O catastro de Ensenada (I)

No mes de xullo do ano 1745 reunironse na casa reitorial de San Paio de Carreira as autoridades enviadas polo goberno da nación xunto con representantes dos veciños, para facer a averiguacion de rendas dos habitantes da parroquia atendendo ás indicacións do daquela ministro de facenda, Don Zenón de Somodevilla, Marqués de la Ensenada, ordenado polo rei Fernando VI.

Esta averiguación de rendas atendía a un requerimento da Coroa de Castela ca finalidade de actualizar e modernizar a clasificación das rendas tributarias do Estado mediante un novo catastro. Esta nova incentiva, se realizou en tódolos territorios da Coroa de Castela, excluíndo as provincias vascongadas, Navarra e máis as illas Canarias, e estaba composto dun cuestionario de 40 preguntas común para todas as poboacións, e máis os libros persoais de legos, onde se recollían todos os habitantes dos respectivos pobos ou cidades, o persoal de eclesiásticos onde se daba conta do persoal pertencente á Igrexa, o real de eclesiásticos, onde se recollían as pertenzas, rendas e propiedades do persoal da Igrexa, e o libro de Estados, onde se recollía toda a información das actividades comerciais, agrícolas, gandeiras, industriais, pesqueiras, etc e o seu rendemento económico.

D. Zenón de Somodevilla y Bengoechea, Marqués de la Ensenada.

Publicamos aqui a transcrición do libro Personal de Eclesiásticos, o cal ven a ser o máis pequeno de todos, xa que na parroquia daquela só había establecido un cura párroco cos seus respectivos criados e nada máis, moi diferente a como sería en anos vindeiros onde algunha tempada chegou a haber ata dez membros da Igrexa establecidos na parroquia.

Personal de Eclesiásticos – San Pelaio de Carreira

En la feligresía de San Pelaio de Carreira a trece días del mes de julio año de mil setecientos cinquenta y tres el señor Don Juan Andres de Losada y Themes subdelegado de la Unica Real Contribucion en este Reino de Galicia vajo las ordenes del señor Don Francisco Xavier Garcia Seron del Consejo de Su Majestad su ministro privativo para el establecimiento de ella habiendo visto lo que resulta delas relaciones entregadas por los eclesiásticos desta feligresía y su término con asistencia de Don Jacobo Troche y Silva Juez y Justicia Ordinaria de esta feligresía como anexa a la jurisdicción de Noia Benito Francisco de Ponte y Andrade su escribano de numero Juan Lampon mayordomo pedáneo de esta feligresía Pedro Lampon y Isidro Blanco peritos nombrados por dicha Justicia y Mayordomo y Estevan de Castro vecino dela de san Estevan de Lagartones (*) perito nombrado por dicho señor subdelegado bajo el juramento que tienen echo en los autos y a maior abundamiento rratificandose en el paso a formar este libro personal de eclesiásticos según alque se previene en el capitulo diez y seis de la Real Ynstruccion y auto proveido en los Generales de diez deste presente mes y es de todas las cabezas de casa sus nombres apellidos hedades hermanos criados y demás personas de que se compone su familia segun resulta de dichas diligencias y noticias practicadas y es en la manera siguiente:

Don Manuel facundo Bodero. Parrocho de esta feligresía hedad 33 años tiene tres criados y tres criadas maiores.

En dicha conformidad se feneció este libro de asiento general de todos los vecinos eclesiásticos, cabezas de casa que actual mente exsisten en dicha feligresía y su termino y dichos peritos declaran estar conforme alas relaciones y demás deligencias executadas sin agravio ocultación ni perjuicio particular ni común bajo el juramento que tienen echo en que a maior abundamiento se ratifican firmando los que supieron y por los que no otro en su nombre con dicho señor subdelegado que mandó ponerlo por deligencia y haver por fenecido dicho libro conlas reservas necesarias de que io scribano doi fee= Juan Andres Losada y Themes, Jacobo Troche y Silva, Benito Francisco de Ponte y Andrade, Juan de Lampon por Pedro Lampon, Andres Sieira, por indisposición de Ysidro Blanco Manuel da Costa, Pedro de Gandarela, Jacovo Amado, Esteban de Castro, a Ruego de Roque Lixo Domingo Neto, Ante mi Juan Benito Valcarce.

(*) Parroquia do Concello da Estrada – Pontevedra

Histórica casa reitoral de San Paio de Carreira no ano 2005. Na actualidade en estado de abandono.

En vindeiros artigos neste blog seguiremos a publicar máis información sobre este catastro no que á parroquia de San Paio de Carreira se refire, xa que é un documento histórico fundamental para tratar de coñecer como era a vida neste pobo a mediados do século XVIII.

– Fonte: Arquivo do Reino de Galicia, A Coruña.

– Transcrición: Fco. Javier Crugeiras Sampedro. Ano 2005.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