Antes da introdución dos modernos sistemas satelitais de posicionamento como o GPS, ou ata non fai moito os sistemas terrestres Decca, Loran-C ou Omega, a navegación marítima dependía case que por completo do coñecemento empírico do medio, acompañado dunha serie de instrumentos mecánicos como o astrolabio ou o sextante, así como de documentos técnicos en papel, máis coñecidos como derroteros.
Seguir lendo “Lendo a costa dende o mar”Ribeira, ollando atrás
Chegamos ó artigo número 100 deste blog cun breve percorrido pola memoria gráfica de Ribeira, a cidade arredor da cal xira a vida do noso concello.
Seguir lendo “Ribeira, ollando atrás”Historia de Carreira – Libro
Realizado entre os anos 2004 e 2007, en decembro deste último ano publicase a primeira edición do libro Historia de Carreira.
Seguir lendo “Historia de Carreira – Libro”A creación da parroquia de Castiñeiras
No século XX, a freguesía de San Paio de Carreira perdeu unha grande parte da súa ampla extensión, a cal estaba demarcada polos apeos de lindeiros establecidos na Alta Idade Media.
Seguir lendo “A creación da parroquia de Castiñeiras”Un proxecto social fallido
A mediados do século pasado impulsouse un proxecto do Instituto Social de la Marina destinado á construción dun conxunto de vivendas protexidas no lugar da Tasca, preto do porto de Aguiño.
Seguir lendo “Un proxecto social fallido”Unha imaxe con Historia
Conservase unha tarxeta postal da década do 1920 que ofrece unha valiosa panorámica histórica do centro urban de Carreira, tomada dende os campos do lugar de Listres.
Seguir lendo “Unha imaxe con Historia”D. Manuel de Acuña y Malvar (e III)
O que fóra cura párroco de Carreira entre os anos 1789 e 1792, D. Manuel de Acuña y Malvar, do cal xa se fixo referencia en diversos artigos deste blog, tivo unha vida intensa e destacada no ámbito eclesiástico, político e social durante a época comprendida entre finais do século XVIII e a primeira metade do século XIX.
Seguir lendo “D. Manuel de Acuña y Malvar (e III)”Recunchos do tempo
Presentamos unha selección de imaxes históricas da parroquia de San Paio de Carreira. Dado o escaso rexistro visual das nosas rúas, vivendas e paisaxes no pasado, estas fotografías, retocadas e melloradas dixitalmente, permiten ofrecer unha visión de épocas anteriores na súa mellor calidade.
Seguir lendo “Recunchos do tempo”Un desastre ecolóxico condenado á impunidade
O mércores 13 de novembro do ano 2002, o petroleiro de operacións na sombra (*) Prestige, que transportaba aproximadamente 77.000 toneladas de fuel óleo, iniciou o que sería un dos maiores desastres ambientais da historia do noso castigado planeta.
Seguir lendo “Un desastre ecolóxico condenado á impunidade”Arribada forzosa en tempos de guerra
A goleta era un navío de vela, lixeiro, xeralmente de dous paus, ben disposto para levar mercadorías de pouco peso e grande valor, e afamado pola súa velocidade e maniobrabilidade, que lle permitía librarse de corsarios e outras embarcacións de guerra no caso de verse ameazado.
Seguir lendo “Arribada forzosa en tempos de guerra”Citas xeográficas en obras históricas
Recollemos unha selección de artigos nos que se fai referencia á parroquia en libros históricos de xeografía. A partir da análise destas obras, pode afirmarse que, malia algúns erros menores que se detectan en case tódolos textos, a descrición do termo parroquial é, en xeral, bastante precisa. Estas obras ofrecen información valiosa e de grande interese para os lectores actuais, especialmente nas edicións previas ó século XX
Seguir lendo “Citas xeográficas en obras históricas”Topónimos singulares e distintivos
Partindo novamente da excelente obra publicada no ano 2022 polo autor Fernando Cabeza Quiles, titulada Toponimia de Ribeira, presentamos a continuación unha análise sobre a posible orixe dalgúns topónimos singulares da parroquia de San Paio de Carreira. Estes nomes, presentes desde tempos inmemoriais, destacan pola súa excepcionalidade, sendo practicamente únicos non só no ámbito da xeografía española, senón posiblemente tamén a nivel mundial.
