{"id":627,"date":"2024-10-05T19:10:43","date_gmt":"2024-10-05T17:10:43","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=627"},"modified":"2024-11-23T17:18:05","modified_gmt":"2024-11-23T16:18:05","slug":"o-catastro-de-ensenada-ii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2024\/10\/05\/o-catastro-de-ensenada-ii\/","title":{"rendered":"O Catastro de Ensenada (e II)"},"content":{"rendered":"\n<p>Partindo da base documental do <em>Catastro de Ensenada<\/em>, imos darnos unha idea de c\u00f3mo era a mediados do s\u00e9culo XVIII o termo de San Paio de Carreira, a que fora a parroquia m\u00e1is forte da bisbarra no eido econ\u00f3mico e demogr\u00e1fico ata esa \u00e9poca, para logo deixar paso a Santa Ux\u00eda de Ribeira, que xa comezaba a despuntar ca s\u00faa industria pesqueira.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p>No ano 1753 e formando parte das <em>Reformas Borb\u00f3nicas<\/em> feitas durante o reinado de Fernando VI (1746-1759), int\u00e9ntase reorganizar por completo os ingresos e gastos da facenda p\u00fablica do Estado. O encargado de levar a cabo esta labor foi o daquela Ministro da Coroa, Don Zen\u00f3n de Somodevilla y Bengoechea, <em>Marqu\u00e9s de la Ensenada<\/em>. Este funcionario rioxano, xa fora co anterior monarca Felipe V o art\u00edfice de varias reformas administrativas e colaborador en varios organismos dependentes da Administraci\u00f3n Naval.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"787\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_fernando_vi-787x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-630\" style=\"width:500px\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_fernando_vi-787x1024.jpg 787w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_fernando_vi-231x300.jpg 231w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_fernando_vi-768x999.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_fernando_vi-600x781.jpg 600w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_fernando_vi.jpg 800w\" sizes=\"auto, (max-width: 787px) 100vw, 787px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Retrato de Fernando VI, Rei de Espa\u00f1a na \u00e9poca en que se realizou este catastro.<\/p>\n\n\n\n<p>A devandita reforma fiscal quixo saber por medio dun catastro as cantidades recadadas por t\u00f3dalas taxas, e conseguir as\u00ed unha estat\u00edstica da riqueza da poboaci\u00f3n nos reinos da Coroa de Castela. Mediante o citado catastro, o que se procuraba era establecer a taxa da contribuci\u00f3n \u00fanica, e como consecuencia dela, que houbera un reparto da mesma de forma m\u00e1is xusta e proporcional como demandaba a cidadan\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\"\/>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">A parroquia segundo as respostas do interrogatorio.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta fregues\u00eda era co\u00f1ecida polo nome de <em>San Pelaio de Carreira<\/em>, e era do <em>Se\u00f1or\u00edo dos Reverendos Arcebispos de Compostela<\/em> como anexa \u00e1 <em>Xurisdicci\u00f3n de Noia<\/em>. Estaba integrada na <em>Provincia de Santiago<\/em> pertencente \u00f3 <em>Reyno de Galicia<\/em>. A\u00ednda non exist\u00edan os Concellos tal e como os co\u00f1ecemos a d\u00eda de hoxe.<\/p>\n\n\n\n<p>O cura p\u00e1rroco era D. Manuel Facundo Bodero que ti\u00f1a trinta e tres anos. \u00d3 seu servizo traballaban tres criados e tres criadas maiores, e estaba na posesi\u00f3n de d\u00faas casas ademais da maior parte das terras que lles traballaban moitos dos seus fregueses. Logo do cura p\u00e1rroco, a persoa de m\u00e1is relevancia da parroquia era o chamado mordomo ped\u00e1neo, representante das autoridades de Noia na fregues\u00eda, e encargado de exercer as funci\u00f3ns administrativas e xudiciais a nivel local, e a recadaci\u00f3n das taxas. Nese ano era o se\u00f1or Juan de Lamp\u00f3n, de oficio labrador, que ti\u00f1a 50 anos e que estaba vi\u00favo.<\/p>\n\n\n\n<p>O n\u00famero de veci\u00f1os rexistrados era de douscentos sesenta e seis, pero hai que ter en conta que na \u00e9poca do Antigo R\u00e9xime s\u00f3 se refer\u00edan \u00f3s cabezas de familia, e non se ti\u00f1an en conta as mulleres e os nenos menores. Segundo o <em>Libro de Legos<\/em> deste mesmo catastro, a cifra total de habitantes rolda os 1140. A maior parte das xentes viv\u00edan da agricultura e da gander\u00eda, e tam\u00e9n hab\u00eda alg\u00fans veci\u00f1os que se adicaban conxuntamente co agro \u00e1 pesca de baixura, aproveitando segundo que \u00e9pocas do ano lle eran m\u00e1is axeitadas para cada actividade.