O mércores 13 de novembro do ano 2002, o petroleiro de operacións na sombra (*) Prestige, que transportaba aproximadamente 77.000 toneladas de fuel óleo, iniciou o que sería un dos maiores desastres ambientais da historia do noso castigado planeta.
Seguir lendo “Un desastre ecolóxico condenado á impunidade”Houbo unha vez dous irmáns de Frións…
… que a mediados dos anos oitenta do pasado século ficharon polo Carreira CF, o único equipo de fútbol da parroquia, e comezaron a facer maxia co balón. Aínda que o fútbol é un deporte de once contra once, o xogo daqueles dous rapaces bastaba, por veces, para decantar os partidos: regates imposibles, pases medidos con técnica e mestría e potentes disparos a portería. Así nacía un mito.
Seguir lendo “Houbo unha vez dous irmáns de Frións…”Arribada forzosa en tempos de guerra
A goleta era un navío de vela, lixeiro, xeralmente de dous paus, ben disposto para levar mercadorías de pouco peso e grande valor, e afamado pola súa velocidade e maniobrabilidade, que lle permitía librarse de corsarios e outras embarcacións de guerra no caso de verse ameazado.
Seguir lendo “Arribada forzosa en tempos de guerra”