Do púlpito á xustiza: o párroco do pobo

Corría o mes de abril do ano 1813, cando na parroquia de San Paio de Carreira, o daquela cura párroco D. Joseph de Villaroel, tivo que saír na defensa dos seus veciños fronte ós abusos das autoridades fiscais de Noia. A repartición das contribucións resultara inxusta e pesada, cargando cotas enormes sobre os veciños máis probes, mentres os propietarios forasteiros apenas pagaban a súa parte.

Seguir lendo “Do púlpito á xustiza: o párroco do pobo”

O Bautista Lemiña reivindicativo

Ó longo de décadas, as reivindicacións veciñais constituíron unha parte esencial da relación entre a cidadanía e a administración local, especialmente no ámbito parroquial. En parroquias como Carreira, as demandas máis habituais xiraban arredor de cuestións básicas e necesarias para a vida diaria: arranxo de camiños e viarios, mellora das traídas de auga, sumidoiros, mantemento do alumeado público, a contaminación, ou determinadas cargas fiscais que afectaban directa e negativamente á veciñanza.

Seguir lendo “O Bautista Lemiña reivindicativo”

Refuxios de vida nos vellos pozos de rego

Durante o ano 2025, a Consellería de Medio Ambiente desenvolveu un traballo de estudo e catalogación dos antigos pozos de auga presentes no Parque Natural de Corrubedo, co obxectivo de documentar o seu valor patrimonial e ecolóxico. Esta labor permitiu recompilar información sobre estas estruturas tradicionais e sobre a biodiversidade asociada a elas, dando lugar posteriormente a un estudo en formato escrito e ó material divulgativo resumido nun vídeo presentado o pasado sábado e publicado ó final do presente artigo.

Seguir lendo “Refuxios de vida nos vellos pozos de rego”

In Memoriam

Con profundo pesar e tristeza recibimos onte ao mediodía a noticia do falecemento de Fernando Cabeza Quiles, mentres practicaba ciclismo preto da súa casa.
Colaborador deste blog e amigo, despedímolo con gratitude pola súa amizade e pola súa valiosa achega á cultura galega.
Fernando, sempre estarás na nosa memoria. DEP.

Miradoiro ó Atlántico

O Monte da Cidá, tamén coñecido como Monte do Castro, érguese no extremo sur do Concello de Ribeira como unha presenza que transcende o puramente xeográfico. É territorio, é memoria e é símbolo. O seu vértice xeodésico, situado a 207 metros sobre o nivel do mar, marca un dos puntos máis altos do municipio, converténdoo nun balcón natural dende o que a terra e o océano dialogan sen interrupción.

Seguir lendo “Miradoiro ó Atlántico”

Cromados e arados

A mediados do pasado século, o noso país viviu unha época de grandes cambios, e moito diso veu da man dos novos vehículos a motor que facilitaron e melloraron o xeito de vida. O campo, a gandería e a pesca eran as bases de todo no noso pobo, pero a chegada destes medios de locomoción transformou por completo a maneira de vivir.

Seguir lendo “Cromados e arados”

Lendo a costa dende o mar

Antes da introdución dos modernos sistemas satelitais de posicionamento como o GPS, ou ata non fai moito os sistemas terrestres Decca, Loran-C ou Omega, a navegación marítima dependía case que por completo do coñecemento empírico do medio, acompañado dunha serie de instrumentos mecánicos como o astrolabio ou o sextante, así como de documentos técnicos en papel, máis coñecidos como derroteros.

Seguir lendo “Lendo a costa dende o mar”

Reflexións (V)

Autor: Francisco Sánchez Fraga. Outubro 2025.

NÁUFRAGOS DE CARREIRA.

Encerrada por Artes, Ribeira, Castiñeiras y Aguiño, Carreira se asoma a la ensenada de Corrubedo por las playas de Castro y Anguieiro, desde allí, la playa de Area Secada y la de A Cobasa salían al mar en los años cincuenta las dornas de los pescadores de Carreira.

Seguir lendo “Reflexións (V)”

Reflexións (IV)

Autor: Ciprian Rivas Fernández. Outubro 2025.

O MONTE DA CIDADE; UN CASTRO DA IDADE DE FERRO PARA SEGUIR INVESTIGANDO.

Saíndo de Aguiño podes tomar distintas rutas para desprazarte ao Monte Castro ou como é coñecido entre nós, Monte da Cidade ou da Cidá. Unha delas pode ser Barrio da Cruz, Braña do Muro, Parte al Río, Muiños de Amendo, O Vilar, Casan Lobo ou Casal Lobo e de aí todo cara ao monte.

Seguir lendo “Reflexións (IV)”

Reflexións (III)

Autor: Manuel Polo Aparisi. Outubro 2025.

EL LAVADERO DE FAUNA.

Hubo un tiempo en que existió un lavadero de ropa en la aldea de Amendo. Era este un punto de encuentro de las vecinas, un lugar de asueto mientras se compartían las tareas domésticas, un espacio para compartir vivencias, para el consejo, para la transmisión de conocimientos de madres a hijas y entre vecinas.

Seguir lendo “Reflexións (III)”

Reflexións (II)

Autor: Fernando Cabeza Quiles. Agosto 2025.

CANDO A PARROQUIA DE SANTA UXÍA DE CARREIRA PERDEU A SÚA ADVOCACIÓN PARA DARLLA Á DE RIBEIRA.

Sabemos, pola documentación antiga, que a actual parroquia de San Paio de Carreira se chamaba a principios do século XIII, antes de que se crease a de Ribeira, Santa Uxía de Carreira.

Seguir lendo “Reflexións (II)”

Reflexións (I)

Autor: Juan Manuel Pérez Río. Agosto 2025.

