Juan Manuel Pérez Río, un carreiran á fronte da División Hispánica da Biblioteca do Congreso de Washington DC (USA), publicou no ano 2007 o libro “Pro Mundi Beneficio: Los trabajadores gallegos en la construcción del canal de Panamá, 1904-1914“.
Nesta obra editada pola Fundación Barrié, o autor analiza a tan descoñecida participación dos traballadores galegos na construcción do canal de Panamá (1904-1914), nunhas condicións de traballo especialmente duras. Analízase o Canal na súa perspectiva histórica, as relacións entre os Estados Unidos e Panamá, a contratación dos traballadores, as duras condicións de traballo, as relacións e conflictos laborais, así como as condicións de vida de toda a xente implicada nesta grande obra de enxeñaría, unha das maiores e de maior beneficio común da historia da Humanidade.

Traballadores galegos do canal xunto con capataces norte americanos.
Juan Manuel naceu no lugar da Pedrosa, en Carreira, e cando era adolescente, no ano 1977 marchou xunto ca súa familia para Baltimore (USA), nunha época na cal a emigración galega a ese país estaba en auxe. Alí completou os seus estudos, acadou o Doctorado en Historia de América Latina pola Universidade de Georgetown, e co paso dos anos, acadou o meritorio posto de especialista en América Latina na División Hispánica da Biblioteca do Congreso de Washington DC. No ano 2004, o Rei Juan Carlos I, lle concedeu a Medalla de Isabel La Católica e no ano 2005 foi nomeado Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.

Juan Manuel Pérez Río na Biblioteca do Congreso de Washington DC.
Segundo medios de comunicación especializados, Juan Manuel Pérez Río, está considerado como unha das persoas españolas máis influíntes nos Estados Unidos, xunto con persoeiros da talla do actor Antonio Banderas, o cantante Julio Iglesias ou do tenor Plácido Domingo entre outros.
– Agradecementos a Juan Manuel Pérez Río.
– Imaxe traballadores: The Congress Library – Washington DC.
Deixa unha resposta