A finais do breve período republicano polo que pasou España na terceira década do século XX, constituíase na parroquia o Grupo Galeguista de Carreira, asociación política local independente, a cal se rexía polos principios e programa do Partido Galeguista de Castelao.
Foi con data do 22 de maio do 1936 cando quedou rexistrada esta agrupación política local constituida dous meses antes, a cal tiña a súa sede no número 28 do lugar de Campos, e cuxo presidente era Juan Prego e secretario Francisco Santamaría. Esta asociación viña a ser unha alternativa máis das moitas que había neses anos na convulsa política galega e española en xeral, onde as esquerdas máis radicais e nacionalistas estaban a estenderse aproveitando o tirón do goberno do Frente Popular, coalición electoral esta, a cal en febreiro dese mesmo ano acababa de gañar as elecións xerais, nas cales o Partido Galeguista obtivo 3 escanos ó Congreso.

Mitin do Partido Galeguista a prol do estatuto de Galicia no cine Tamberlick, en Vigo. Ano 1936.
A principal intención desta formación local era a de poder informar e convencer ós veciños da parroquia e arredores, para conseguir o voto a favor do estatuto de autonomía de Galicia, o cal sería refrendado o día 28 de xuño dese mesmo ano.
O comezo da Guerra Civil apenas dous meses despóis fai desaparecer esta agrupación política local, a única da que se ten constancia que fora constituida de xeito independente na parroquia de Carreira ata o día de hoxe.

Cadeliño cun cartel a prol do estatuto galego. Ano 1936.
Tal e como consta na acta fundacional de dito grupo, transcribimos aquí os primeiros artigos, os cales coinciden ca corrente galeguista máis intelectual e moderada.
«Se constituye el Grupo Galeguista de Carreira (Ribeira), el cual para su funcionamiento legal y acogiéndose a lo determinado en la vigente Ley de Asociaciones, se regirá por los presentes estatutos.
Art. 1o – Este Grupo acepta íntegramente el Programa y disciplina del Partido Galeguista y se propone:
a) Despertar en la conciencia de todos los gallegos la noción de la personalidad de Galicia como unidad natural, con raza, idioma, historia, espíritu y cultura propios y procurar el desenvolvimiento de la misma en todos los órdenes, hasta llegar a conseguir la más completa capacitación de la nación gallega para gobernarse por si misma y para que pueda tener la máxima eficacia su aportación a la cultura y progreso universales.
b) Trabajar en busca del reconocimiento jurídico de su personalidad hasta conseguir que se restituya a Galicia el derecho a regir íntegramente sus propios intereses procurando con arreglo a los modernos principios de federalismo internacional la sustitución de la actual estructura de los Estados, que es imperialista, por otra que garantizando el derecho de las pequeñas nacionalidades a regirse autonómicamente y suprimiendo los ejércitos y las fronteras asegure la paz y la libertad permanentes a la humanidad.
c) Defender y practicar los principios de justicia, libertad y democracia, y combatir aquellos métodos, hegemonías y corrupciones incompatibles con la dignificación ciudadana de Galicia.
d) Prestar ayuda a todas las instituciones, iniciativas y movimientos de opinión relacionados con los fines anteriores y con el estudio y resolución de los problemas sociales, políticos y económicos y culturales de Galicia». (…)
– Fonte: Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña). Fondo Goberno Civil da Coruña. 1936.
Deixa unha resposta