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"700\" height=\"993\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_ensenada_interrogatorio.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-632\" style=\"width:500px\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_ensenada_interrogatorio.jpg 700w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_ensenada_interrogatorio-211x300.jpg 211w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_ensenada_interrogatorio-600x851.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 700px) 100vw, 700px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Primeira folla do interrogatorio de Carreira. Ano 1753.<\/p>\n\n\n\n<p>En canto \u00f3s tipos de terreos de cultivo que hab\u00eda na parroquia, o que nos di o catastro e que eran de campo, labrado, de rego e secano, algunhas parras de vi\u00f1a, toxeiras e monte aberto con poucas hortas de coleiros e demais.<\/p>\n\n\n\n<p>Hab\u00eda moi poucas \u00e1rbores e basicamente eran \u00e1lamos, loureiros, carballos, casti\u00f1eiros e alg\u00fan que outro froiteiro, espallados por toda a fregues\u00eda sen orde algunha. Por suposto naqueles anos non exist\u00edan as masas arb\u00f3reas de pi\u00f1eiros e eucaliptos que tanto abondan na actualidade e que foron introducidas de xeito indiscriminado no s\u00e9culo XX dentro dos plans de repoboaci\u00f3n forestal.<\/p>\n\n\n\n<p>Os froitos que se colleitaban nesta fregues\u00eda eran en maior parte centeo, trigo, millo, nabos, li\u00f1o, algunha que outra froita, coleiros, cabazas en curto n\u00famero e tam\u00e9n alg\u00fan vi\u00f1o. A pataca e o millo gordo recen chegados de Am\u00e9rica a\u00ednda comezaban a s\u00faa andaina, e non eran tan maioritarios como foron anos despois.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1022\" height=\"970\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_mapa_tomas_lopez.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-634\" style=\"width:616px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_mapa_tomas_lopez.jpg 1022w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_mapa_tomas_lopez-300x285.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_mapa_tomas_lopez-768x729.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_mapa_tomas_lopez-600x569.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1022px) 100vw, 1022px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Mapa do Reino de Galicia demarcando as antigas sete provincias. Tom\u00e1s L\u00f3pez. Ano 1784.<\/p>\n\n\n\n<p>Os animais de traballo que hab\u00eda no termo eran 382 vacas, 38 bois, 144 tenreiros, 5 poltros, 47 eguas, 670 ovellas, 230 a\u00f1os, 30 carneiros, 244 porcos con 64 porqui\u00f1os de cr\u00eda, ademais de 32 c\u00f3lmenas de abellas e tan s\u00f3 un burri\u00f1o, segundo tam\u00e9n ven recolleito no <em>Libro de Estados<\/em> do citado catastro.<\/p>\n\n\n\n<p>A industria que hab\u00eda en Carreira, reduc\u00edase a pouca cousa. Hab\u00eda no termo parroquial dezaseis mu\u00ed\u00f1os fari\u00f1eiros, os cales mo\u00edan soamente de dous a tres meses do ano segundo os veci\u00f1os pola falla de auga. Como se pode apreciar ou ben eran anos bastante secos, ou a escaseza na colleita do millo non era dabondo m\u00e1is que para traballar eses meses, ou sinxelamente era un xeito de ocultar datos para evitar a grande cantidade de taxas e especies que ti\u00f1an que pagar pola fari\u00f1a mo\u00edda. Estes antigos enxe\u00f1os fari\u00f1eiros dos que a d\u00eda de hoxe quedan todos en p\u00e9 a\u00ednda que a maior\u00eda en estado ruinoso, estaban situados como di o texto do interrogatorio nos lugares que son percorridos polo rego do Vilar, dende Castro ata a lagoa de Amendo, e m\u00e1is no curso do rego Paxari\u00f1o, dende Laxes ata A Filgueira.<\/p>\n\n\n\n<p>O que tam\u00e9n hab\u00eda na parroquia de Carreira daquela eran dous fornos telleiros, os cales produc\u00edan soamente unha fornada de tella \u00f3 ano. Estaban situados na Horta de Casaldavi\u00f1a e m\u00e1is&nbsp; na Toxeira do Varral, e eran propiedade dos se\u00f1ores Juan de Cruxeiras de 64 anos e Manuel Fern\u00e1ndez de 60, \u00e1mbolos dous tam\u00e9n labradores.