Esta semana, para celebrar o centenario da Confraría de Pescadores de Aguiño, compartimos unha serie de imaxes que lembran o pasado mariñeiro desta localidade. Antigamente, este lugar era o porto da extensa parroquia de Carreira, a cal hoxendía aínda segue a manter fortes lazos históricos, relixiosos, familiares e sociais con Aguiño.
As imaxes que compartimos non son moi coñecidas, pero amosan perfectamente como era o porto de Aguiño en épocas pasadas. A través delas podemos ver as súas xentes mariñeiras, as vellas embarcacións que alí fondeaban e algúns detalles da vida cotiá no porto. Estas fotografías permiten revivir momentos que forman parte da identidade histórica desta localidade. Agardamos que as disfruten.

A praia de Aguiño nos anos 40 do pasado século.

A familia Crujeiras (os de Graña e Fidalgos), no Brisa del Mar. Ano 1940.

O desaparecido almacén do Franciscano, na praia da Catía nos anos 40.

Regata de chalanas nas festas. Anos 50.

Procesión nas festas do Carmen nos anos 60. Ó fondo, o almacén do “Carraspello” co bar de Bandín.

Vista do porto co almacén de Colomer ó fondo, nos anos 60.

Vista aérea das obras do porto a comezos dos anos 70.

Dornas na praia de Aguiño no ano 1978.

Barcos do cerco varados na praia a comezos dos anos 80.

Barcos no porto a comezos dos anos 80.
Deixa unha resposta