Nado en Sevilla no ano 1363, Don Lope de Mendoza foi nomeado bispo de Mondoñedo no ano 1393, e arredor do 1399 designado arcebispo de Santiago de Compostela, cargo que desempeñou ata o seu falecemento no ano 1445. O seu pontificado de 46 anos é ata o de agora, o máis longo da historia da Igrexa Compostelana.
Seguir lendo “Doazón do arcebispo D. Lope de Mendoza”Proxecto dunha almadraba en Sálvora
O proxecto para a creación dunha pesqueira de atúns na illa de Sálvora foi ideado no ano 1790 por D. Juan José Caamaño y Pardo de Cela, conde de Maceda, cabaleiro da Orde de Malta e ilustrado ferrolán de gran relevancia no eido económico e social.
Seguir lendo “Proxecto dunha almadraba en Sálvora”Relación de párrocos de Carreira
Presentamos aquí una relación dos curas párrocos que houbo nos últimos cinco séculos na freguesía de San Paio de Carreira, os cales quedaron rexistrados en diversos documentos eclesiásticos que se atopan no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela.
Seguir lendo “Relación de párrocos de Carreira”Padrón de habitantes do ano 1580
En resposta a unha solicitude do rei Felipe II datada a finais de marzo do 1580, o señor xuíz Ginés Galindo foi designado para realizar un censo de habitantes na freguesía de San Paio de Carreira.
Seguir lendo “Padrón de habitantes do ano 1580”Perda de biodiversidade na lagoa de Vixán
Un artigo publicado en novembro do ano 2010 na revista especializada Quercus, realizado polo investigador e biólogo valenciano Manuel Polo Aparisi, presentaba o resumo dun estudo que confirmaba algo que xa se intuía dende facía algún tempo: a perda de biodiversidade na lagoa de Vixán.
Seguir lendo “Perda de biodiversidade na lagoa de Vixán”Un pioneiro na divulgación do patrimonio
Domingo Regueira González foi un precursor na divulgación da prehistoria e arqueoloxía na comarca da Barbanza. Dende moi novo, amosou un profundo interese polo coñecemento e a investigación de xacementos arqueolóxicos esquecidos da nosa terra, unha labor que quedou reflectida nas pequenas pero imprescindibles obras que publicou nos anos oitenta do pasado século.
Seguir lendo “Un pioneiro na divulgación do patrimonio”Cartografía Histórica (II)
Na cabeceira deste artigo presentamos unha parte da Carta de la Ría de Arosa, levantada entre os anos 1904 a 1906 pola Comisión Hidrográfica a bordo do vapor de guerra Urania, e publicada no ano 1910 en Madrid.
Seguir lendo “Cartografía Histórica (II)”Felipe II e a venda do Couto de Carreira
No século XVI, o rei Felipe II de España comisionou a un xuíz chamado Ginés Galindo para levar a cabo unha serie de tarefas administrativas relacionadas co Couto de Carreira, pertencente este á Igrexa Compostelana, ante a posible compra do mesmo por Nicolao de Grimaldo (Niccolò Grimaldi “Il signor monarca” – 1524-1593), Principe de Salerno, Duque de Eboli, Marqués de Diano e banqueiro persoal do todo poderoso rei.
Seguir lendo “Felipe II e a venda do Couto de Carreira”Prehistoria e folklore da Barbanza
Posiblemente existan investigacións previas que descoñecemos, pero o primeiro gran estudo científico documentado sobre o castro do monte da Cidá aparece nun artigo publicado na revista Nós no ano 1927, onde tamén se analizan diversos achados arqueolóxicos da comarca da Barbanza.
Seguir lendo “Prehistoria e folklore da Barbanza”San Paio Mártir; un exemplo de valentía
Hoxe, día de tódolos Santos, publicamos aqui a historia do santo patrón de Carreira. A tradición popular contanos que San Paio, nado como Pelagio (Pelagius), naceu arredor do ano 911 na parroquia de Albeos, no actual concello de Crecente.
