Este modesto clube de fútbol foi fundado no ano 1976 por varias persoas
da parroquia de Carreira lideradas por Manuel Sampedro González,
quen máis tarde sería o seu primeiro Presidente.
No ano 2001 celebróuse o 25 aniversario do Clube.
|
|
O equipo xogaba nos seus primeiros anos de vida no vello campo de
fútbol de Frións, clausurado posteriormente para facer un colexio nos
seus terreos, feito que obrigóu ó clube a construir outro no centro da parroquia;
o chamado Campo da Guía, que contóu na súa inauguración cun partido
amigable entre o R.C. Celta de Vigo e o R.C. Deportivo da Coruña, os dous mellores
equipos galegos de tódolos tempos.
Fotografía tomada no campo de Frións co equipo titular
da tempada 1977-78 composto por Piñeiro, Prol, J. María, Suso,
Ricardo, González, Martís, Tomás, Crujeiras, Tucho, Pachicho e Manolo.
|
|
|
Histórico equipo da tempada 1985-86
composto polos xogadores Julian, Piñeiro,
Angel, A.Vicente, Vidal, Paulino, Louzao, Ventura, e agachados
Lampón, Mariscal, Fran, Manol, Pirri , Xosé Ramón, Toño e Vila.
Esta sería a derradeira tempada
no Carreira C.F. dos xogadores
Fran e Xosé Ramón, xa que posteriormente xogarían no
R.C. Deportivo
da Coruña.
|
|
Dende a súa creación, o equipo de afeccionados
do Carreira C.F. ten xogado catro tempadas en 1ª rexional, unha en 3ª ,
e o resto en 2ª rexional, onde acadóu varios títulos de liga, un
subcampeonato da Copa do Sar (1995-96), e numerosos torneos amigables.
Quizáis o conxunto máis
activo dos derradeiros anos sexa o equipo de cadetes, que milita por
terceiro ano consecutivo na Liga Galega, onde está obtendo uns bos resultados
dende o seu ascenso a devandita categoría.
|
Compre destacar que o Carreira Clube de Fútbol
sempre apostóu pola canteira, e proba delo é que sempre tivo equipos federados
nas categorías inferiores. Na actualidade o Clube ten equipos nas categorías de
benxamins, alevins, infantis, cadetes, xuvenís e afeccionados, chegando a
militar nél preto de 120 xogadores en total.
O número de socios achégase os 211 para esta tempada. O orzamento é
de 3 millóns de ptas (18.030,36 €).
Nesta fotografía vemos algúns dos xogadores da escuadra da tempada 2000-2001
; eles son Acevedo,
Prol, Enrique, Sergio, Godón, Alvarez, Fernando, Fran, Parada,
J.Antonio, Piñeiro, Paulino, Rey, Alberto e Carlos.
|
Dende esta páxina facemos
mención obligada a duas das persoas nacidas na parroquia de Carreira,
que máis influencia e fama obtiveron a nivel nacional e internacional
debido ós seus respectivos trunfos no eido deportivo. Estes son os irmáns
González Pérez, Fran e Xosé Ramón . Xogadores do Real Clube Deportivo
da Coruña, formados no vello campo de fútbol de Frións dende pequenos e no
equipo do Carreira C.F. posteriormente, saltaron ó Fabril (filial do
Deportivo) a mediados dos anos oitenta, e logo ó primeiro equipo onde acadaron
varios trunfos ó longo destes anos, tales como a liga de fútbol
1999/2000, a copa do Rei 1994/95 e as supercopas do 95 e 2000.
|
|
Francisco
Xabier González Pérez ( Fran
) - Mediocampo |
· Data de nacemento : 14 Xullo 1969 |
· Lugar de nacemento : Frións ( Carreira ) - A Coruña |
· Estatura e peso : 179 cm , 71 kg. |
Despóis de trece anos no R.C. Deportivo
da Coruña, Fran convertiuse nun dos xogadores máis emblemáticos do
plantel. Formado no clube dende a súa base, foi internacional absoluto
coa selección española. É o capitán do equipo; é zurdo. |
|
|
Xosé
Ramón González Pérez
- Mediocampo |
· Data de nacemento : 20 Maio 1968 |
· Lugar de nacemento : Frións ( Carreira ) - A Coruña |
· Estatura e peso : 174 cm. , 72 kg. |
Capitán do Deportivo que se proclamóu campión da Copa do Rei no ano
1995. Despóis dunha estadía na S.D. Compostela voltóu de novo o
Depor no ano 1999, onde foi partícipe da consecución do título ligueiro
do ano 2000. Máis tarde adestraría ó Atlético Arteixo. |
|
|