{"id":676,"date":"2024-10-11T23:57:55","date_gmt":"2024-10-11T21:57:55","guid":{"rendered":"https:\/\/carreira.info\/blog\/?p=676"},"modified":"2026-02-03T20:23:18","modified_gmt":"2026-02-03T19:23:18","slug":"a-casa-de-cultura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/carreira.info\/blog\/2024\/10\/11\/a-casa-de-cultura\/","title":{"rendered":"A casa de cultura"},"content":{"rendered":"\n<p>As\u00ed foi bautizada popularmente pola veci\u00f1anza o <em>Centro Social de Carreira Irm\u00e1ns Villar<\/em>, edificio reconstru\u00eddo polo Concello de Ribeira para a realizaci\u00f3n de eventos sociais e culturais, situado no lugar de Campos e inaugurado no ver\u00e1n do ano 1986.<\/p>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p>Foron os herdeiros do se\u00f1or D. Cipriano Villar Bretal e Da. Carolina Mart\u00ednez Sotillo, os seus fillos Andr\u00e9s e Mar\u00eda, quenes con data 20 de setembro do ano 1982, doaron esta propiedade de 2376 m2 denominada <em>\u201cHorta de Campos\u201d,<\/em> inclu\u00edndo terreo e edificios anexos, \u00f3 Concello de Ribeira tal e como fora desexo dos seus pais. O se\u00f1or Cipriano chegara a ser un dos presidentes do P\u00f3sito de Pescadores, e a se\u00f1ora Carolina fora mestra durante catro d\u00e9cadas na escola que houbera nesa casa. A doaz\u00f3n ser\u00eda efectiva sempre e cando se cumpriran unha serie de condici\u00f3ns escritas entre as cales estaban as seguintes: que se utilizara para construir escolas de ensino especial, p\u00e1rvulos ou prescolar, casa da cultura, escola de artes e oficios, ou tam\u00e9n un pavill\u00f3n ou unha pista polideportiva, e se executara nun prazo inferior a 5 anos. O pleno do Concello aceptou esta oferta en decembro dese mesmo ano, e se puxo mans \u00e1 obra para constru\u00edr un centro cultural e social, o cal foi inaugurado catro anos desp\u00f3is.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_casa_cultura3.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-679\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_casa_cultura3.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_casa_cultura3-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_casa_cultura3-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_casa_cultura3-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Parte da escritura de doaz\u00f3n da propiedade \u00f3 Concello de Ribeira. Ano 1982.<\/p>\n\n\n\n<p>Andr\u00e9s Villar Mart\u00ednez, un dos doantes desta propiedade, estaba exiliado dende o ano 1943 en Tijuana (Baixa California, M\u00e9xico), onde traballaba de escritor sendo membro tam\u00e9n do <em>Seminario de Cultura Mexicana<\/em>, xunto ca s\u00faa irm\u00e1n Mar\u00eda, persoa moi culta e instru\u00edda, a cal estaba vivindo en Noia, cumprindo o desexo dos seus pais polo cari\u00f1o que lle ti\u00f1an \u00e1 parroquia, foron quenes cederon a s\u00faa herdade para o ben com\u00fan do pobo de Carreira, tal e como consta na escritura p\u00fablica de doaz\u00f3n que custodia o Arquivo Municipal de Ribeira. En palabras de Mar\u00eda: <em>\u201cno pobo de Carreira, por desgracia, hoxe hai moi pouca xente que se interese pola cultura, e te\u00f1o medo a que a casa da cultura se constr\u00faa, e logo non sirva para nada\u201d.<\/em><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"584\" src=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_casa_cultura2-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-1984\" srcset=\"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_casa_cultura2-1.jpg 900w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_casa_cultura2-1-300x195.jpg 300w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_casa_cultura2-1-768x498.jpg 768w, https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024_casa_cultura2-1-600x389.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-small-font-size\">Imaxe da construcci\u00f3n do edificio. Ano 1985.<\/p>\n\n\n\n<p>A empresa encargada de realizar as obras foi <em>Construcciones O\u00f1ial, S.L.<\/em>, de Dodro, e o custo das mesmas ascendeu a un total de 8.962.318 pesetas. A casa na cal se fixo o Centro Social fora construida no ano 1854, reformada no 1936, e posteriormente serviu durante moitos anos de escola; as cortes que hab\u00eda ao seu car\u00f3n bot\u00e1ronse abaixo, mentres que o h\u00f3rreo e o entorno foron reacondicionados.<\/p>\n\n\n\n<p>Este singular edificio foi usado para diversas actividades, no mesmo hai unha estancia a cal foi destinada a bar\/cafeter\u00eda durante varios anos, e outras estancias m\u00e1is, tales como unha biblioteca, a cal apenas chegou a funcionar, e m\u00e1is un sal\u00f3n de actos onde se celebraron multitude de eventos deportivos, culturais, informativos e de lecer organizados polas distintas asociaci\u00f3ns culturais, pol\u00edticas e recreativas que houbo en Carreira e arredores durante todos estes anos, salientando que \u00faltimamente ven sendo o local onde a Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os celebra as s\u00faas charlas, cursi\u00f1os, proxecci\u00f3ns, festas, e outro tipo de eventos culturais, e m\u00e1is durante varios anos o edificio anexo constru\u00eddo posteriormente, tam\u00e9n foi a sede social do obradoiro de emprego do Concello de Ribeira, a escola taller Illa de Sagres, onde se impartiron unha gran cantidade de cursos de formaci\u00f3n ocupacional, promocionando o emprego entre a poboaci\u00f3n local.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">Fontes:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; La Voz de Galicia. 24\/02\/1983 e 03\/07\/1986.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Arquivo Municipal de Ribeira.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Foto Eugenio (Ribeira). Retocada e coloreada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&#8211; Agradecementos a Jos\u00e9 Manuel Pena Sampedro, pola informaci\u00f3n aportada.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As\u00ed foi bautizada popularmente pola veci\u00f1anza o Centro Social de Carreira Irm\u00e1ns Villar, edificio reconstru\u00eddo polo Concello de Ribeira para a realizaci\u00f3n de eventos sociais e culturais, situado no lugar de Campos e inaugurado no ver\u00e1n do ano 1986.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":678,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,13],"tags":[],"class_list":["post-676","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","category-patrimonio","clear"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/676","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=676"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/676\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1986,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/676\/revisions\/1986"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/678"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=676"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=676"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/carreira.info\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=676"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}