Corría o mes de abril do ano 1813, cando na parroquia de San Paio de Carreira, o daquela cura párroco D. Joseph de Villaroel, tivo que saír na defensa dos seus veciños fronte ós abusos das autoridades fiscais de Noia. A repartición das contribucións resultara inxusta e pesada, cargando cotas enormes sobre os veciños máis probes, mentres os propietarios forasteiros apenas pagaban a súa parte.
D. José non se limitou a queixarse: presentou cálculos precisos e pediu que se suspendesen os cobros forzosos, propoñendo que os veciños achegasen só o que lles correspondía realmente. A súa intervención non era só administrativa: tratábase de protexer ás familias humildes de caer na miseria e de evitar conflitos innecesarios.
Este episodio amosa que, naquela Galicia do século XIX, o cura párroco era moito máis ca un guía espiritual, era un mediador social, un representante da comunidade e un defensor do benestar xeral. A súa loita lémbranos que, mesmo dende a Igrexa, se podía traballar pola xustiza fiscal e polo equilibrio entre autoridades e veciños, mantendo viva a confianza da poboación naqueles que lles tiñan responsabilidade.
O reverendo Villaroel foi tamén un gran ilustrado da súa época; autor de varias obras, entre elas o Diccionario Nomenclator de las ciudades y villas del Reyno de Galicia (1810), e varios libros de poesías moi aclamados, destacou pola súa erudición e compromiso cultural. Faleceu no Hospital Real de Santiago, deixando unha pegada tanto literaria como social que aínda hoxe se lembra.

Unha imaxe da Praza da Constitución de Noia de finais do século XIX. En primeiro termo, o vello edificio que albergaba a sede do Xulgado, antes da reforma á que foi sometido a comezos do século XX.
CARTA DE D. JOSÉ DE VILLAROEL ÁS AUTORIDADES DE NOIA
Santiago. San Pelayo de Carreira. 1 de abril de 1813.
Esta representación viene firmada del Mayordomo Pedáneo y de muchos vecinos.
“D. José de Villaroel, cura Párroco, se queja de la debilidad con que obró la corporación de Noya en el reparto de la contribución mandado hacer tan solo por que uno se quexó de que se le cargaba mucho. Expone los perjuicios que se siguen a estos naturales aun por estos casi a una conmoción porque si el 1er comparto estaba mal, el 2º se hizo mucho peor cargando quotas enormes aun a los mas miserables que abiertamente no pueden pagar. Manifiesta igualmente que la Parroquia para hacer ver la justicia con que se queja tuvo pleito o expediente como D. José Millares único reclamante contra el 1er repartimiento tuviere favor en la comisión. Ha ganado y aunque se acudió a la Junta Superior confirmó esta sentencia dando fin a aquellos infelices con exigirles de costas 2600 reales. Hace varias reflexiones sobre esto: demuestra que la Parroquia debe pagar por 5 meses que debe 25500 reales pero que de ellos solo corresponden a los vecinos 15900 y el resto los forasteros, dueños de directo dominio y pide en consecuencia que se mande suspender todo apremio y que para que sea que no se niegan al apronto entregaran en la Deposita de Santiago los 15900 reales a buena cuenta de los 25500 y que se obligue a los forasteros y hagan lo mismo del resto al completo con arreglo al 1er comparto estando prontos los vecinos a contestar a qualquier reclamación.”
Fonte:
– Arquivo do Reino de Galicia. A Coruña. 01/04/1813.

Deixa unha resposta