Peregrinación ó santuario da Guía

Presentamos aquí un documento (incompleto) datado en decembro do ano 1904, onde podemos comprobar a grande participación de fieis que acudían á tradicional romería da Virxe da Guía, en Carreira, e que viñan en comitiva dende diversos puntos da bisbarra; A Pobra, Palmeira, Ribeira, Artes…

Era tan grande a devoción que había daquela á nosa Patrona, que durante moitas décadas, esta peregrinación foi un referente a ter en conta nas festas relixiosas de Galicia, tanto, que ata chegou a figurar no Calendario Turístico de España durante moitos anos, pero como a maioría das romerías traicionais dos pobos pequenos, co paso do tempo foi indo a menos.

Agardamos que o lector, disfrute con agrado a ollada destas liñas, e poida ter con elo unha idea real do que seguramente tanto se ten escoitado falar ós nosos antepasados, o fervor e a grande devoción que había noutros tempos á Virxe da Guía, a que fora unha das romerías de referencia no panorama das festividades relixiosas de Galicia.

– Imaxe Procesión: María Matilde Alonso. In Memoriam.

– Fonte: B.O.A. – Arquivo Histórico Diocesano de Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