Nun artigo de José Manuel Pena publicado na sección Barbanza da Voz de Galicia fai 40 anos, podíamos ver a quen foi o derradeiro artesán profesional do ferro que houbo na parroquia de Carreira, José Filgueira Parada, coñecido popularmente como José o Ferreiro.
Este señor, do cal quenes o chegamos a coñecer, sempre o lembramos ca súa seriedade habitual, cun pitillo na boca, traballando arreo nas súas tarefas cotiás de labrador, ou ben cas súas ferramentas de traballo de ferreiro, arte ancestral do lume e do ferro, era unha persoa moi dedicada ó seu oficio ó cal lle dedicou máis de 40 anos da súa vida na súa centenaria forxa situada no lugar do Cruceiro, deixando tras de si un legado de dedicación e esforzo.
Reproducimos aquí unha copia daquel artigo escrito por José Manuel Pena, dándonos conta do que nos dicía este noble señor sobre o seu modo de vida e a súa historia á fronte da forxa.

Recorte de prensa dando conta da entrevista a José o Ferreiro. Ano 1984.
Fonte:
– José Manuel Pena Sampedro. La Voz de Galicia. 21/07/1984.
– Imaxe de José. Foto Eugenio (Ribeira), ano 1984.
– Agradecementos a J.M. Pena Sampedro, pola súa axuda e información aportada.
Deixa unha resposta