{"id":442,"date":"2024-08-17T17:05:18","date_gmt":"2024-08-17T15:05:18","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=442"},"modified":"2025-08-11T19:35:49","modified_gmt":"2025-08-11T17:35:49","slug":"as-orixes-do-toponimo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2024\/08\/17\/as-orixes-do-toponimo\/","title":{"rendered":"As orixes do top\u00f3nimo"},"content":{"rendered":"\n<p>T\u00f3dolos nomes de lugares en Galicia te\u00f1en un por qu\u00e9, unha causa, unha orixe&#8230; moitas veces co\u00f1ecida, pero a maior parte delas, desco\u00f1ecida.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p>Fernando Cabeza Quiles \u00e9 o maior experto en toponimia da nosa terra. Diplomado en maxisterio, licenciado en filolox\u00eda hisp\u00e1nica, \u00e9 membro da <em>Asociaci\u00f3n Galega de Onom\u00e1stica, <\/em>e ded\u00edcase ao estudo e divulgaci\u00f3n da toponimia galega. Autor de varios libros de tem\u00e1tica diversa, sendo a s\u00faa \u00faltima publicaci\u00f3n <em>Toponimia de Ribeira<\/em> (RAG &#8211; ano 2022), onde afonda nos nomes dos lugares do noso Concello, xa fai tempo que tivo a amabilidade de atender a unha petici\u00f3n persoal, e nos deixou un traballo que aqu\u00ed reproducimos e que tam\u00e9n utilizou na mencionada obra, onde nos indica cal poder\u00eda ser a orixe m\u00e1is l\u00f3xica e sostible sobre o nome da nosa parroquia.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"520\" height=\"730\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-446\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_1.jpg 520w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_1-214x300.jpg 214w\" sizes=\"auto, (max-width: 520px) 100vw, 520px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Portada da obra Toponimia de Ribeira (Ano 2022).<\/p>\n\n\n\n<p>Agardamos que o lector saiba apreciar este fermoso, laborioso e interesant\u00edsmo traballo de Fernando Cabeza Quiles que dende aqu\u00ed recomendamos, e poida as\u00ed obter a informaci\u00f3n para saber de onde xurde o nome desa parroquia ou lugar que tantas veces escoitou, pero non sab\u00eda da s\u00faa orixe.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"> A ORIXE DO TOP\u00d3NIMO CARREIRA<\/p>\n\n\n\n<p>O top\u00f3nimo viario Carreira procede dunha antiga (via) <em>carraria<\/em>, un derivado de <em>carru<\/em> \u2018carro\u2019. Unha carreira \u00e9 un cami\u00f1o estreito polo que poden transitar carros. \u00c1 actual parroquia seguramente se refira o top\u00f3nimo Carreira dun documento do ano 1050 publicado en <em>La Coru\u00f1a, fondo antiguo (788-1065)<\/em>, que cita os antigos l\u00edmites da parroquia de Artes contigua \u00e1 de Ribeira situados en De\u00e1n (Daian), Cruxeiras (Curugeira), praia e r\u00edo de Riazor (agua de Riazuu) e Sirves (Cervis): <em>Trado (entrego) eam [a parroquia de Artes, no documento Artines] tibi (a ti) persuos [terminos antiguos, id est: &#8230;] de Daian et per marco de Curugeira [&#8230;] et per ipsa aqua de Riazuu [&#8230;] per ubi dividitur de Cervis [&#8230;] cum ali[as nostras [ga]nantias que habet (ten) in Carreira.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n debe ser esta parroquia a que se cita nun documento do ano 1200 do mosteiro de Toxos Outos como \u201c<em>Sancte Eugenie de Carraria<\/em>\u201d, seguramente antes de que se crease a de Ribeira, pois incl\u00fae o seu lugar de Dayam, que derivou nos actuais de De\u00e1n Grande e De\u00e1n Pequeno, hoxe pertencentes \u00e1 fregues\u00eda de Santa Ux\u00eda de Ribeira. O documento en cuesti\u00f3n di as\u00ed: \u201c<em>facimus cartam vendicionis [&#8230;] de tota nostra hereditate quantam habemus (temos) in villa que vocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos<\/em>\u201d (imaxe de portada deste artigo). <\/p>\n\n\n\n<p>Uns anos despois, en 1213, en documento tam\u00e9n de Toxos Outos, c\u00edtase o lugar de De\u00e1n Pequeno como pertencente \u00e1 parroquia de Sancte Eugenie, que pode volver ser a antiga Santa Ux\u00eda de Carreira: \u201c<em>Dayam Minore sub aula Sancte Eugenie<\/em>\u201d. Noutra atestaci\u00f3n do ano 1242 do mosteiro de Armenteira, a parroquia de Carreira aparece citada coa s\u00faa advocaci\u00f3n actual, San Paio, ao nomearse un tal Pedro Vidal (apelido que se conservou no concello ribeirense) natural dela: \u201c<em>Petrus Vitales Sancti Pellagii de Carreyra<\/em>\u201d. Por este documento aventuramos, sequera como hip\u00f3tese, que a parroquia de Carreira tivese en orixe a dobre advocaci\u00f3n de San Paio e de Santa Ux\u00eda, ced\u00e9ndolle finalmente a Ribeira a segunda. A antiga denominaci\u00f3n da parroquia de Carreira acompa\u00f1ada da advocaci\u00f3n Santa Ux\u00eda parece prevalecer grosso modo ata mediados do s\u00e9culo XIV, xa que no primeiro Libro de Tenzas da Catedral de Santiago segue sendo \u201c<em>Santa Ougea de Careyra<\/em>\u201d, a\u00ednda que uns anos m\u00e1is tarde, en 1387, nun documento da colecci\u00f3n diplom\u00e1tica de Galicia Hist\u00f3rica, aparece por primeira vez \u201c<em>Sta Ougea de Ribeira<\/em>\u201d, fundada na costa, cando as incursi\u00f3ns mar\u00edtimas xa non ser\u00edan unha ameaza. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"876\" height=\"880\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_3.