Un dos acontecementos máis tristes e dramáticos de Carreira e de Galicia en xeral, tivo lugar a noite do 1 ó 2 de xaneiro do ano 1921, cando o vapor-correo Santa Isabel, de 89 metros de longo, cunha pasaxe de 202 persoas e unha tripulación de 84, afundiu logo de bater nas rochas a carón da illa de Sálvora no medio dun forte temporal, morrendo 213 persoas.
Seguir lendo “O afundimento do Santa Isabel”O derradeiro mestre da forxa
Nun artigo de José Manuel Pena publicado na sección Barbanza da Voz de Galicia fai 40 anos, podíamos ver a quen foi o derradeiro artesán profesional do ferro que houbo na parroquia de Carreira, José Filgueira Parada, coñecido popularmente como José o Ferreiro.
Seguir lendo “O derradeiro mestre da forxa”Sancte Eugenie de Carraria
Este topónimo, o máis antigo coñecido documentalmente no que se menciona a parroquia, aparece rexistrado no Tombo de Toxos Outos. Este libro é unha compilación realizada polos monxes do mosteiro de San Xusto de Toxos Outos no ano 1289, nunha época en que o abade do mosteiro era un tal Sancho Eanes.
Seguir lendo “Sancte Eugenie de Carraria”