Unha escola no medio do mar

Na década do 1930, e ca finalidade de facer chegar a educación pública a tódolos recunchos do país, os distintos gobernos da Segunda República impulsaron un ambicioso programa de expansión do ensino e alfabetización da poboación, promovendo a creación de escolas naqueles lugares que carecían delas.

Esta iniciativa foi amplamente ben acollida pola cidadanía, aínda que as circunstancias sociais da época impediron que acadase plenamente os resultados agardados. Neste contexto de extensión da ensinanza ós territorios máis afastados, os habitantes da illa de Sálvora dirixiron unha carta ó daquela alcalde do Concello de Ribeira, D. Ramón Baltar Cardona, solicitando a súa mediación ante os organismos competentes do Goberno da República Española. O obxectivo era a creación dunha escola e a asignación dun mestre para a da illa – daquela especialmente illada e socialmente moi desatendida – ca finalidade de garantir o acceso á educación da pequena comunidade alí establecida.

Imaxes mostrando grupos de veciños da illa de Sálvora na década dos anos 50 do século pasado.


CARTA DOS HABITANTES DA ILLA DE SALVORA ENVIADA Ó ALCALDE DE RIBEIRA

« Sálvora (Carreira), 13 de marzo do 1932. Sr. Alcalde Constitucional de Riveira:

Los abajo firmados, vecinos y colonos de la Isla de Sálvora, a V. con el debido respeto exponen: Que debido a las condiciones de aislamiento en que se encuentran, y la distancia bastante considerable en que está situada la escuela más próxima, en el término de Aguiño, les resulta imposible en todo tiempo, enviar a sus hijos a ella para que puedan por lo menos aprendan a leer y escribir que es una de las más pequeñas y al mismo tiempo más noble de las aspiraciones que un padre puede tener para sus hijos. Conociendo el interés que el gobierno de la República viene demostrando por la intensificación de la enseñanza, creando para ello gran número de escuelas, los que suscriben han creído llegada la oportunidad de acudir a V. en Suplica de las gestiones necesarias para conseguir de quienes corresponda, la creación en esta Isla de Sálvora, de una escuela, donde puedan adquirir la instrucción primaria los treinta y cuatro (34) niños de ambos sexos y que en la actualidad se ven privados de ella, para lo cual estan dispuestos a proporcionar casa habitación al maestro o maestra que aquí fuere destinado y en el caso de que el número de niños no fuese suficiente con arreglo a las disposiciones vigentes para merecer la creación de una escuela, igualmente suplicamos a V. tome en consideración la posibilidad de hacer, con esta Isla de Sálvora, lo que se hace en las Cíes donde los torreros del faro son los encargados oficialmente de la enseñanza, en sustitución del maestro, cobrando por ello del Municipio una gratificación de 40 pesetas mensuales cada uno de los dos torreros que en aquel faro hay. Justicia que no dudan alcanzar de V. cuya vida se conserve muchos años.

Isla de Sálvora (Carreira), 13 marzo 1932. Enrique Bales, Alfonso Acarreta.

Por Cipriana Crujeiras, Juan Muñiz. Por Juan Parada, Manuel Estevez. A ruego de Manuel Caneda, Francisca Crujeiras, Francisco Oujo maneiro, Francisco Oujo Lema, Francisco Abraldes y Antonio Ynsúa, que no saben firmar. Enrique Bales, Gabriel Fernandez .»


No mes de xuño do ano 2024, a illa de Sálvora, declarada Ben de Interese Cultural na categoría de Paisaxe Cultural, completou a restauración da súa antiga escola, situada á entrada da aldea, a cal estivo habitada ata o ano 1972, recreando fielmente o espazo educativo da época. A actuación levouse a cabo en colaboración co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a UCA de Ribeira. O alumnado dos obradoiros de carpintería e restauración, baixo a coordinación de Manuel Casais e Marián Sánchez, elaborou integramente o mobiliario en madeira seguindo os modelos da época, dado que non se conservaba ningún elemento orixinal.

Imaxes do interior da escola de Sálvora logo da restauración feita no ano 2024. La Voz de Galicia, 07/07/2024.

O edificio, que tamén funcionaba como residencia do profesorado, foi acondicionado cunha cociña e un dormitorio, e instalouse unha placa conmemorativa en homenaxe ó alumnado e profesorado que ocuparon a escola entre 1932 e 1942, así como ós carpinteiros que participaron na restauración. Con esta iniciativa, Sálvora reforza a protección do seu patrimonio natural, científico e cultural, consolidándose como referente para a preservación e difusión do legado histórico de Galicia.

Educar a mente sen educar o corazón, non é educación en absoluto”. (Aristóteles).

Fontes:

– Arquivo Municipal de Ribeira (AMR). Expedientes Escolares. 13/03/1932.

– Ana Gerpe. La Voz de Galicia. 07/07/2024.

– Agradecementos a J.A. Otero (AMR – Concello de Ribeira), pola súa amable axuda e atención.

– Imaxe portada: Escola abandonada de Sálvora no ano 1985. Antonio Parada (Aguiño).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