Carreira e os seus frades franciscanos

Ó longo dos séculos pasados, a parroquia de San Paio de Carreira destacou como un importante foco de vocación relixiosa, sendo berce dun numeroso grupo de homes que durante xeracións, consagraron a súa vida a Deus mediante o ingreso en distintas ordes monásticas.

Este fenómeno, habitual na sociedade do Antigo Réxime, non só respondía a unha motivación espiritual, senón tamén á procura de estabilidade, prestixio social e recoñecemento dentro da comunidade. O coñecemento desta realidade vese enriquecido grazas a testemuños escritos como os de Frei Atanasio López ou Armando Cotarelo Valledor, quen deixaron constancia da vida conventual e da traxectoria de numerosos relixiosos, maioritariamente pertencentes á orde franciscana. Estas fontes adquiren especial relevancia á hora de comprender o impacto dos procesos de exclaustración derivados das políticas liberais do século XIX, en particular das diversas desamortizacións, que obrigou ó abandono de arredor de 2000 mosteiros e conventos en toda España.

Imaxes de Frei Atanasio López O.F.M. e de D. Armando Cotarelo Valledor, dous grandes referentes de comezos do século pasado, os cales estudaron profundamente as exclaustracións dos frades franciscanos logo das desamortizacións do século XIX.

Cómpre subliñar que, dende a alta Idade Media, estas institucións relixiosas desenvolveron un papel fundamental na estruturación das comunidades rurais. En moitos casos, eran propietarias de amplas extensións de terras e exercían unha función social clave, proporcionando acubillo, alimento e asistencia nos períodos de crise. A cambio, os veciños traballaban estas terras baixo diferentes formas de cesión ou foro. A ruptura deste sistema trala desamortización provocou profundas transformacións socio económicas, especialmente en Galicia, onde se desencadearon conflitos pola propiedade da terra e se intensificaron fenómenos como o agrarismo e a emigración masiva cara a América.

Neste contexto, varios relixiosos naturais de Carreira, que desenvolveran a súa vida conventual en enclaves como Ferrol ou Cambados, víronse directamente afectados polos procesos de exclaustración. As súas traxectorias posteriores foron diversas: algúns lograron integrarse noutros conventos si as circunstancias o permitían, mentres que outros regresaron á súa parroquia de orixe, onde continuaron exercendo labores pastorais e mantendo viva, na medida do posible, a súa vocación relixiosa.

Recorte de prensa do diario El Compostelano, facendo referencia a un artigo de Frei Atanasio López sobre o convento de Ferrol, onde nomea a un dos moitos frades franciscanos de Carreira da época. 16/05/1936.

Na actualidade, este modelo de vida relixiosa atópase en claro retroceso e preto da desaparición, con apenas uns poucos miles de persoas en toda España adicadas a formas de vida monástica tradicional que, en moitos aspectos, resultan alleas ás dinámicas da sociedade contemporánea. Porén, o recoñecemento destas figuras históricas permite recuperar unha parte esencial da memoria colectiva de Carreira e comprender mellor o papel que os seus fillos desempeñaron na vida relixiosa e social de séculos pasados.


CONVENTO DE SAN FRANCISCO DEL FERROL

(…) La fundación del convento de San Francisco del Ferrol se remonta al siglo XIV. La Comunidad que era numerosa, fue disuelta el 9 de septiembre de 1835. En el año de 1840 fueron demolidos los antiguos y magníficos claustros, y en 1835 se instalaron en lo que quedaba del edificio conventual las oficinas del Cuerpo Administrativo de la Armada (…). De los religiosos que componían la Comunidad al tiempo de la exclaustración tenemos noticias de los siguientes:

P. Fr. Manuel García González. Era Guardían del convento al tiempo de la exclaustración. Nació en la parroquia de San Pelayo de Carreira el 14 de agosto de 1879, y vistió el hábito en el convento de San Francisco de Santiago el 28 de enero de 1805.

CONVENTO DE SAN FRANCISCO DE CAMBADOS

(…) El 18 de noviembre de 1835 los amortizadores remiten a la Curia Arzobispal el inventario de los objetos de culto. El edificio conventual fue convertido en cuartel de Milicias urbanas, escuelas y cárcel del partido. Hoy apenas quedan restos de la fábrica antigua si no es la iglesia que le sirve de parroquia. La Comunidad al tiempo de la exclaustración se componía de unos veinte individuos de algunos de los cuales no hemos encontrado memoria (…).

P. Fr. José Suarez González. Nació en la parroquia de San Pelayo de Carreira el 27 de julio de 1789 y vistió el hábito en el convento de San Francisco de Santiago el día 17 de noviembre de 1906. Fue predicador general y después de la exclaustración residió en su pueblo natal, donde murió.

P. Fr. José Reyriz. En el año de 1816 era maestro de Novicios del convento de San Lorenzo de Santiago (…), En este ultimo (Cambados) lo encontramos al tiempo de la exclaustración con el cargo de Visitador de la Orden Tercera. Después vivió en la parroquia de San Pelayo de Carreira, y en ella murió.

Fontes:

– Imaxe portada: Igrexa parroquial de Cambados, antigo convento de San Francisco. Ramon P. Charlin. Circa 1910.

– Galiciana Dixital. El Eco Franciscano. Santiago de Compostela, 1884-1968.

– El Compostelano. Fr. Atanasio López O.F.M. La exclaustración de los franciscanos de Ferrol. 16/05/1936.

– El Compostelano. Fr. Atanasio López O.F.M. La exclaustración de los franciscanos de Cambados. 09/06/1936.

– Armando Cotarelo Valledor. El convento de Cambados. Archivo Ibero Americano XXXV, 1932.

– Agradecementos a: Archivo Biblioteca Franciscano Provincial (Madrid). Con permisos.

Comentarios pechados

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