{"id":604,"date":"2024-09-25T20:32:44","date_gmt":"2024-09-25T18:32:44","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=604"},"modified":"2024-09-26T16:52:16","modified_gmt":"2024-09-26T14:52:16","slug":"a-illa-de-salvora","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2024\/09\/25\/a-illa-de-salvora\/","title":{"rendered":"A illa de S\u00e1lvora"},"content":{"rendered":"\n<p>Esta illa estivo moitos s\u00e9culos vinculada hist\u00f3rica e socialmente a San Paio de Carreira e os seus veci\u00f1os, moitos dos cales depend\u00edan econ\u00f3micamente dela, ata que no ano 1959 pasou a integrarse no territorio da rec\u00e9n creada parroquia de Nosa Se\u00f1ora do Carme de Agui\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p>Situada na bocana da r\u00eda de Arousa, est\u00e1 separada de terra firme por unha distancia duns 3,5 km da pen\u00ednsula da Barbanza e 4,5 km da pen\u00ednsula do Grove, ocupa unha superficie de preto de 248 Ha, unha distancia de Norte a Sur de 2,2 km, e ten unha altitude m\u00e1xima de 71 m no lugar chamado Alto das Gralleiras. Case que todo o per\u00edmetro da illa \u00e9 zona rochosa, ag\u00e1s catro pequenas praias de branca e fina area; a praia do Almac\u00e9n, a dos Bois, a da Zafra e a dos Lagos.<\/p>\n\n\n\n<p>Na Alta Idade Media, e logo de moitos s\u00e9culos de invasi\u00f3ns n\u00f3rdicas, musulmanas, etc, a propiedade desta illa pasou por varias mans; as\u00ed ata finais do primeiro milenio era titularidade da Coroa Galego Asturiana, para no ano 899 ser doada polo Rei Alfonso II \u00e1 Igrexa Compostelana ca finalidade de obter beneficio econ\u00f3mico. M\u00e1is tarde, a illa pasou a mans particulares, sendo cedida polo Arcebispo a D. Marcos Fandi\u00f1o Mari\u00f1o, pasando as\u00ed \u00e1 Casa de Goi\u00e1ns, e baixo esta titularidade estar\u00eda ata mediados do s\u00e9culo XIX, no cal mediante casamento, pasou \u00e1 familia <em>Otero-Goyanes<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"598\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-608\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_2.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_2-300x199.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_2-768x510.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_2-600x399.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Detalle dunha carta da r\u00eda de Arousa mostrando a illa de S\u00e1lvora. Eustaquio Giannini. Ano 1791.<\/p>\n\n\n\n<p>A partires desa \u00e9poca alg\u00fans veci\u00f1os de Carreira, co permiso do propietario da illa, foron ocupando a mesma para utilizala como terreo de cultivo, aproveitamento gandeiro, madeira, e couto de caza, chegando a establecerse nela por longos per\u00edodos segundo as colleitas \u00e1s que se adicaran.<\/p>\n\n\n\n<p>Por mor das penurias econ\u00f3micas da \u00e9poca en todo o pa\u00eds, a finais do s\u00e9culo XIX, os habitantes de Carreira van traballar \u00e1 illa nas tarefas agr\u00edcolas en r\u00e9xime de caseiros da familia Otero-Goyanes, chegando a formar unha aldea estable de oito pequenas casi\u00f1as de pedra con preto de sesenta habitantes, tendo asemade un lugar de reuni\u00f3n na pequena e acolledora taberna situada a car\u00f3n do almac\u00e9n, logo convertida na capela de Santa Catalina. Estes caseiros aportaban a metade das colleitas e bens do gando \u00f3 propietario da illa, o se\u00f1or Otero-Goyanes, <em>Marqu\u00e9s de Revilla<\/em>. Entre os anos 60 e 70 e andando na procura de melloras econ\u00f3micas e sociais, os veci\u00f1os da illa van paseni\u00f1o abandonando a mesma para irse a vivir \u00f3 continente, principalmente \u00f3 porto de de Agui\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"598\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_3.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-610\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_3.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_3-300x199.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_3-768x510.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_3-600x399.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Vista a\u00e9rea do faro da illa de S\u00e1lvora na actualidade. <\/p>\n\n\n\n<p>O actual faro da illa foi inaugurado no ano 1921, e o heliporto mailo peirao de atraque foron arranxados d\u00faas d\u00e9cadas despois. O Estado Espa\u00f1ol apropiouse da illa entre os anos 1904 e 1958, enviando al\u00ed un pequeno destacamento militar que se encargaba de labores de vixilancia e mantemento das infraestructuras. Logo de marcharen, S\u00e1lvora mailos illotes de Vionta, Noro e Erbosa volveron a ser titularidade dos seus anteriores propietarios, a familia Otero-Goyanes.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"598\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_4.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-611\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_4.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_4-300x199.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_4-768x510.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024_salvora_4-600x399.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Algunhas das vivendas abandonadas da illa de S\u00e1lvora na actualidade.<\/p>\n\n\n\n<p>No ano 1972 foise o derradeiro habitante estable de S\u00e1lvora e no 2017 os fareiros, e dende ent\u00f3n a illa est\u00e1 deshabitada. A d\u00eda de hoxe, e xunto cos illotes de Noro, Vionta, Erbosa e Sagres, est\u00e1 integrada no <em>Parque Nacional das Illas Atl\u00e1nticas<\/em>, creado o 1 de xullo do ano 2002, perdendo o seu status anterior de propiedade privada \u00f3 ser adquirida de xeito definitivo o 24 de outubro do 2007 polo <em>Ministerio de Medio Ambiente<\/em> en co-titularidade ca Xunta de Galicia, e co obxectivo de pretender dotar a este pequeno arquip\u00e9lago dun plano de xesti\u00f3n que garanta a s\u00faa protecci\u00f3n e conservaci\u00f3n medio ambiental.<\/p>\n\n\n\n<p>En vindeiros artigos iremos engadindo informaci\u00f3n relativa a esta illa e acontecementos que sucederon en s\u00e9culos pasados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Imaxe portada: Antonio Parada Mari\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Mapa: Archivo Hist\u00f3rico de la Armada JSE. Madrid. Eustaquio Giannini, ano 1791.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Fonte: J. M. Fern\u00e1ndez Pazos. S\u00e1lvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel. Ano 1998.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Agradecementos a J. M. Vazquez Lij\u00f3, pola s\u00faa axuda e informaci\u00f3n aportada.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta illa estivo moitos s\u00e9culos vinculada hist\u00f3rica e socialmente a San Paio de Carreira e os seus veci\u00f1os, moitos dos cales depend\u00edan econ\u00f3micamente dela, ata que no ano 1959 pasou a integrarse no territorio da rec\u00e9n creada parroquia de Nosa Se\u00f1ora do Carme de Agui\u00f1o.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":607,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[11,13],"tags":[],"class_list":["post-604","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historia","category-patrimonio","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/604","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=604"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/604\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":618,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/604\/revisions\/618"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/607"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=604"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=604"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=604"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}