Vasco Fernández de Parga, notario público de Noia, expide unha acta en relación co proceso polo cal se condenou a Vasco de Lema por entrar con outros homes na xurisdición da freguesía de Carreira e manipular unha balea que estaba varada no lugar de Couso, o cal era da xurisdición de Santiago.
Seguir lendo “Unha balea varada en Couso”A Cruz de Aguiño: Un misterio ancestral
Continuando ca serie de artigos adicados a Aguiño, presentamos hoxe un documento datado en marzo do ano 1930, e publicado na revista Céltiga, que nos achega á famosa e misteriosa Cruz de Aguiño.
Seguir lendo “A Cruz de Aguiño: Un misterio ancestral”D. Alfredo Saralegui visita o Pósito
Hai un século, tal día coma hoxe, un grupo de mariñeiros da parroquia de Carreira fundaba o Pósito de Pescadores co obxectivo de defender os seus intereses económicos e sociais, ó igual que estaban facendo moitos mariñeiros doutros puntos do país nos últimos anos.
Seguir lendo “D. Alfredo Saralegui visita o Pósito”A creación da parroquia de Aguiño
A chegada do novo párroco D. Alejandro Bello García á parroquia de Carreira no ano 1958, marcou o comezo dunha serie de cambios organizativos que se implementaron pouco despois. O máis destacado foi, sen dúbida, a solicitude de creación dunha nova parroquia en Aguiño.
Seguir lendo “A creación da parroquia de Aguiño”Aguiño, parroquia mariñeira
Esta semana, para celebrar o centenario da Confraría de Pescadores de Aguiño, compartimos unha serie de imaxes que lembran o pasado mariñeiro desta localidade. Antigamente, este lugar era o porto da extensa parroquia de Carreira, a cal hoxendía aínda segue a manter fortes lazos históricos, relixiosos, familiares e sociais con Aguiño.
Seguir lendo “Aguiño, parroquia mariñeira”Cartografía Histórica (I)
Presentamos aquí a primeira entrega dunha serie dedicada ós mapas máis antigos de Galicia que se coñecen, e nos cales aparece rexistrada a parroquia de Carreira.
Seguir lendo “Cartografía Histórica (I)”A casa de cultura
Así foi bautizada popularmente pola veciñanza o Centro Social de Carreira Irmáns Villar, edificio reconstruído polo Concello de Ribeira para a realización de eventos sociais e culturais, situado no lugar de Campos e inaugurado no verán do ano 1986.
Seguir lendo “A casa de cultura”O Catastro de Ensenada (e II)
Partindo da base documental do Catastro de Ensenada, imos darnos unha idea de cómo era a mediados do século XVIII o termo de San Paio de Carreira, a que fora a parroquia máis forte da bisbarra no eido económico e demográfico ata esa época, para logo deixar paso a Santa Uxía de Ribeira, que xa comezaba a despuntar ca súa industria pesqueira.
Seguir lendo “O Catastro de Ensenada (e II)”O incendio da igrexa parroquial (e II)
Na noite do 22 de decembro do ano 1906, uns delincuentes roubaban na igrexa parroquial de Sampaio e de paso lle prendían lume ó precioso altar churrigueresco que dende o ano 1721 presidía o principal templo carreiran.
Seguir lendo “O incendio da igrexa parroquial (e II)”Música feita en Carreira
Nas festas parroquiais do ano 1980 e 1981, o grupo local de música pop-rock Petoucos a Rebolos fixo as súas primeiras e únicas actuacións en directo. Pouco despois, e tras varios trocos de persoal por mor de obrigas profesionais e persoais, o grupo mudou de nome pasando a chamarse Desorden.
Seguir lendo “Música feita en Carreira”