Fai 45 anos da visita dun cisne

No mes de decembro do ano 1979, un magnífico exemplar de cisne cantor (Cygnus cygnus) fixo acto de presenza na lagoa de Vixán, engalanando ca súa beleza esta xa de por sí fermosa contorna natural.

Naquel entón, a lagoa carecía de vexetación que obstaculizase a súa visibilidade dende a estrada que conecta Vixán ca Graña. Deste xeito, a esbelta silueta do cisne destacaba notablemente sobre a auga, sendo facilmente identificable dende diversos puntos da contorna. A chegada deste exemplar, ca súa impoñente presenza, en contraste cas especies autóctonas de menor tamaño, espertou grande interese entre a poboación, atraendo a numerosas persoas ata a lagoa para contemplar un espectáculo tan inusual, dado que non existían rexistros recentes da presenza desta especie na zona. Non obstante, cómpre salientar que, naquela época, a lexislación en materia de protección da fauna silvestre non acadaba os niveis de desenvolvemento e rigor actuais. Ademáis, a lagoa de Vixán non contaba con ningún tipo de protección oficial, o que expuña a súa biodiversidade a diversas ameazas.

A comezos de agosto do 2010 unha parella de cisne común (Cygnus olor) fixo escala na praia do Rebalo, en Aguiño. 06/08/2010.

Como consecuencia desta vulnerabilidade, o inocente cisne cantor enfrontouse a múltiples perigos, entre eles intentos de caza furtiva. Finalmente, ante a crecente presión, abandonou a lagoa e desprazouse ata a lagoa de San Pedro de Muro, situada aproximadamente a 9,5 km ó norte de Vixán. Por desgraza, a súa estadía neste novo enclave foi breve, pois un veciño da zona deulle caza de maneira indiscriminada. O acto en si xa constituía unha grave agresión contra a biodiversidade, mais a situación tornouse aínda máis lamentable ó coñecerse que a ave foi posteriormente cociñada e consumida pola súa familia, evidenciando unha profunda falla de coñecemento tanto sobre a importancia da preservación da fauna como sobre os riscos sanitarios asociados ó consumo de especies non aptas para a alimentación humana.

Un primeiro plano dos cisnes que fixeron escala no Rebalo, en Aguiño. 06/08/2010.

Exemplar cativo de flamengo fotografiado por Miguel Conde na lagoa de Vixán, a comezos dos anos 90.

Esta tráxica historia reflicte a vulnerabilidade á que estiveron sometidas, en tempos pasados moitas especies de alto valor ecolóxico. Durante uns días, este marabilloso exemplar de cisne cantor engalanou a lagoa de Vixán ca súa presenza, para despois atopar un destino fatal a poucos quilómetros da súa primeira parada.

A relevancia deste suceso quedou recolleita en diversas ocasións no xornal La Voz de Galicia, que publicou entrevistas con dous recoñecidos naturalistas, José Curt e Tucho Piñeiro, cuxos testemuños reproducimos a continuación.

Parte dun artigo de José Curt Martínez. La Voz de Galicia. 11/01/1981.

…”Confirma lo anteriormente dicho el que unos espátulas (Platalea leucorodia), aves verdaderamente excepcionales en Galicia y protegidos por la Ley, fueran censados el tres de diciembre del pasado año 1979 en la laguna del Carregal y posteriormente vistas, el mismo día, en la laguna de Xuño, donde un cazador “en terreno libre” las ahuyentó a tiros. Igualmente, un bellísimo cisne cantor (Cygnus cygnus), que en repetidas ocasiones y durante diciembre de 1979 fue observado en la laguna de Montevixán, fue abatido en la de San Pedro, rematado y pasado por la sartén por un cazador que vive en la ribera de esta ultima laguna, dando una pésima lección de urbanidad – el respeto a la Naturaleza tiene un mucho de cultura y civismo – , y sin que hasta la fecha, que sepamos, se le haya dado por el ICONA el susto consiguiente por habernos privado de un ave protegida por la Ley, patrimonio por ello de la comunidad y digo susto porque parece un poco fuerte reivindicar desde aquí el correspondiente castigo previsto en la Ley de Caza (para quien actuó posiblemente llevado de su ignorancia)”…

Recorte do artigo de José Curt. La Voz de Galicia. 11/01/1981.

Parte dunha entrevista a Tucho Piñeiro (SGHN). La Voz de Galicia. 13/07/1982.

…“Das lagoas costeiras de Barbanza, as máis interesantes son a de Vixán, as dúas que hai en Xuño – lagoa grande e pequena -, unha en Corrubedo, e outra en Louro”, afirma Tucho Piñeiro. Las de Corrubedo, Louro y Vixán están protegidas, pero no así las dos de Xuño. En la de Vixán, que es actualmente una reserva, no se puede cazar, pero hay gran cantidad de furtivos. “Hai uns dous anos – informa Tucho- apareceu en Vixán un cisne, que é unha especie legalmente protexida, pero desplazouse a Xuño e alí o cazaron e despois comeron-no”…

Parte da entrevista a Tucho Piñeiro. La Voz de Galicia. 13/07/1982.

Vista da lagoa de San Pedro de Muro, onde rematou a súa viaxe o cisne cantor de Vixán.

Fontes:

– La Voz de Galicia. 11/01/1981 e 13/07/1982.

– Imaxe portada. Fotomontaxe baseado na historia.

– Imaxe flamengo: Miguel Conde (A Pobra).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