Seguir lendo “San Paio Mártir; un exemplo de valentía”Unha balea varada en Couso
Vasco Fernández de Parga, notario público de Noia, expide unha acta en relación co proceso polo cal se condenou a Vasco de Lema por entrar con outros homes na xurisdición da freguesía de Carreira e manipular unha balea que estaba varada no lugar de Couso, o cal era da xurisdición de Santiago.
Seguir lendo “Unha balea varada en Couso”A Cruz de Aguiño: Un misterio ancestral
Continuando ca serie de artigos adicados a Aguiño, presentamos hoxe un documento datado en marzo do ano 1930, e publicado na revista Céltiga, que nos achega á famosa e misteriosa Cruz de Aguiño.
Seguir lendo “A Cruz de Aguiño: Un misterio ancestral”D. Alfredo Saralegui visita o Pósito
Hai un século, tal día coma hoxe, un grupo de mariñeiros da parroquia de Carreira fundaba o Pósito de Pescadores co obxectivo de defender os seus intereses económicos e sociais, ó igual que estaban facendo moitos mariñeiros doutros puntos do país nos últimos anos.
Seguir lendo “D. Alfredo Saralegui visita o Pósito”A creación da parroquia de Aguiño
A chegada do novo párroco D. Alejandro Bello García á parroquia de Carreira no ano 1958, marcou o comezo dunha serie de cambios organizativos que se implementaron pouco despois. O máis destacado foi, sen dúbida, a solicitude de creación dunha nova parroquia en Aguiño.
Seguir lendo “A creación da parroquia de Aguiño”Aguiño, parroquia mariñeira
Esta semana, para celebrar o centenario da Confraría de Pescadores de Aguiño, compartimos unha serie de imaxes que lembran o pasado mariñeiro desta localidade. Antigamente, este lugar era o porto da extensa parroquia de Carreira, a cal hoxendía aínda segue a manter fortes lazos históricos, relixiosos, familiares e sociais con Aguiño.
Seguir lendo “Aguiño, parroquia mariñeira”Cartografía Histórica (I)
Presentamos aquí a primeira entrega dunha serie dedicada ós mapas máis antigos de Galicia que se coñecen, e nos cales aparece rexistrada a parroquia de Carreira.
Seguir lendo “Cartografía Histórica (I)”A casa de cultura
Así foi bautizada popularmente pola veciñanza o Centro Social de Carreira Irmáns Villar, edificio reconstruído polo Concello de Ribeira para a realización de eventos sociais e culturais, situado no lugar de Campos e inaugurado no verán do ano 1986.
Seguir lendo “A casa de cultura”O Catastro de Ensenada (e II)
Partindo da base documental do Catastro de Ensenada, imos darnos unha idea de cómo era a mediados do século XVIII o termo de San Paio de Carreira, a que fora a parroquia máis forte da bisbarra no eido económico e demográfico ata esa época, para logo deixar paso a Santa Uxía de Ribeira, que xa comezaba a despuntar ca súa industria pesqueira.
Seguir lendo “O Catastro de Ensenada (e II)”O incendio da igrexa parroquial (e II)
Na noite do 22 de decembro do ano 1906, uns delincuentes roubaban na igrexa parroquial de Sampaio e de paso lle prendían lume ó precioso altar churrigueresco que dende o ano 1721 presidía o principal templo carreiran.
Seguir lendo “O incendio da igrexa parroquial (e II)”Música feita en Carreira
Nas festas parroquiais do ano 1980 e 1981, o grupo local de música pop-rock Petoucos a Rebolos fixo as súas primeiras e únicas actuacións en directo. Pouco despois, e tras varios trocos de persoal por mor de obrigas profesionais e persoais, o grupo mudou de nome pasando a chamarse Desorden.
Seguir lendo “Música feita en Carreira”