9n, hai unha faceta da s\u00faa vida que moi pouca xente co\u00f1ece:&#8230; <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/2026\/09\/24\/un-alcalde-de-vigo-con-raices-en-carreira\/#more-2401\">Seguir lendo &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2417,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[11,9],"tags":[],"class_list":["post-2401","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historia","category-persoeiros","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2401","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2401"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2401\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2421,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2401\/revisions\/2421"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2417"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2401"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2401"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2401"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}