Seguir lendo “Topónimos singulares e distintivos”Un templo entre a lenda e a historia
Hoxe, 9 de xuño, celébrase en Carreira a festividade da Virxe da Guía, unha data cambiante que, segundo a tradición, ten lugar cincuenta días despois do luns de Pentecostés. Esta celebración mantense viva dende hai séculos, cun fondo vencello á devoción mariñeira e ás tradicións locais.
Seguir lendo “Un templo entre a lenda e a historia”As escolas no século XIX
Recén rematado o réxime franquista, no termo parroquial de San Paio de Carreira había escolas unitarias nos lugares de Vixán, A Graña, O Vilar, Laxes, A Mámoa, Frións, e no centro urbano estaban as catro da Capela e Campos, completando ata un total de 10 pequenas escolas mixtas.
Seguir lendo “As escolas no século XIX”Resultados de referendos electorais
A continuación expóñense os resultados dos diversos referendos electorais celebrados no Reino de España dende o comezo da actual etapa democrática. A información recompilada corresponde unicamente ó ámbito parroquial de Carreira; porén, a análise comparativa cos resultados obtidos a nivel de Galicia e do conxunto do Reino permite inferir que as tendencias manifestadas nesta parroquia se sitúan en liñas xerais na media.
Seguir lendo “Resultados de referendos electorais”Traxedia nas pedras do Rinchador; o Cartagena nº3
Tal día coma hoxe de fai 80 anos, na noite do 7 ó 8 de abril do 1945, o cerqueiro de Aguiño Cartagena Nº 3 afundiu nos Baixos de Corrubedo, concretamente na pedra do Rinchador, nunha das maiores traxedias mariñas da historia de Galicia.
Seguir lendo “Traxedia nas pedras do Rinchador; o Cartagena nº3”D. Manuel de Acuña y Malvar (II)
Tal día coma hoxe, un sábado de fai 180 anos, falecía na súa granxa de La Soledad, D. Manuel Ignacio de Acuña y Malvar, quen fora cura párroco de San Paio de Carreira dende o ano 1789 ata o 1792, crego este o cal deixou unha profunda pegada nesta terra.
Seguir lendo “D. Manuel de Acuña y Malvar (II)”Galeguismo na Segunda República
A finais do breve período republicano polo que pasou España na terceira década do século XX, constituíase na parroquia o Grupo Galeguista de Carreira, asociación política local independente, a cal se rexía polos principios e programa do Partido Galeguista de Castelao.
Seguir lendo “Galeguismo na Segunda República”Axuntamento Constitucional no século XIX
Durante o período do Trienio Liberal, tralo restablecemento da Constitución de Cádiz, e segundo o seu artigo 310 que obrigaba a tódalas poboacións con máis de 1000 almas a constituírse en Axuntamento, o 7 de xullo do 1821 establécese oficialmente o Ayuntamiento Constitucional de Carreira, encadrado no Partido Xudicial de Noia. Este concello só perdurou un curto período de tempo ata a reforma administrativa do ano 1835, a cal delimitou a nova organización política vixente na actualidade.
Seguir lendo “Axuntamento Constitucional no século XIX”O afundimento do Santa Isabel
Un dos acontecementos máis tristes e dramáticos de Carreira e de Galicia en xeral, tivo lugar a noite do 1 ó 2 de xaneiro do ano 1921, cando o vapor-correo Santa Isabel, de 89 metros de longo, cunha pasaxe de 202 persoas e unha tripulación de 84, afundiu logo de bater nas rochas a carón da illa de Sálvora no medio dun forte temporal, morrendo 213 persoas.
