No século XX, a freguesía de San Paio de Carreira perdeu unha grande parte da súa ampla extensión, a cal estaba demarcada polos apeos de lindeiros establecidos na Alta Idade Media. Esta redución territorial derivou na creación de dúas novas entidades parroquiais: Nosa Señora do Carme de Aguiño e o Bo Pastor de Castiñeiras. Xa tratamos nun capítulo anterior a creación da parroquia de Aguiño, acontecida no ano 1959; neste capítulo abordaremos a creación de Castiñeiras como parroquia de seu, acontecida no ano 1967.
Seguir lendo “A creación da parroquia de Castiñeiras”Un proxecto social fallido
A mediados do século pasado impulsouse un proxecto do Instituto Social de la Marina destinado á construción dun conxunto de vivendas protexidas no lugar da Tasca, preto do porto de Aguiño. Tratábase dunha superficie de 17.010 m² localizada no lugar coñecido popularmente polos veciños como Os Modorróns: unha zona areosa, salgada e inculta situada a carón do mar, sen uso industrial nin habitacional, onde os mariñeiros adoito estendían ó sol os aparellos empregados na pesca do cerco para o seu mantemento e reparación.
Seguir lendo “Un proxecto social fallido”Unha imaxe con Historia
Conservase unha tarxeta postal da década do 1920 que ofrece unha valiosa panorámica histórica do centro urban de Carreira, tomada dende os campos do lugar de Listres. A imaxe constitúe un documento gráfico de grande interese para comprender a configuración territorial e paisaxística da zona no primeiro terzo do século XX.
Seguir lendo “Unha imaxe con Historia”Reflexións (V)
Autor: Francisco Sánchez Fraga. Outubro 2025.
NÁUFRAGOS DE CARREIRA.
Encerrada por Artes, Ribeira, Castiñeiras y Aguiño, Carreira se asoma a la ensenada de Corrubedo por las playas de Castro y Anguieiro, desde allí, la playa de Area Secada y la de A Cobasa salían al mar en los años cincuenta las dornas de los pescadores de Carreira.
Seguir lendo “Reflexións (V)”Reflexións (IV)
Autor: Ciprian Rivas Fernández. Outubro 2025.
O MONTE DA CIDADE; UN CASTRO DA IDADE DE FERRO PARA SEGUIR INVESTIGANDO.
Saíndo de Aguiño podes tomar distintas rutas para desprazarte ao Monte Castro ou como é coñecido entre nós, Monte da Cidade ou da Cidá. Unha delas pode ser Barrio da Cruz, Braña do Muro, Parte al Río, Muiños de Amendo, O Vilar, Casan Lobo ou Casal Lobo e de aí todo cara ao monte.
Seguir lendo “Reflexións (IV)”Reflexións (III)
Autor: Manuel Polo Aparisi. Outubro 2025.
EL LAVADERO DE FAUNA.
Hubo un tiempo en que existió un lavadero de ropa en la aldea de Amendo. Era este un punto de encuentro de las vecinas, un lugar de asueto mientras se compartían las tareas domésticas, un espacio para compartir vivencias, para el consejo, para la transmisión de conocimientos de madres a hijas y entre vecinas.
Seguir lendo “Reflexións (III)”Reflexións (II)
Autor: Fernando Cabeza Quiles. Agosto 2025.
CANDO A PARROQUIA DE SANTA UXÍA DE CARREIRA PERDEU A SÚA ADVOCACIÓN PARA DARLLA Á DE RIBEIRA.
Sabemos, pola documentación antiga, que a actual parroquia de San Paio de Carreira se chamaba a principios do século XIII, antes de que se crease a de Ribeira, Santa Uxía de Carreira.
Seguir lendo “Reflexións (II)”Reflexións (I)
Autor: Juan Manuel Pérez Río. Agosto 2025.
¿QUE ME DICES DE CARREIRA?
Carreira es algo que llevo y llevaré siempre conmigo, a pesar del tiempo y la distancia. ¡Siempre es un placer recordarla! Recuerdo con cariño cómo caminaba por las mañanas y respiraba ese olor a tierra húmeda tan característico de Galicia.
Seguir lendo “Reflexións (I)”D. Manuel de Acuña y Malvar (e III)
O que fóra cura párroco de Carreira entre os anos 1789 e 1792, D. Manuel de Acuña y Malvar, do cal xa se fixo referencia en diversos artigos deste blog, tivo unha vida intensa e destacada no ámbito eclesiástico, político e social durante a época comprendida entre finais do século XVIII e a primeira metade do século XIX.
