A finais do século XX, unha grande campaña publicitaria por parte da indicación xeográfica protexida Café de Colombia, utilizaba ó persoeiro de Juan Valdez como un amable recolector cafeteiro colombiano, quen na compaña da súa mula Conchita, iba percorrendo as maxestuosas montañas dos Andes na procura do mellor café.
Carlos Sanchez Jaramillo foi un actor colombiano que encarnou o papel deste cafeteiro dende o ano 1969 ata o 2006, aparecendo en cantidade de anuncios na prensa e na TV mundial. No ano 1992, logo de pasar pola Expo de Sevilla, estivo de visita en Galicia, concretamente en Carreira, no lugar da Capela, na casa duns amigos pasando uns días de verán e disfrutando dos nosos paisaxes, gastronomía e festexos.
Tal e como aparece nun recorte de prensa do 17 de xuño dese ano, o actor na compaña da súa dona Alma, recoñecían que as paisaxes e xentes de Carreira lles lembraban ó seu país, e lles chamou moito a atención que os rapaces os recoñeceran pola rúa para pedirlles autógrafos.

Recorte de prensa dando a noticia da presencia de Carlos en Carreira.
Non foi este o único actor que encarnou o persoeiro de Juan Valdez, pero sí o que máis internacionalmente chegou ó público mundial por medio da publicidade nos medios de comunicación, sobre todo a televisión. Carlos faleceu en Colombia no ano 2018.
– Recorte de Prensa. La Voz de Galicia 17/06/1992.

Deixa unha resposta