A continuación expóñense os resultados dos diversos referendos electorais celebrados no Reino de España dende o comezo da actual etapa democrática. A información recompilada corresponde unicamente ó ámbito parroquial de Carreira; porén, a análise comparativa cos resultados obtidos a nivel de Galicia e do conxunto do Reino permite inferir que as tendencias manifestadas nesta parroquia se sitúan en liñas xerais na media.
Seguir lendo “Resultados de referendos electorais”Medio século de paixón e fútbol
O fútbol, recoñecido como o deporte máis popular a nivel mundial, ten as súas orixes nas antigas civilizacións, onde xa se practicaban xogos de pelota con características similares ás do fútbol moderno. Neste contexto, o Carreira C.F., presente de maneira informal desde os anos sesenta do século XX, foi legalmente constituído no ano 1976.
Seguir lendo “Medio século de paixón e fútbol”Unha vida entre acordes e ritmos
Nunha contorna privilexiada, a carón da lagoa e con impresionantes vistas ó bravo océano Atlántico, naceu e creceu Ramón Lestayo, máis coñecido no seu Vixán natal como Ramón de Emilia. Este escenario natural cheo de vida marcou os seus primeiros anos, nos cales desenvolvería unha paixón que definiría a súa vida: a música.
Seguir lendo “Unha vida entre acordes e ritmos”Fai 45 anos da visita dun cisne
No mes de decembro do ano 1979, un magnífico exemplar de cisne cantor (Cygnus cygnus) fixo acto de presenza na lagoa de Vixán, engalanando ca súa beleza esta xa de por sí fermosa contorna natural.
Seguir lendo “Fai 45 anos da visita dun cisne”Estudo artístico dunha parroquia
No mes de abril do ano 2003, a revista cultural Raigame, editada pola Deputación de Ourense, publicou un artigo da historiadora María Dolores Villaverde Solar, no que presentaba o seu estudo artístico sobre os altares da igrexa parroquial de San Paio de Carreira.
Seguir lendo “Estudo artístico dunha parroquia”Traxedia nas pedras do Rinchador; o Cartagena nº3
Tal día coma hoxe de fai 80 anos, na noite do 7 ó 8 de abril do 1945, o cerqueiro de Aguiño Cartagena Nº 3 afundiu nos Baixos de Corrubedo, concretamente na pedra do Rinchador, nunha das maiores traxedias mariñas da historia de Galicia.
Seguir lendo “Traxedia nas pedras do Rinchador; o Cartagena nº3”