Seguir lendo “O afundimento do Santa Isabel”Sancte Eugenie de Carraria
Este topónimo, o máis antigo coñecido documentalmente no que se menciona a parroquia, aparece rexistrado no Tombo de Toxos Outos. Este libro é unha compilación realizada polos monxes do mosteiro de San Xusto de Toxos Outos no ano 1289, nunha época en que o abade do mosteiro era un tal Sancho Eanes.
Seguir lendo “Sancte Eugenie de Carraria”D. Manuel de Acuña y Malvar (I)
Iniciamos neste blog unha serie de artigos adicados a unha figura que, sen dúbida, pode considerarse o persoeiro máis relevante na historia da parroquia de San Paio de Carreira; Don Manuel de Acuña y Malvar. Nomeado cura párroco desta freguesía no ano 1789, permaneceu á fronte da mesma durante tan só catro escasos anos, ata o 1792. Porén, o impacto da súa obra foi tal que a súa pegada perdura ata os nosos días, malia continuar sendo unha figura amplamente descoñecida entre os habitantes de Carreira e as súa contorna.
Seguir lendo “D. Manuel de Acuña y Malvar (I)”Unha mobilización histórica
Poucas veces na historia, os veciños de Carreira e Aguiño se mobilizaron de maneira tan contundente coma nos anos 1981 e 82. Todo comezou cando o daquela Ministerio de Obras Públicas y Urbanismo (MOPU), propuxo instalar unha antena de transmisión de sinais vermellas do sistema de posicionamento Decca Navigator no lugar de Anquieiro, preto da lagoa de Vixán, unha área que hoxendía forma parte do Parque Natural.
Seguir lendo “Unha mobilización histórica”Os muíños do rego do Vilar
No ano 1753, o Catastro de Ensenada rexistraba nesta parroquia dezaseis muíños fariñeiros de cubo con dezasete moas negras. Poucos anos despois construíronse dous máis, sumando un total de dezaoito. Estes muíños hidráulicos, característicos da zona dende o século XVII ca introdución do millo gordo procedente de América, proliferaron debido ó illamento da parroquia, que obrigaba ós veciños a autoabastecerse de fariña ante a falla de mercados e de recursos económicos.
Seguir lendo “Os muíños do rego do Vilar”Liber Tenencie de Horro
Tamén coñecido como Memorial de Facenda, Rendas e Pensións da Antiga Tenencia do Hórreo, o Liber Tenencie de Horro é un documento redactado en lingua galega no ano 1438, no cal se recollen datos administrativos relacionados cos décimos eclesiásticos da antiga Tenencia do Hórreo.
Seguir lendo “Liber Tenencie de Horro”Doazón do arcebispo D. Lope de Mendoza
Nado en Sevilla no ano 1363, Don Lope de Mendoza foi nomeado bispo de Mondoñedo no ano 1393, e arredor do 1399 designado arcebispo de Santiago de Compostela, cargo que desempeñou ata o seu falecemento no ano 1445. O seu pontificado de 46 anos é ata o de agora, o máis longo da historia da Igrexa Compostelana.
Seguir lendo “Doazón do arcebispo D. Lope de Mendoza”Proxecto dunha almadraba en Sálvora
O proxecto para a creación dunha pesqueira de atúns na illa de Sálvora foi ideado no ano 1790 por D. Juan José Caamaño y Pardo de Cela, conde de Maceda, cabaleiro da Orde de Malta e ilustrado ferrolán de gran relevancia no eido económico e social.
Seguir lendo “Proxecto dunha almadraba en Sálvora”Relación de párrocos de Carreira
Presentamos aquí una relación dos curas párrocos que houbo nos últimos cinco séculos na freguesía de San Paio de Carreira, os cales quedaron rexistrados en diversos documentos eclesiásticos que se atopan no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela.
