Daniel Bravo Cores, historiador

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, este ilustre carreiran nado no ano 1955, é un dos historiadores que mellor coñece o pasado recente da nosa comarca, pois as súas obras, artigos e investigacións así nolo confirman.

No ano 1978 baixo a dirección de Antonio Eiras Roel, publica a súa tese El Barbanza Meridional en el Antiguo Régimen, acadando o premio final fin de carreira, e foi tomando como base ese traballo de investigación, como xurdiu a súa obra Historia de Riveira 1200-1975, una singladura de 800 años, publicada no ano 2001, onde fai un percorrido pola historia das antigas parroquias e coutos que chegaron a conformar o actual Concello de Ribeira. Libro este, onde o autor enterra o mito tan recurrido dende facía décadas polos habitantes deste concello, no cal consideraban que Ribeira era un pobo sen historia, algo que o autor demostrou que iso non era de todo exacto…

Outra das súas obras é Riveira, alcaldes para un siglo (1860-1975), publicada no ano 2000, libro no cal nos da a coñecer ós diferentes alcaldes que presidiron o Concello de Ribeira dende mediados do século XIX ata finais do XX, amosándonos aspectos un tanto descoñecidos deles, e ofrecéndolle ó lector unha idea de como eran estas persoas e o contexto histórico no cal estiveron exercendo o mando político local.

A terceira das obras que ten publicada é As Xoias Barrocas de Boiro (ano 2006), caderno cultural deste concello do Barbanza, onde se resalta que segundo o autor, este ven a ser o concello ca zona rural de Galicia con maior patrimonio artístico da arte barroca. Un bonito e meticuloso traballo de investigación este, que o autor comezou pouco despois de rematar os estudos na Universidade de Santiago.

Algunhas das obras publicadas por Daniel Bravo Cores.

Outro traballo de sumo interese para a nosa bisbarra foi o publicado no número un da revista Estudios Sociais da Barbanza co título La vida cotidiana en los pueblos del Barbanza en los siglos XVI, XVII y XVIII, obra esta imprescindible para coñecer de primeira man o xeito de vida dos nosos devanceiros na época do Antigo Réxime.

Colaborador habitual ca prensa galega, Daniel Bravo, ten publicado unha chea de artigos de investigación histórica local, onde nos amosa aspectos descoñecidos e destacados da bisbarra, tales como poden ser, o trazado do antigo camiño real, as fábricas de salgadura e conserva, a industria da pesca e salgadura, os sucesos na época da segunda república, e outras moitas e variadas anécdotas e datos históricos locais descoñecidos e considerables.

Un dos aspectos nos que mais destaca Daniel é o seu profundo coñecemento da historia da conserva e salgadura nesta comarca, asi como das familias dos fomentadores catalans que foron os que deron o empuxe a esta potente industria a comezos do século XVIII e que tanta riqueza trouxo a esta terra, non exenta eso si, de obstáculos e problemas de todo tipo.

Portada do catálogo da exposición de fotografía antiga presentada este ano 2024.

Na actualidade, acaba de presentar a exposición de fotografía antiga utilizando para elo as placas negativas de cristal do seu abó Manuel Cores, que el mesmo preparou, e que acompaña dun pequeno catálogo denominado Unha estampa de Ribeira a comezos do século XX (1900-1930), e onde nos presenta unha pequena síntese histórica do concello nesa época. Asemade, tamén está a preparar senllos traballos de investigación sobre o Pósito de Pescadores de Carreira e Aguiño, e outro libro sobre a historia desta última parroquia.

Sen dúbida, un dos mellores e mais importantes historiadores e investigadores de Galicia, do cal temos a sorte de poder desfrutar das suas obras, charlas e artigos de divulgación, que tanto aportan á historia local de Ribeira e o Barbanza.

– Imaxe portada: Carmela Queijeiro – La Voz de Galicia.

– Agradecementos a Daniel Bravo Cores pola súa axuda e información aportada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