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-451\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_3.jpg 876w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_3-300x300.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_3-150x150.jpg 150w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_3-768x772.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_3-600x603.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 876px) 100vw, 876px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">As parroquias do Arcebispado de Santiago no Liber Tenencie de Horro (Ano 1438).<\/p>\n\n\n\n<p>No ano 1438, o <em>Liber Tenencie de Horreo<\/em> rexistra o nome da parroquia de Carreira coa advocaci\u00f3n de San Paio: \u201c<em>St. Payo de Carreyra<\/em>\u201d. En 1607, J. del Hoyo recolle \u201c<em>San Payo de Carreira<\/em>\u201d. O apelido Carreira est\u00e1 presente no concello de Ribeira. O NG 2003 tam\u00e9n documenta o top\u00f3nimo Carreira como nome de lugar e parroquia no concello de Zas (A Coru\u00f1a) e como nome de lugar no de Ponteareas (Pontevedra), Taboada (Lugo) e Padrenda (Ourense). O top\u00f3nimo A Carreira \u00e9 moito m\u00e1is abundante.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">O TOP\u00d3NIMO CARREIRA NO MUNDO<\/p>\n\n\n\n<p>Segundo a <em>Gran Enciclopedia Galega<\/em>, como termos chamados Carreira en toda Galicia, enum\u00e9ranse os seguintes: Aldeas: 30, Lugares: 6, Casar\u00edos: 4, Enseadas: 1 e Parroquias: 2. Pero existen noutros lugares do planeta outras vilas que tam\u00e9n levan o mesmo nome. <\/p>\n\n\n\n<p>A maior parte pod\u00e9molas atopar no pa\u00eds veci\u00f1o Portugal, e tam\u00e9n noutros pa\u00edses que estiveron baixo a s\u00faa influenza, tales coma o Brasil ou Mozambique. Algunhas delas son as catro fregues\u00edas que seguen: No municipio de Vila Nova de Famalic\u00e2o (distrito de Braga), e cunha poboaci\u00f3n de 190 habitantes; no municipio de Barcelos (distrito de Braga), e cunha poboaci\u00f3n de 1584 habitantes; no municipio de Leir\u00eda (distrito de Leir\u00eda), e cunha poboaci\u00f3n de 1337 habitantes; e no municipio de Santo Tirso (distrito do Porto), e cunha poboaci\u00f3n de 92 habitantes. Como dato anecd\u00f3tico compre dicir que preto desta, est\u00e1 outra fregues\u00eda co nome de Palmeira. Asemade est\u00e1n as pequenas vilas no municipio de Montijo (distrito de Set\u00fabal); no municipio de San Pedro do Sul (distrito de Viseu); e no municipio de Calheta (distrito de Madeira), na illa do mesmo nome. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"671\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_4.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1578\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_4.jpg 1000w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_4-300x201.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_4-768x515.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/08\/2024_toponimia_4-600x403.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Vista da cidade de Greymouth, en Nova Zelandia, nas ant\u00edpodas de San Paio de Carreira.<\/p>\n\n\n\n<p>E xa fora de Europa, tam\u00e9n podemos atopar vilas chamadas Carreira na provincia de Niassa (Mozambique) con 2436 habitantes; na provincia de Maputo (Mozambique) con 2033 habitantes e no Estado de Piaui (Brasil) con 3531 habitantes. <\/p>\n\n\n\n<p>E xa como \u00faltima referencia xeogr\u00e1fica, sinalar que as ant\u00edpodas do termo parroquial at\u00f3panse roldando os &#8211; 42\u00ba 32\u2019 de latitude Sur e os 1 0\u00ba 90\u2019 de lonxitude Leste, en pleno mar de Tasmania, a uns 90 km. da cidade de Greymouth, na illa sur de Nova Zelandia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">Fontes: <\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Fernando Cabeza Quiles. <em>&#8220;Toponimia de Ribeira&#8221;<\/em>. (RAG &#8211; 2022).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; <em>Gran Enciclopedia Galega.<\/em> Silverio Ca\u00f1ada, editor. Ano 2003.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">Agradecementos a Fernando Cabeza Quiles pola s\u00faa a axuda e informaci\u00f3n aportada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Imaxes: AHN e AHDS.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>T\u00f3dolos nomes de lugares en Galicia te\u00f1en un por qu\u00e9, unha causa, unha orixe&#8230; moitas veces co\u00f1ecida, pero a maior parte delas, desco\u00f1ecida.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":450,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,11,13],"tags":[],"class_list":["post-442","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","category-historia","category-patrimonio","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/442","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=442"}],"version-history":[{"count":14,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/442\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1586,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/442\/revisions\/1586"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/450"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=442"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=442"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=442"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}