Seguir lendo “Relación de párrocos de Carreira”Padrón de habitantes do ano 1580
En resposta a unha solicitude do rei Felipe II datada a finais de marzo do 1580, o señor xuíz Ginés Galindo foi designado para realizar un censo de habitantes na freguesía de San Paio de Carreira.
Seguir lendo “Padrón de habitantes do ano 1580”Cartografía Histórica (II)
Na cabeceira deste artigo presentamos unha parte da Carta de la Ría de Arosa, levantada entre os anos 1904 a 1906 pola Comisión Hidrográfica a bordo do vapor de guerra Urania, e publicada no ano 1910 en Madrid.
Seguir lendo “Cartografía Histórica (II)”Felipe II e a venda do Couto de Carreira
No século XVI, o rei Felipe II de España comisionou a un xuíz chamado Ginés Galindo para levar a cabo unha serie de tarefas administrativas relacionadas co Couto de Carreira, pertencente este á Igrexa Compostelana, ante a posible compra do mesmo por Nicolao de Grimaldo (Niccolò Grimaldi “Il signor monarca” – 1524-1593), Principe de Salerno, Duque de Eboli, Marqués de Diano e banqueiro persoal do todo poderoso rei.
Seguir lendo “Felipe II e a venda do Couto de Carreira”Prehistoria e folklore da Barbanza
Posiblemente existan investigacións previas que descoñecemos, pero o primeiro gran estudo científico documentado sobre o castro do monte da Cidá aparece nun artigo publicado na revista Nós no ano 1927, onde tamén se analizan diversos achados arqueolóxicos da comarca da Barbanza.
Seguir lendo “Prehistoria e folklore da Barbanza”Unha balea varada en Couso
Vasco Fernández de Parga, notario público de Noia, expide unha acta en relación co proceso polo cal se condenou a Vasco de Lema por entrar con outros homes na xurisdición da freguesía de Carreira e manipular unha balea que estaba varada no lugar de Couso, o cal era da xurisdición de Santiago.
Seguir lendo “Unha balea varada en Couso”D. Alfredo Saralegui visita o Pósito
Hai un século, tal día coma hoxe, un grupo de mariñeiros da parroquia de Carreira fundaba o Pósito de Pescadores co obxectivo de defender os seus intereses económicos e sociais, ó igual que estaban facendo moitos mariñeiros doutros puntos do país nos últimos anos.
Seguir lendo “D. Alfredo Saralegui visita o Pósito”A creación da parroquia de Aguiño
A chegada do novo párroco D. Alejandro Bello García á parroquia de Carreira no ano 1958, marcou o comezo dunha serie de cambios organizativos que se implementaron pouco despois. O máis destacado foi, sen dúbida, a solicitude de creación dunha nova parroquia en Aguiño.
Seguir lendo “A creación da parroquia de Aguiño”Aguiño, parroquia mariñeira
Esta semana, para celebrar o centenario da Confraría de Pescadores de Aguiño, compartimos unha serie de imaxes que lembran o pasado mariñeiro desta localidade. Antigamente, este lugar era o porto da extensa parroquia de Carreira, a cal hoxendía aínda segue a manter fortes lazos históricos, relixiosos, familiares e sociais con Aguiño.
Seguir lendo “Aguiño, parroquia mariñeira”Cartografía Histórica (I)
Presentamos aquí a primeira entrega dunha serie dedicada ós mapas máis antigos de Galicia que se coñecen, e nos cales aparece rexistrada a parroquia de Carreira.
Seguir lendo “Cartografía Histórica (I)”O Catastro de Ensenada (e II)
Partindo da base documental do Catastro de Ensenada, imos darnos unha idea de cómo era a mediados do século XVIII o termo de San Paio de Carreira, a que fora a parroquia máis forte da bisbarra no eido económico e demográfico ata esa época, para logo deixar paso a Santa Uxía de Ribeira, que xa comezaba a despuntar ca súa industria pesqueira.
