Nado en Sevilla no ano 1363, Don Lope de Mendoza foi nomeado bispo de Mondoñedo no ano 1393, e arredor do 1399 designado arcebispo de Santiago de Compostela, cargo que desempeñou ata o seu falecemento no ano 1445. O seu pontificado de 46 anos é ata o de agora, o máis longo da historia da Igrexa Compostelana.
Entre as súas contribucións patrimoniais máis destacadas atópase a construción da capela de Nosa Señora do Perdón, tamén coñecida como a capela de D. Lope de Mendoza, na Catedral de Santiago, unha preciosa construción gótica a cal no seu centro contiña o sarcófago de alabastro no cal se enterrou a D. Lope, espazo emblemático este, onde durante varios séculos se lle permitiu á Universidade de Santiago conceder os títulos de Mestre e Licenciado.

Igrexa de San Martiño de Noia, feita a mediados do século XV.
Tamén foi o artífice da reconstrución da igrexa de San Martiño de Noia e da antiga Colexiata de Santa María do Campo de Muros. Ademais, mandou reconstruir o pazo-fortaleza da Rocha Branca, en Iria Flavia; maxestuoso edificio que se converteu na súa residencia habitual. Este castelo, a día de hoxe desaparecido, era recoñecido pola súa grandeza e elegancia, e foi considerado o máis destacado do Reino de Galicia no seu tempo.

Azulexo decorativo atopado nas ruinas da fortaleza da Rocha Branca, en Iria Flavia.
Nun documento datado no ano 1410, o arcebispo D. Lope outorgoulle á súa sobriña, Dona Maior de Mendoza, o couto de Olveira e a metade do couto de Carreira (descoñecemos a que zona en concreto se refire…), como dote polo seu matrimonio con Don Paio Gómez de Soutomaior, Mariscal de Castilla, Caballero de la Banda, Señor de San Tomé do Mar, Portonovo, Lantaño, Vilamaior, Rianxo, Sobrán… e embaixador do rei castelan Enrique III “El Doliente” ante a corte do caudillo turcomongol, o Gran Tamerlán, no ano 1402. Esta unión matrimonial, promovida máis ca nada por razóns políticas, buscaba consolidar alianzas entre familias nobiliarias influentes e reforzar deste xeito o seu patrimonio.

Sepulcro de Dona Maior de Mendoza, nas ruinas de Santo Domingo, en Pontevedra.
De seguido, publicamos a transcrición de dito documento, realizada o 21 de marzo do 1589 polo notario D. Jácome García, copia feita en papel segundo o pergamiño de doazón orixinal datado o día 8 de xaneiro do ano 1410.
“Feudo que hizo el Sr. Arzobispo D. Lope a favor dela misma Dª Maior de Mendoza, su sobrina, de la feligresía de Santa María de Olbeyra y dela mitad de Sant Payo de Carreyra.
Don Lope de Mendoça, por la Gracia de Dios y de la Sancta Yglesia de Roma, Arçobispo de Santiago, capellan mayor de Nuestro Señor El Rey, y su notario mayor del Reyno de Leon, e oydor de la su Audiencia. Por fazer bien, y mercet a sus Dª Mayor de Mendoça, mía sobrina fila de Ferrant Yuanes de Mendoça, mío hermano. Damos vos que tengades e ayades de nos, e dela mía Eglesia de Santiago, e encuanto fuerdes fiel, e obediente bassalla anos e ala dicha mía Eglesia de Santiago, e nuestros subcesores, e en cuanto mía merced e voluntad fuer. Las nuestras feligresías de Santa María Dolveyra, e la meatade de Sant Payo de Carreyra que son en tierra de Postmarcos, las quales agora ultimamente vacaron por muerte de Gonçalo Lopes de Goyanes, el qual las tenia de Nos, e dela nuestra Eglesia de Santiago et Mercet. E poresta nuestra carta sopena de excumoyon, e dela mía merced, e de mil maravedís para la nuestra camara mandamos alos moradores delas dichas feligresías en quanto fuerdes fiel, e obediente bassalla anos e ala dicha mía Eglessia mía merced e voluntad fuere que rrecudan a vos, a vuestro recaudo cierto con numero de las rentas e derechos, e señorios a las dichas feligresías pertenescientes, e no a otro alguno. E que esto sea cierto, dimos vos ende esta nuestra carta titulo firmada de nuestro nombre e sellada de nuestro sello enpendente. Dada en la mía Ciudad de Santiago ocho días del mes de enero. Año Domine. M cccc MO. Decimo. L.
Archieps Compostellany. Yo Pero Alfonso escrivano de mío Señor el Rey la fiz escribir por mandado del dicho señor Obispo”.
NOTA: Na imaxe da portada deste artigo, vemos parte dunha antiga talla de madeira recuperada da desaparecida Capela do Perdón da Catedral de Santiago, onde se pode ver a D. Lope de xeonllos en actitude de oración á Virxe, a carón do seu escudo de armas.
Fontes:
– AHDS. Fondo Xeral. Arquivo 45. Folios 83/86. Ano 1410.
– J. M. Caamaño Martínez – El arzobispo compostelano D. Lope de Mendoza y sus empresas artísticas. Ano 1960.
– Alberto Fdez. González. La desaparecida capilla de D. Lope de Mendoza. Ano 2005.
Deixa unha resposta