D. Manuel de Acuña y Malvar (I)

Iniciamos neste blog unha serie de artigos adicados a unha figura que, sen dúbida, pode considerarse o persoeiro máis relevante na historia da parroquia de San Paio de Carreira; Don Manuel de Acuña y Malvar. Nomeado cura párroco desta freguesía no ano 1789, permaneceu á fronte da mesma durante tan só catro escasos anos, ata o 1792. Porén, o impacto da súa obra foi tal que a súa pegada perdura ata os nosos días, malia continuar sendo unha figura amplamente descoñecida entre os habitantes de Carreira e as súa contorna.

Seguir lendo “D. Manuel de Acuña y Malvar (I)”

Unha mobilización histórica

Poucas veces na historia, os veciños de Carreira e Aguiño se mobilizaron de maneira tan contundente coma nos anos 1981 e 82. Todo comezou cando o daquela Ministerio de Obras Públicas y Urbanismo (MOPU), propuxo instalar unha antena de transmisión de sinais vermellas do sistema de posicionamento Decca Navigator no lugar de Anquieiro, preto da lagoa de Vixán, unha área que hoxendía forma parte do Parque Natural.

Seguir lendo “Unha mobilización histórica”

Os muíños do rego do Vilar

No ano 1753, o Catastro de Ensenada rexistraba nesta parroquia dezaseis muíños fariñeiros de cubo con dezasete moas negras. Poucos anos despois construíronse dous máis, sumando un total de dezaoito. Estes muíños hidráulicos, característicos da zona dende o século XVII ca introdución do millo gordo procedente de América, proliferaron debido ó illamento da parroquia, que obrigaba ós veciños a autoabastecerse de fariña ante a falla de mercados e de recursos económicos.

Seguir lendo “Os muíños do rego do Vilar”

Un pioneiro na divulgación do patrimonio

Domingo Regueira González foi un precursor na divulgación da prehistoria e arqueoloxía na comarca da Barbanza. Dende moi novo, amosou un profundo interese polo coñecemento e a investigación de xacementos arqueolóxicos esquecidos da nosa terra, unha labor que quedou reflectida nas pequenas pero imprescindibles obras que publicou nos anos oitenta do pasado século.

Seguir lendo “Un pioneiro na divulgación do patrimonio”

Felipe II e a venda do Couto de Carreira

No século XVI, o rei Felipe II de España comisionou a un xuíz chamado Ginés Galindo para levar a cabo unha serie de tarefas administrativas relacionadas co Couto de Carreira, pertencente este á Igrexa Compostelana, ante a posible compra do mesmo por Nicolao de Grimaldo (Niccolò Grimaldi “Il signor monarca” – 1524-1593), Principe de Salerno, Duque de Eboli, Marqués de Diano e banqueiro persoal do todo poderoso rei.

Seguir lendo “Felipe II e a venda do Couto de Carreira”

Carta de Poder do século XVI

Amosamos aquí a transcrición dun texto histórico relacionado ca parroquia de San Paio de Carreira. Trátase dunha carta de poder outorgada por Diego Pillado, comerciante da cidade de Santiago de Compostela, a prol de Antonio de Torres, para que este no nome de aquel poida recibir en arrendo o beneficio de San Paio de Carreira, na diócese de Santiago. Está datado o 14 de xuño do ano 1520, apenas catro anos despóis do comezo do reinado de Carlos I.

Seguir lendo “Carta de Poder do século XVI”

Courage et Devouement

Na tarde do luns 27 de maio do ano 1895, un mariñeiro de Carreira, Juan José Romano, estaba faenando na súa dorna Juana preto dos baixos de Corrubedo, entre as pedras dos Cobos e A Praguiña, cando un grande barco de pasaxe e carga, o vapor francés Dom Pedro (na imaxe superior), pasando por ese mesmo lugar e cunha mar en calma, encallóu nas rochas dos baixos e de seguido comezou a afundirse.

Seguir lendo “Courage et Devouement”

Un importante protocolo notarial

O día 19 de decembro do ano 1833, reuníronse os veciños de Carreira na casa reitoral de Sampaio en presenza do daquela cura párroco D. Joseph de Villaroel, para atender a solicitude dos empresarios cataláns afincados na Pobra, os señores José Ferrer e Francisco Barreras, de establecer catro almacéns de salgadura de peixe en terreos da parroquia. O documento (incompleto) transcrito do orixinal, dicta así:

Seguir lendo “Un importante protocolo notarial”

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