Un artigo publicado en novembro do ano 2010 na revista especializada Quercus, realizado polo investigador e biólogo valenciano Manuel Polo Aparisi, presentaba o resumo dun estudo que confirmaba algo que xa se intuía dende facía algún tempo: a perda de biodiversidade na lagoa de Vixán.
O artigo de Manuel Polo fala de como a desaparición das actividades tradicionais de gandería afectou á biodiversidade no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo. Ó longo dos anos, a diminución da gandería alterou o ecosistema, especialmente para os paxaros. Especies como a lavandeira amarela (Motacilla Flava) e a escribenta das canaveiras (Emberiza Schoeniclus), entre outras, que antes vivían alí en comunidades maís ben grandes, diminuíron a súa poboación debido á perda dos hábitats creados polas prácticas tradicionais.

Lavandeira amarela en terreos do Parque Natural.

Escribenta das canaveiras, outra das especies de paxaros que diminuíron a súa presenza no Parque Natural.
O autor explica que anos antes, o traballo da terra mediante a agricultura e a gandería mantivo un entorno diverso e equilibrado. Pero ca chegada dunha economía máis industrial e urbana, estes métodos foron deixando de usarse, cambiando a paisaxe e empobrecendo a fauna local. Un exemplo disto é a lagoa de Vixán, un espazo protexido dentro do parque, onde o abandono do pastoreo e as actividades agrícolas, fixo que se perdera diversidade de especies e se degradara o hábitat.

O autor do traballo posa cunha femia de lavanco real (Anas Platyrhynchos) lista para o seu anelamento.
Pode consultarse o artigo do biólogo e investigador Manuel Polo no arquivo inserido a continuación:
– Fonte: Revista Quercus 297 – Novembro 2010.
Deixa unha resposta