Dezasete anos (do 1817 ó 1834) tardou o ilustrado Domingo Fontán en elaborar a Carta Xeométrica de Galicia, primeiro mapa físico realizado no Reino de España utilizando medicións matemáticas, co cal a fiabilidade respecto doutros mapas da época, era a mellor e máis exacta feita ata ese momento na Historia do noso País.

Traballo de campo orixinal cas anotacións relativas a Carreira e arredores.
Co obxecto de facer as medicións correspondentes para formar a rede trigonométrica de Galicia, o matemático utilizou centos de estacións, e no caso de Carreira, fixando o monte da Cidá como punto base, para dende aí realizar as medicións da parroquia e arredores, como podemos apreciar neste traballo de campo aquí publicado.

Estacións da rede trigonométrica de Galicia correspondentes a esta zona.
Poucas copias orixinais se conservan completas desta famosa carta. Unha delas está no Arquivo Histórico Diocesano de Compostela. É poñerse diante dela, e comprobar a grandeza deste traballo para a época na que foi confeccionado, unha das maravillas máis grandes da riqueza cartográfica de Galicia.
– Fonte: Fundación Domingo Fontán
Deixa unha resposta