No último inventario de Bens de Valor Cultural do Litoral elaborado pola Xunta de Galicia e publicado en marzo do 2026, figuran varios enclaves arqueolóxicos situados na parroquia de Carreira. Trátase de espazos que, malia seren pouco coñecidos para boa parte da veciñanza, constitúen unha parte importante do noso patrimonio histórico. A súa conservación permite preservar a memoria das comunidades que habitaron estas terras hai milleiros de anos.
Seguir lendo “Bens de valor cultural no noso litoral”Miradoiro ó Atlántico
O Monte da Cidá, tamén coñecido como Monte do Castro, érguese no extremo sur do Concello de Ribeira como unha presenza que transcende o puramente xeográfico. É territorio, é memoria e é símbolo. O seu vértice xeodésico, situado a 207 metros sobre o nivel do mar, marca un dos puntos máis altos do municipio, converténdoo nun balcón natural dende o que a terra e o océano dialogan sen interrupción.
Seguir lendo “Miradoiro ó Atlántico”Prehistoria e folklore da Barbanza
Posiblemente existan investigacións previas que descoñecemos, pero o primeiro gran estudo científico documentado sobre o castro do monte da Cidá aparece nun artigo publicado na revista Nós no ano 1927, onde tamén se analizan diversos achados arqueolóxicos da comarca da Barbanza.
Seguir lendo “Prehistoria e folklore da Barbanza”A Cruz de Aguiño: Un misterio ancestral
Continuando ca serie de artigos adicados a Aguiño, presentamos hoxe un documento datado en marzo do ano 1930, e publicado na revista Céltiga, que nos achega á famosa e misteriosa Cruz de Aguiño.
Seguir lendo “A Cruz de Aguiño: Un misterio ancestral”O castro do Porto de Baixo
Descuberto accidentalmente no verán do ano 1978 (imaxe superior), a gran muralla que o rodea pola parte de terra, é o único resto que nos queda deste pequeno e curioso castro do que moi pouco se sabe.
Seguir lendo “O castro do Porto de Baixo”A vixía da Cidá
No mes de abril do ano 2014 comezou a primeira fase da escavación do castro do monte da Cidá, localizado no cumio do mesmo monte, situado na parroquia de San Paio de Carreira. Un proxecto financiado pola UE, a Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira, o cal estaba incluído dentro do programa Ribeira Atlántica 2015, e impulsado polo rexedor local, o alcalde D. Manuel Ruíz Rivas.
Seguir lendo “A vixía da Cidá”