A goleta era un navío de vela, lixeiro, xeralmente de dous paus, ben disposto para levar mercadorías de pouco peso e grande valor, e afamado pola súa velocidade e maniobrabilidade, que lle permitía librarse de corsarios e outras embarcacións de guerra no caso de verse ameazado.
Seguir lendo “Arribada forzosa en tempos de guerra”Citas xeográficas en obras históricas
Recollemos unha selección de artigos nos que se fai referencia á parroquia en libros históricos de xeografía. A partir da análise destas obras, pode afirmarse que, malia algúns erros menores que se detectan en case tódolos textos, a descrición do termo parroquial é, en xeral, bastante precisa. Estas obras ofrecen información valiosa e de grande interese para os lectores actuais, especialmente nas edicións previas ó século XX
Seguir lendo “Citas xeográficas en obras históricas”Cartografía Histórica (II)
Na cabeceira deste artigo presentamos unha parte da Carta de la Ría de Arosa, levantada entre os anos 1904 a 1906 pola Comisión Hidrográfica a bordo do vapor de guerra Urania, e publicada no ano 1910 en Madrid.
Seguir lendo “Cartografía Histórica (II)”Cartografía Histórica (I)
Presentamos aquí a primeira entrega dunha serie dedicada ós mapas máis antigos de Galicia que se coñecen, e nos cales aparece rexistrada a parroquia de Carreira.
Seguir lendo “Cartografía Histórica (I)”Cartografía de posguerra
Pouco antes do comezo da guerra civil, o goberno de España dedicouse a actualizar e mellorar a cartografía militar e civil do país, percorrendo tódolos cornechos da xeografía e trazando planos moi peculiares cos cales actualizar os anticuados, imprecisos ou inexistentes mapas.
Seguir lendo “Cartografía de posguerra”A parroquia na carta xeométrica de Domingo Fontán
Dezasete anos (do 1817 ó 1834) tardou o ilustrado Domingo Fontán en elaborar a Carta Xeométrica de Galicia, primeiro mapa físico realizado no Reino de España utilizando medicións matemáticas, co cal a fiabilidade respecto doutros mapas da época, era a mellor e máis exacta feita ata ese momento na Historia do noso País.
Seguir lendo “A parroquia na carta xeométrica de Domingo Fontán”Mapa de Acuña Malvar do 1790
Don Manuel de Acuña y Malvar, cura párroco de San Paio de Carreira do 1789 ó 1792, tivo unha curta pero intensa andadura mentres estivo exercendo nesta parroquia, e moito máis ó longo da súa emocionante e complicada vida.
Seguir lendo “Mapa de Acuña Malvar do 1790”