Imaxes de fai un século

Amosamos aquí unha serie de imaxes antigas datadas a mediados dos anos 20 do pasado século segundo varias fontes consultadas, e segundo varios medios onde saíron publicadas, tal é o caso da revista Vida Gallega, que por esa época publicou unha serie de fotografías con paisaxes de Galicia, algunhas das cales se corresponden con estas que aquí se presentan.

Na fotografía de portada tomada dende Listres, en Aguiño, amósase unha vista do centro urbán de Carreira. Montevixán, Pedriñas, Campos, Sabartán… son algúns dos lugares que se ven en primeiro plano. Podemos observar ó fondo das casas, o monte da Cidá, á esquerda os lugares de Parte ó Río e de Vixán, e moi ó fondo á dereita, na lonxanía, os montes da Curota.

Nestas dúas imaxes, vemos a praia de Aguiño cas súas dornas varadas na mesma. Na fotografía de arriba, pódese apreciar ó fondo o pico da Curotiña, e á dereita o monte da Garita. Na imaxe de abaixo, ó fondo podemos observar os almacéns do Castro, xa en Castiñeiras, e á dereita, as pedras do Carreiro e a ría de Arousa.

Vista de San Martiño de Oleiros dende a estrada de Noia, amosando unha grande leira de millo en primeiro plano, e ó seu carón as árbores que bordean o río Sanchanás, onde sobresae a súa igrexa parroquial ó fondo á dereira.

A estrada do faro de Corrubedo, construída na súa orixe para comunicar o Faro ca Pobra do Caramiñal. Podemos apreciar ó fondo os montes de Santo Alberte, e entre estes mailas casas, de cor máis claro, as antigamente imponentes dunas, tamén chamadas daquela os Montes de Area.

Esta serie de postais das diversas parroquias de Ribeira, apareceron publicadas o século pasado en numerosas revistas e periódicos da época, maiormente a mediados dos anos 20. Algunhas delas saíron na revista Vida Gallega, sobre todo cando foi do afundimento do vapor-correo Santa Isabel na illa de Sálvora na noite do 1 ó 2 de xaneiro do 1921, e nos seguintes anos, noutras publicacións similares como o Almanaque Gallego ou a revista Céltiga. Moitas destas imaxes podense atopar na colección Padre Gaite do Mosteiro de Poio (Pontevedra), unha das coleccións de postais antigas máis grandes de Galicia.

-Agradecimientos a Fray Jerónimo López (Pontevedra), In Memoriam.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