A igrexa parroquial de San Paio de Carreira foi construída entre os anos 1712 e 1717 segundo consta nun dos libros de fábrica custodiados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela.
En dito libro aparecen as contas de todo o que costou a obra, que realmente foi una reconstrucción e ampliación da anterior igrexa de estilo románico que xa había no mesmo lugar dende tempo descoñecido, pois non se atoparon ata o de agora documentos relativos á súa antiguidade e orixe. O anterior templo románico presentaba un aspecto moi descoidado e estaba nun estado moi deteriorado polo paso do tempo e desgaste dos materiais. Posiblemente se fixeran obras de reforma en anos anteriores, pero non hai datos sobre elo, ainda que segundo comentarios que aparecen en varios libros parroquiais, estes din que o seu estado xeral non era moi bo, destacando as pingueiras no interior producidas polas intensas chuvias.
Na construción da nova e actual igrexa participaron mestres canteiros sobre todo do lugar de Frións, algúns dos cales xa traballaran noutros templos da zona e máis na Catedral de Santiago, de aí que o campanario teña un estilo similar á torre do reloxo da catedral compostelana chamado Torre da Berenguela, un xeito de homenaxear o seu traballo no templo xacobeo.
Foi o recén chegado cura párroco D. Juan de Helguero quen recolleu o testigo de D. Marcos de Metola para comezar as obras de construción da nova igrexa parroquial, edificio este dun estilo moi tosco con sillares de cantería de granito sinxelos e sen adobíos. No interior da mesma ainda se poden ver restos do antigo templo románico mesturados cos muros da nova reconstrución. O custo total destas obras alcanzaron un importe de 36.378 reais de vellón da época.
Nun recorte de prensa datado o 27 de decembro do ano 1906, infórmanos que sendo cura párroco D. Felipe Augusto Rivera Romero, se produciu un roubo na igrexa o cal provocou un incendio que fixo arder o precioso altar maior orixinal do ano 1721 e que presidía este templo, que segundo se indica era de feitura Churriguera, estilo este encadrado na época da arte barroca, e que destacaba pola súa recargada decoración e abigarrada ornamentación. Así no lo contaba a prensa:
Robo sacrílego é incendio.
En la noche del día 22 fue robada e incendiada la iglesia parroquial de San Pelayo de Carreira, en el término municipal de Santa Eugenia de Riveira, que regenta D. Felipe Augusto Rivera Romero. Los ladrones que debieron quedar dentro del templo forzaron los cepillos llevándose lo que en ellos había, y prendieron fuego al altar mayor que era de estilo Churriguera, el cual quedó reducido a cenizas fundiéndose el copón con las Sagradas Formas que había en la custodia. Descubrió el sacrilegio el sacristán que tocó a rebato las campanas, reuniéndose todo el vecindario que trabajó con gran ahínco y gracias a cuyos auxilios no ardió por completo el santuario. Con el auxilio de la Guardia Civil comenzaron las autoridades con toda actividad la instrucción de diligencias, desconfiándose descubrir los autores que aprovecharon las sombras de la noche para cometer este tremendo crimen. Reina entre el vecindario de Carreira gran disgusto y profundo sentimiento, pues las hermosas imágenes ante las cuales oraron impetrando del Cielo mercedes, quedaron reducidas a cenizas, no salvándose ninguna.

Recorte de prensa dando conta do roubo e incendio do altar. 27/12/1906.
No ano 1912 procedeuse a inaugurar o novo altar maior, realizado nos talleres do afamado artista compostelano López Pedre, o cal segue a estar en pé a día de hoxe, ainda que xa se nota o paso do tempo por él.
Unha grande mágoa que se perdera este altar Churrigueresco, pois no caso de que perdurara ata a actualidade, sería un precioso tesouro artístico, unha cápsula do tempo que poder observar e desfrutar, e do cal sentirse moi orgulloso.
Fontes:
– Galiciana Dixital. Diario de Pontevedra. 27/12/1906.
– AHDS. Libro IV de fábrica S.P. Carreira.
– Agradecementos a D. Alejandro Bello García (In Memoriam) e D. Ricardo Villaverde Gondar.
Deixa unha resposta