<\/p>\n\n\n\n<p>No que respecta \u00e1 industria do mar, podemos dicir que daquela o n\u00famero de embarcaci\u00f3ns pesqueiras era de cincuenta e unha dornas, establecidas nos lugares de Agui\u00f1o e m\u00e1is en Anquieiro. Non hab\u00eda barcos m\u00e1is grandes en toda a parroquia.<\/p>\n\n\n\n<p>Adic\u00e1banse as dornas sobre todo \u00e1 pesca do polbo e artes menores, e so\u00edan traballar todo o ano dependendo tam\u00e9n das condici\u00f3ns meteorol\u00f3xicas.<\/p>\n\n\n\n<p>O \u00fanico centro de reuni\u00f3n da parroquia era unha taberna situada en Montevix\u00e1n, e que era propiedade de Juan Rodr\u00edguez, labrador e recadador, de 40 anos e con cinco fillos.<\/p>\n\n\n\n<p>O resto dos oficios que hab\u00eda eran os que seguen: un escribinte, un canteiro, dous ferreiros, sete tecedores fixos, cinco tecedores eventuais, dez xastres, dous carpinteiros, cinco zapateiros, un sarxento do Ex\u00e9rcito destinado no rexemento de Pontevedra, e o resto eran basicamente labregos eventuais e alg\u00fan que outro probe de solemnidade sen oficio nin beneficio.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero \u00f3 que m\u00e1is medo lle ti\u00f1an os nosos antepasados eran \u00e1s taxas que hab\u00edan de pagar \u00f3s representantes das distintas autoridades. Hab\u00eda unha grande cantidade de tributos que basicamente poder\u00edamos resumir en tres tipos; se\u00f1oriais, eclesi\u00e1sticos e reais, malia que eran complicados de entender e sobre todo de recadar, de a\u00ed a que houbera moitos conflitos por estes motivos.<\/p>\n\n\n\n<p>P\u00f3dese dicir logo de ollar todo o contido deste interrogatorio, que o pobo era a imaxe perfecta da Galicia costeira daquela. Un sitio probe, cheo de xente humilde e moi traballadora, e que bastante fac\u00eda por sobrevivir e facer fronte \u00e1s taxas que lle ca\u00edan enriba todo o ano. Por outra parte, unha vista da paisaxe desta terra naquela \u00e9poca parecer\u00edanos algo incrible se a puideramos ver a d\u00eda de hoxe; tan fermosa, tan diferente&#8230;<\/p>\n\n\n\n<div data-wp-interactive=\"core\/file\" class=\"wp-block-file\"><object data-wp-bind--hidden=\"!state.hasPdfPreview\" hidden class=\"wp-block-file__embed\" data=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/interrogatorio_ensenada_carreira.pdf\" type=\"application\/pdf\" style=\"width:100%;height:700px\" aria-label=\"Incrustado de interrogatorio_ensenada_carreira.\"><\/object><a id=\"wp-block-file--media-1a4d4b0b-bcd7-4a4f-9b1d-56705694ea08\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/interrogatorio_ensenada_carreira.pdf\">interrogatorio_ensenada_carreira<\/a><\/div>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">Fontes:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Arquivo do Reino de Galicia. \u201cCatastro de Ensenada. Personal de legos, eclesi\u00e1sticos y estados de la feligres\u00eda de San Paio de Carreira\u201d. A Coru\u00f1a. 1753.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Archivo General de Simancas. \u201cCatastro de Ensenada. Respuestas Generales de la feligres\u00eda de San Paio de Carreira\u201d. Valladolid. 1753.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Transcrici\u00f3n: Fco. Javier Crugeiras Sampedro. Ano 2006.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Partindo da base documental do Catastro de Ensenada, imos darnos unha idea de c\u00f3mo era a mediados do s\u00e9culo XVIII o termo de San Paio de Carreira, a que fora a parroquia m\u00e1is forte da bisbarra no eido econ\u00f3mico e demogr\u00e1fico ata esa \u00e9poca, para logo deixar paso a Santa Ux\u00eda de Ribeira, que xa&#8230; <a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/2024\/10\/05\/o-catastro-de-ensenada-ii\/#more-627\">Seguir lendo &rarr;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":629,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,11],"tags":[],"class_list":["post-627","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","category-historia","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/627","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=627"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/627\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":923,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/627\/revisions\/923"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/629"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=627"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=627"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=627"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}