O día 2 de maio do ano 1866 tivo lugar o Combate do Callao nas augas próximas a ese porto peruano, entre a Frota Española ó mando do contra almirante da Real Armada, o galego D. Casto Méndez Núñez (na imaxe superior), e máis as Defensas do Callao (República do Perú), no transcurso da Guerra do Pacífico.
O combate foi pan comido para a Armada Española, arrasando as defensas do Callao, saíndo a frota case sen desperfectos e dando por cumprido o seu cometido. Posteriormente farían outras incursións dentro desta mesma guerra. A consecuencia desa campaña foi revelada unha frase que se lle atribúe a Méndez Núñez con distintas formulacións: “más vale honra sin barcos, que barcos sin honra“.

A fragata Resolución no porto de Cartagena, na cal ía embarcado o mariñeiro Juan Fidel Sampedro.
Un mariñeiro de Carreira, Juan Fidel Sampedro Parada, foi un dos combatentes nesa batalla formando parte da tripulación da fragata Resolución, un moderno navío blindado de 3200 tn construído no Arsenal do Ferrol e que entrou en servizo no ano 1862.
Como consecuencia da valentía que ofreceu o carreiran Juan Fidel Sampedro na batalla do Callao, o Ministro de Marina D. Juan Bautista Topete y Carballo (1868-69 no Goberno Provisional de Serrano), con data do 6 de febreiro do 1869, lle concedeu xunto co resto da tripulación, unha medalla e máis unha cédula para poder utilizar dita condecoración, a cal lle outorgaba entre outras cousas, un paso seguro que lle permitía faenar en tódalas augas dos territorios españois sen impedimentos.

– Agradecementos a Fidel Gómez e familia, do Cruceiro pola información aportada.

Deixa unha resposta