Resultados de referendos electorais

A continuación expóñense os resultados dos diversos referendos electorais celebrados no Reino de España dende o comezo da actual etapa democrática. A información recompilada corresponde unicamente ó ámbito parroquial de Carreira; porén, a análise comparativa cos resultados obtidos a nivel de Galicia e do conxunto do Reino permite inferir que as tendencias manifestadas nesta parroquia se sitúan en liñas xerais na media.

Compre salientar a ausencia de datos relativos ó referendo sobre a Reforma Política do 15 de decembro do ano 1976, debido á falta de rexistros nos arquivos consultados. Esta carencia resulta especialmente significativa, pois tratábase dunha convocatoria clave no proceso de transición democrática, tras preto de corenta anos de réxime ditatorial posterior a unha guerra civil. A cidadanía, nun contexto de fonda expectativa de cambio, expresaba entón unha clara vontade de transformación política, que quedou reflectida nos resultados daquela histórica consulta.

Vehículos da campaña para animar a votar no referendum do Estatuto de Galicia. Praza do Obradoiro. Ano 1980.


Referendo da Constitución Española – 06/12/1978.

Ante a pregunta “¿Aprueba el Proyecto de Constitución?”, estes foron os resultados:


Referendo do Estatuto de Autonomía para Galicia – 21/12/1980.

A pregunta que aparecía na papeleta, e que estaba escrita en castelán e galego era a seguinte: ¿APROBA O PROXECTO DE ESTATUTO DE AUTONOMÍA PARA GALICIA?. Estes foron os resultados:

Distribución das mesas electorais durante o período 1977 – 1981:

  • Distrito 2, sección 2: Laxes, Montevixán, Parte ó Río… (Escola da Capela).
  • Distrito 2, sección 3: Casalnovo, Castro, Frións, Vixán, Vilar… (Escola unitaria da Mámoa).
  • Distrito 3, sección 2: Campos, Capela, Outeiro, Sabartán, Pedriñas… (Escola da Capela).

Referendo da incorporación de España á O.T.A.N. – 12/03/1986.

A pregunta: “¿Considera conveniente para España permanecer en la Alianza Atlántica en los términos acordados por el Gobierno de la Nación?”, foi a realizada nesta consulta, e podía respostarse en galego ou castelán. Estes foron os resultados:

Distribución das mesas electorais durante o período 1981- 1990:

  • Distrito 2, sección 2: A Graña, O Vilar, Laxes, Vixán, Casalnovo, Frións… (Colexio Pé do Corniño).
  • Distrito 2, sección 3: Centro urbán da parroquia (Colexio Pé do Corniño).

Referendo da Constitución Europea – 20/02/2005.

Ata o de agora, o último referendo realizado foi a consulta para aceptar unha Constitución común para os países da Unión Europea, e a pregunta realizada era esta: “¿Aprueba usted el Tratado por el que se establece una Constitución para Europa?”. Os resultados foron os seguintes:

Distribución das mesas electorais dende o ano 1991.

  • 02-002 A: Campos, Capela, Carreiriña, Pedriñas, Sabartan… (Colexio Pé do Corniño).
  • 02-002 B: A Graña, Montevixán, Parte ó Río, Vixán… (Colexio Pé do Corniño).
  • 02-003 U: Cruce, Laxes, Mámoa, O Vilar, Cubelo, Frións, Sampaio… (Colexio Pé do Corniño)


– Fonte: Arquivo Municipal de Ribeira. Convocatorias electorais.

– Agradecementos a J. Antonio Otero (Arquivo do Concello de Ribeira), pola súa axuda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