Seguir lendo “D. Manuel de Acuña y Malvar (e III)”Recunchos do tempo
Presentamos unha selección de imaxes históricas da parroquia de San Paio de Carreira. Dado o escaso rexistro visual das nosas rúas, vivendas e paisaxes no pasado, estas fotografías, retocadas e melloradas dixitalmente, permiten ofrecer unha visión de épocas anteriores na súa mellor calidade.
Seguir lendo “Recunchos do tempo”Un desastre ecolóxico condenado á impunidade
O mércores 13 de novembro do ano 2002, o petroleiro de operacións na sombra (*) Prestige, que transportaba aproximadamente 77.000 toneladas de fuel óleo, iniciou o que sería un dos maiores desastres ambientais da historia do noso castigado planeta.
Seguir lendo “Un desastre ecolóxico condenado á impunidade”Houbo unha vez dous irmáns de Frións…
… que a mediados dos anos oitenta do pasado século ficharon polo Carreira CF, o único equipo de fútbol da parroquia, e comezaron a facer maxia co balón. Aínda que o fútbol é un deporte de once contra once, o xogo daqueles dous rapaces bastaba, por veces, para decantar os partidos: regates imposibles, pases medidos con técnica e mestría e potentes disparos a portería. Así nacía un mito.
Seguir lendo “Houbo unha vez dous irmáns de Frións…”Arribada forzosa en tempos de guerra
A goleta era un navío de vela, lixeiro, xeralmente de dous paus, ben disposto para levar mercadorías de pouco peso e grande valor, e afamado pola súa velocidade e maniobrabilidade, que lle permitía librarse de corsarios e outras embarcacións de guerra no caso de verse ameazado.
Seguir lendo “Arribada forzosa en tempos de guerra”Citas xeográficas en obras históricas
Recollemos unha selección de artigos nos que se fai referencia á parroquia en libros históricos de xeografía. A partir da análise destas obras, pode afirmarse que, malia algúns erros menores que se detectan en case tódolos textos, a descrición do termo parroquial é, en xeral, bastante precisa. Estas obras ofrecen información valiosa e de grande interese para os lectores actuais, especialmente nas edicións previas ó século XX
Seguir lendo “Citas xeográficas en obras históricas”Directriz arcebispal secreta
Orde do Cardeal Arcebispo de Compostela, D. José María Martín de Herrera, enviada polo cura párroco de Carreira D. Felipe Augusto Rivera (daquela Arcipreste de Postmarcos de Abaixo), ó seu homólogo de San Pedro de Muro, sobre as comidas de precepto, onde se establecen unha serie de regras ca intención de evitar críticas ou escándalos entre os fieis e asegurar a disciplina nas prácticas relixiosas.
Seguir lendo “Directriz arcebispal secreta”Topónimos singulares e distintivos
Partindo novamente da excelente obra publicada no ano 2022 polo autor Fernando Cabeza Quiles, titulada Toponimia de Ribeira, presentamos a continuación unha análise sobre a posible orixe dalgúns topónimos singulares da parroquia de San Paio de Carreira. Estes nomes, presentes desde tempos inmemoriais, destacan pola súa excepcionalidade, sendo practicamente únicos non só no ámbito da xeografía española, senón posiblemente tamén a nivel mundial.
Seguir lendo “Topónimos singulares e distintivos”Un templo entre a lenda e a historia
Hoxe, 9 de xuño, celébrase en Carreira a festividade da Virxe da Guía, unha data cambiante que, segundo a tradición, ten lugar cincuenta días despois do luns de Pentecostés. Esta celebración mantense viva dende hai séculos, cun fondo vencello á devoción mariñeira e ás tradicións locais.
Seguir lendo “Un templo entre a lenda e a historia”As escolas no século XIX
Recén rematado o réxime franquista, no termo parroquial de San Paio de Carreira había escolas unitarias nos lugares de Vixán, A Graña, O Vilar, Laxes, A Mámoa, Frións, e no centro urbano estaban as catro da Capela e Campos, completando ata un total de 10 pequenas escolas mixtas.
Seguir lendo “As escolas no século XIX”O cura Vilacova e o cobro das oblatas
Don Manuel Antonio Vilacova García, cura párroco de carreira dende o 1849 ata o 1884, chegou á parroquia no mes de outubro do ano 1847 exercendo de ecónomo, e así estivo ata o ano 1849 no cal pasou a dirixir a mesma. Era natural da parroquia de San Xoán de Ortoño, en Ames. Mentres foi ecónomo viveu no lugar do Outeiro, e cando pasou a párroco arranxou reitoral de Sampaio para irse vivir alí.
