Recén rematado o réxime franquista, no termo parroquial de San Paio de Carreira había escolas unitarias nos lugares de Vixán, A Graña, O Vilar, Laxes, A Mámoa, Frións, e no centro urbano estaban as catro da Capela e Campos, completando ata un total de 10 pequenas escolas mixtas.
Seguir lendo “As escolas no século XIX”O cura Vilacova e o cobro das oblatas
Don Manuel Antonio Vilacova García, cura párroco de carreira dende o 1849 ata o 1884, chegou á parroquia no mes de outubro do ano 1847 exercendo de ecónomo, e así estivo ata o ano 1849 no cal pasou a dirixir a mesma. Era natural da parroquia de San Xoán de Ortoño, en Ames. Mentres foi ecónomo viveu no lugar do Outeiro, e cando pasou a párroco arranxou reitoral de Sampaio para irse vivir alí.
Seguir lendo “O cura Vilacova e o cobro das oblatas”