¿QUE ME DICES DE CARREIRA?

Carreira es algo que llevo y llevaré siempre conmigo, a pesar del tiempo y la distancia. ¡Siempre es un placer recordarla! Recuerdo con cariño cómo caminaba por las mañanas y respiraba ese olor a tierra húmeda tan característico de Galicia.

Seguir lendo “Reflexións (I)”

Houbo unha vez dous irmáns de Frións…

… que a mediados dos anos oitenta do pasado século ficharon polo Carreira CF, o único equipo de fútbol da parroquia, e comezaron a facer maxia co balón. Aínda que o fútbol é un deporte de once contra once, o xogo daqueles dous rapaces bastaba, por veces, para decantar os partidos: regates imposibles, pases medidos con técnica e mestría e potentes disparos a portería. Así nacía un mito.

Seguir lendo “Houbo unha vez dous irmáns de Frións…”

Citas xeográficas en obras históricas

Recollemos unha selección de artigos nos que se fai referencia á parroquia en libros históricos de xeografía. A partir da análise destas obras, pode afirmarse que, malia algúns erros menores que se detectan en case tódolos textos, a descrición do termo parroquial é, en xeral, bastante precisa. Estas obras ofrecen información valiosa e de grande interese para os lectores actuais, especialmente nas edicións previas ó século XX

Seguir lendo “Citas xeográficas en obras históricas”

Directriz arcebispal secreta

Orde do Cardeal Arcebispo de Compostela, D. José María Martín de Herrera, enviada polo cura párroco de Carreira D. Felipe Augusto Rivera (daquela Arcipreste de Postmarcos de Abaixo), ó seu homólogo de San Pedro de Muro, sobre as comidas de precepto, onde se establecen unha serie de regras ca intención de evitar críticas ou escándalos entre os fieis e asegurar a disciplina nas prácticas relixiosas.

Seguir lendo “Directriz arcebispal secreta”

Topónimos singulares e distintivos

Partindo novamente da excelente obra publicada no ano 2022 polo autor Fernando Cabeza Quiles, titulada Toponimia de Ribeira, presentamos a continuación unha análise sobre a posible orixe dalgúns topónimos singulares da parroquia de San Paio de Carreira. Estes nomes, presentes desde tempos inmemoriais, destacan pola súa excepcionalidade, sendo practicamente únicos non só no ámbito da xeografía española, senón posiblemente tamén a nivel mundial.

Seguir lendo “Topónimos singulares e distintivos”

O cura Vilacova e o cobro das oblatas

Don Manuel Antonio Vilacova García, cura párroco de carreira dende o 1849 ata o 1884, chegou á parroquia no mes de outubro do ano 1847 exercendo de ecónomo, e así estivo ata o ano 1849 no cal pasou a dirixir a mesma. Era natural da parroquia de San Xoán de Ortoño, en Ames. Mentres foi ecónomo viveu no lugar do Outeiro, e cando pasou a párroco arranxou reitoral de Sampaio para irse vivir alí.

Seguir lendo “O cura Vilacova e o cobro das oblatas”

Resultados de referendos electorais

A continuación expóñense os resultados dos diversos referendos electorais celebrados no Reino de España dende o comezo da actual etapa democrática. A información recompilada corresponde unicamente ó ámbito parroquial de Carreira; porén, a análise comparativa cos resultados obtidos a nivel de Galicia e do conxunto do Reino permite inferir que as tendencias manifestadas nesta parroquia se sitúan en liñas xerais na media.

Seguir lendo “Resultados de referendos electorais”

Dornas en América

Fai uns meses, xa falamos neste blog de Luis Fco. Crujeiras Millet, veciño de Vixán afincado nos Estados Unidos de América, destacado pola súa habilidade e dedicación como construtor profesional de maquetas artesanais de embarcacións. As súa precisas e detalladas recreacións náuticas atópanse expostas en diversos museos de toda Galicia, onde reciben o recoñecemento e admiración de expertos e visitantes.

Seguir lendo “Dornas en América”

Cruces de pedra

A tradición artesanal das cruces de pedra presente en toda Galicia, tamén ten a súa representación na parroquia de Carreira con tres elementos situados nos lugares do Cruceiro, Frións e Sampaio. A característica común deles é que os tres son do tipo de crucifixo, sen capeliñas, é dicir, a forma máis sinxela e característica dun cruceiro.

Seguir lendo “Cruces de pedra”

Axuntamento Constitucional no século XIX

Durante o período do Trienio Liberal, tralo restablecemento da Constitución de Cádiz, e segundo o seu artigo 310 que obrigaba a tódalas poboacións con máis de 1000 almas a constituírse en Axuntamento, o 7 de xullo do 1821 establécese oficialmente o Ayuntamiento Constitucional de Carreira, encadrado no Partido Xudicial de Noia. Este concello só perdurou un curto período de tempo ata a reforma administrativa do ano 1835, a cal delimitou a nova organización política vixente na actualidade.

Seguir lendo “Axuntamento Constitucional no século XIX”

A voz que conquistou Galicia

Manuel Blanco Fernández, coñecido artisticamente como Manolito el Pescador, naceu no ano 1946 no lugar de Deán Grande, en Ribeira, no seo dunha familia humilde, e xa dende moi novo a vida púxolle obstáculos no seu camiño, pois perdeu ó seu pai cando apenas tiña un ano. Practicamente ó pouco de nacer a súa familia trasladouse a Carreira, parroquia onde Manuel pasaría a súa infancia e xuventude, e onde sendo mozo, se dedicou a pescar co seu abuelo materno nunha pequena dorna dende o porto de Aguiño.

Seguir lendo “A voz que conquistou Galicia”

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