Seguir lendo “O cura Vilacova e o cobro das oblatas”Resultados de referendos electorais
A continuación expóñense os resultados dos diversos referendos electorais celebrados no Reino de España dende o comezo da actual etapa democrática. A información recompilada corresponde unicamente ó ámbito parroquial de Carreira; porén, a análise comparativa cos resultados obtidos a nivel de Galicia e do conxunto do Reino permite inferir que as tendencias manifestadas nesta parroquia se sitúan en liñas xerais na media.
Seguir lendo “Resultados de referendos electorais”Medio século de paixón e fútbol
O fútbol, recoñecido como o deporte máis popular a nivel mundial, ten as súas orixes nas antigas civilizacións, onde xa se practicaban xogos de pelota con características similares ás do fútbol moderno. Neste contexto, o Carreira C.F., presente de maneira informal desde os anos sesenta do século XX, foi legalmente constituído no ano 1976.
Seguir lendo “Medio século de paixón e fútbol”Unha vida entre acordes e ritmos
Nunha contorna privilexiada, a carón da lagoa e con impresionantes vistas ó bravo océano Atlántico, naceu e creceu Ramón Lestayo, máis coñecido no seu Vixán natal como Ramón de Emilia. Este escenario natural cheo de vida marcou os seus primeiros anos, nos cales desenvolvería unha paixón que definiría a súa vida: a música.
Seguir lendo “Unha vida entre acordes e ritmos”Fai 45 anos da visita dun cisne
No mes de decembro do ano 1979, un magnífico exemplar de cisne cantor (Cygnus cygnus) fixo acto de presenza na lagoa de Vixán, engalanando ca súa beleza esta xa de por sí fermosa contorna natural.
Seguir lendo “Fai 45 anos da visita dun cisne”Estudo artístico dunha parroquia
No mes de abril do ano 2003, a revista cultural Raigame, editada pola Deputación de Ourense, publicou un artigo da historiadora María Dolores Villaverde Solar, no que presentaba o seu estudo artístico sobre os altares da igrexa parroquial de San Paio de Carreira.
Seguir lendo “Estudo artístico dunha parroquia”Traxedia nas pedras do Rinchador; o Cartagena nº3
Tal día coma hoxe de fai 80 anos, na noite do 7 ó 8 de abril do 1945, o cerqueiro de Aguiño Cartagena Nº 3 afundiu nos Baixos de Corrubedo, concretamente na pedra do Rinchador, nunha das maiores traxedias mariñas da historia de Galicia.
Seguir lendo “Traxedia nas pedras do Rinchador; o Cartagena nº3”O parque natural e a lagoa de Vixán
O Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, situado no estremo sur oeste da península do Barbanza, abrangue 996,25 hectáreas e ven a ser un dos enclaves naturais máis valiosos de Galicia. Declarado parque natural o 5 de xuño do 1992, un ano despois os seus espazos húmidos foron incluídos na Convención Internacional de Ramsar.
Seguir lendo “O parque natural e a lagoa de Vixán”D. Manuel de Acuña y Malvar (II)
Tal día coma hoxe, un sábado de fai 180 anos, falecía na súa granxa de La Soledad, D. Manuel Ignacio de Acuña y Malvar, quen fora cura párroco de San Paio de Carreira dende o ano 1789 ata o 1792, crego este o cal deixou unha profunda pegada nesta terra.
Seguir lendo “D. Manuel de Acuña y Malvar (II)”Dornas en América
Fai uns meses, xa falamos neste blog de Luis Fco. Crujeiras Millet, veciño de Vixán afincado nos Estados Unidos de América, destacado pola súa habilidade e dedicación como construtor profesional de maquetas artesanais de embarcacións. As súa precisas e detalladas recreacións náuticas atópanse expostas en diversos museos de toda Galicia, onde reciben o recoñecemento e admiración de expertos e visitantes.
Seguir lendo “Dornas en América”Galeguismo na Segunda República
A finais do breve período republicano polo que pasou España na terceira década do século XX, constituíase na parroquia o Grupo Galeguista de Carreira, asociación política local independente, a cal se rexía polos principios e programa do Partido Galeguista de Castelao.
Seguir lendo “Galeguismo na Segunda República”Cruces de pedra
A tradición artesanal das cruces de pedra presente en toda Galicia, tamén ten a súa representación na parroquia de Carreira con tres elementos situados nos lugares do Cruceiro, Frións e Sampaio. A característica común deles é que os tres son do tipo de crucifixo, sen capeliñas, é dicir, a forma máis sinxela e característica dun cruceiro.
Seguir lendo “Cruces de pedra”