Este topónimo, o máis antigo coñecido documentalmente no que se menciona a parroquia, aparece rexistrado no Tombo de Toxos Outos. Este libro é unha compilación realizada polos monxes do mosteiro de San Xusto de Toxos Outos no ano 1289, nunha época en que o abade do mosteiro era un tal Sancho Eanes.
Un tombo é un cartulario, é dicir, un libro de pergameo no que igrexas, conventos e mosteiros recollían os seus privilexios e as escrituras das súas propiedades. A diferenza doutros cartularios medievais de mosteiros galegos, o tombo do mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos (Lousame) non destaca tanto pola súa documentación, senón máis ben pola serie de miniaturas que contén, as cales levaron a que este cartulario fose amplamente citado polos historiadores, especialmente nos últimos tempos.

Unha das varias imaxes representadas no Tombo de Toxos Outos, onde se mostra ó Arcebispo Diego Xelmírez ordeando dous novos Cabaleiros, na compaña de varios nobres e aristócratas galegos da época.
Entre a documentación recollida no tombo, aparecen referencias a lugares que hoxe forman parte do actual Concello de Ribeira, como as parroquias de Olveira, Artes e o Couto de Deán. Non obstante, o máis salientable é o topónimo Sancte Eugenie de Carraria, pois este non coincide coas advocacións actuais de Santa Uxía de Ribeira nin coa de San Paio de Carreira. Trátase, de feito, dunha mestura entre as dúas freguesías.
A hipótese que propoñen varios historiadores locais que investigaron este tema é que este topónimo podería referirse ao lugar que puido ser o xermolo de Ribeira. É posible que, inicialmente, a denominación estivera vinculada a algún dos dous lugares, e que, co paso do tempo, as advocacións quedaran definidas como Santa Uxía para Ribeira e San Paio para Carreira, ou ben que fora un erro por parte de quen redactou o texto.
Este interesante tema queda aberto para futuros estudos e investigacións, ofrecendo unha valiosa oportunidade para quen desexe afondar nas orixes históricas das localidades do Concello de Ribeira.
Amosamos de seguido o texto orixinal en latin, e a correspondente tradución ó galego:
Carta domni Petri Roderici, priori Saris, de hereditate de Dayam. In nomine Domini. Ego Petrus Ruderici, monasterii Sancte Marie Saris prior, una cum omni eiusdem monasterii canonicorum et omnis uox nostra vobis domno Petro, monasterii Sancti Iusti de Tribulis Altis abbti, cum eiusdem monasterii monachorum conuentu et omni uoci uestre grato animo et spontanea uoluntate facimus cartam uendicionis et textu scripture firmitatis imperpetuum ualituram de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos. Hanc igitur nostram predictam hereditatem totam uobis ab integro uendimus et libere ac firmiter concedimus cum omnibus suis directuris et bonis eiusdem hereditati pertinentibus intus et extra, id est montibus, fontibus, agris, arboribus, casis, casalibus, pratis, pasquis, riuis, riuulis, exitibus et regressibus et omnibus appendiciis suis, pro precio nobis et uobis bene complacabili, id est solidos Cm LXa fortis monete cum placabili robore, et tam de precio quam de robore nichil remansit apud uos in debito ad soluendum. Ab hinc igitur habete eam, et cetera. Siquis ex parte nostra aut ab extranea contra hoc uenerit, et cetera, pariat uobis uel pariamus predictam hereditatem duplatam uel triplatam et insuper solidos CCC XX fortis monete; et hoc nostrum fattum, et cetera.
Facto scripto huius uendicionis die II idus septembris, era Ma CCa XXXa VIIIa. Nos iamdicti, et cetera. Q. p. f.: Rodericus Petri, tendarius, conf. Johannes Martini Aguza, conf. Rudericus Carnota de Legione. Matheus Petri, conf. Petrus Didaci, conf. Lupus Arie, compostellanus notarius, scripsit (Signum).
TEXTO EN GALEGO
12/09/1200. Santiago de Compostela. O mosteiro de Santa María de Sar véndelle ó de Toxos Outos a herdade que ten na vila de Deán, en Sta. Uxía de Carreira, por cento sesenta soldos. B.- Tombo, f. 182r
Carta de don Pedro Rodrigo, prior de Sar, sobre a herdanza de Deán. No nome do Señor. Eu, Pedro Rodrigo, prior do mosteiro de Santa María de Sar, xunto con tódolos coéngos deste mesmo mosteiro e con toda a nosa voz, facemos esta carta de venda e texto de escritura que terá validez eterna sobre toda a nosa herdanza que posuímos na aldea chamada Deán, situada na comarca de Santa Uxía de Carreira, que está na terra de Postmarcos. Por tanto, vendemos íntegramente toda esta nosa herdanza e concedémola libre e firmemente, con tódolos seus dereitos e bens pertencentes á mesma herdanza, tanto dentro como fóra, isto é, montes, fontes, campos, árbores, casas, vivendas, pradeiras, pastos, ríos, regatos, saídas e entradas e tódolos seus accesorios, por un prezo que nos é e vos é ben agradable, isto é, 660 sólidos de moeda forte, co correspondente valor da moeda, e de tanto prezo como valor non queda nada pendente de pago pola vosa parte. Por tanto, tedes esta herdanza, e o resto. Se alguén da nosa parte ou de parte allea viñese en contra deste acordo, etc., pague a vós ou paguemos a mencionada herdanza duplicada ou triplicada, e ademais 320 sólidos de moeda forte; e isto é o que fixemos, etc.
Feito e escrito este acto de venda no día 2 das ídes de setembro, na era 1238 (*). Nós os mencionados, etc. Q. p. f.: Rodrigo Pedro, tendario, confirma. Xoán Martín Aguza, confirma. Rodrigo Carnota de Legione, confirma. Mateo Pedro, confirma. Pedro Didaci, confirma. Lope Arie, notario compostelán, escribiu (Sinatura).
(*) Data actual do calendario gregoriano: 12/09/1200.
Fontes:
– Fco. Javier Pérez Rodríguez. Os documentos do tombo de Toxos Outos. Ano 2004.
– AHN Madrid. Tombo de Toxos Outos. B.- Tombo, f. 182r. Ano 1200.
Deixa unha resposta