Seguir lendo “O Catastro de Ensenada (e II)”A illa de Sálvora
Esta illa estivo moitos séculos vinculada histórica e socialmente a San Paio de Carreira e os seus veciños, moitos dos cales dependían económicamente dela, ata que no ano 1959 pasou a integrarse no territorio da recén creada parroquia de Nosa Señora do Carme de Aguiño.
Seguir lendo “A illa de Sálvora”Carta de Poder do século XVI
Amosamos aquí a transcrición dun texto histórico relacionado ca parroquia de San Paio de Carreira. Trátase dunha carta de poder outorgada por Diego Pillado, comerciante da cidade de Santiago de Compostela, a prol de Antonio de Torres, para que este no nome de aquel poida recibir en arrendo o beneficio de San Paio de Carreira, na diócese de Santiago. Está datado o 14 de xuño do ano 1520, apenas catro anos despóis do comezo do reinado de Carlos I.
Seguir lendo “Carta de Poder do século XVI”A parroquia segundo Carré Aldao
A finais dos anos vinte do pasado século, na obra Geografía General del Reino de Galicia de Eugenio Carré Aldao, sae unha descrición moi detallada do termo parroquial, onde se fai incluso unha anotación sobre a lenda da cova de Santa Catalina na illa de Sálvora.
Seguir lendo “A parroquia segundo Carré Aldao”O catastro de Ensenada (I)
No mes de xullo do ano 1745 reunironse na casa reitorial de San Paio de Carreira as autoridades enviadas polo goberno da nación xunto con representantes dos veciños, para facer a averiguacion de rendas dos habitantes da parroquia atendendo ás indicacións do daquela ministro de facenda, Don Zenón de Somodevilla, Marqués de la Ensenada, ordenado polo rei Fernando VI.
Seguir lendo “O catastro de Ensenada (I)”Conflitos relixiosos
A finais do século XIX, un novo movemento relixioso encadrado no cristianismo protestante, se estaba a introducir en Galicia da man de misioneiros ingleses respaldados pola organización británica Echoes of Service, unha axencia de apoio á difusión misioneira internacional para a expansión da Igrexa Evanxélica.
Seguir lendo “Conflitos relixiosos”Cartografía de posguerra
Pouco antes do comezo da guerra civil, o goberno de España dedicouse a actualizar e mellorar a cartografía militar e civil do país, percorrendo tódolos cornechos da xeografía e trazando planos moi peculiares cos cales actualizar os anticuados, imprecisos ou inexistentes mapas.
Seguir lendo “Cartografía de posguerra”Testemuña directa do ataque a Pearl Harbor
O día 7 de decembro do ano 1941 a Historia mudou para sempre, pois ese día a Armada Imperial Xaponesa “Nippon Kaigun” atacou por sorpresa á frota norteamericana fondeada na base naval hawaiana de Pearl Harbor, provocando a entrada dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial. O resto desta historia xa a coñecemos…
Seguir lendo “Testemuña directa do ataque a Pearl Harbor”Daniel Bravo Cores, historiador
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, este ilustre carreiran nado no ano 1955, é un dos historiadores que mellor coñece o pasado recente da nosa comarca, pois as súas obras, artigos e investigacións así nolo confirman.
Seguir lendo “Daniel Bravo Cores, historiador”A mina de Llovo
Nas décadas dos anos 40 e 50 do pasado século, estivo funcionando nos terreos de Pipín, a carón da hoxe famosa Praia do Vilar, unha pequena mina de volframio coñecida como a mina de Llovo.
Seguir lendo “A mina de Llovo”As orixes do topónimo
Tódolos nomes de lugares en Galicia teñen un por qué, unha causa, unha orixe… moitas veces coñecida, pero a maior parte delas, descoñecida.
Seguir lendo “As orixes do topónimo”A fábrica de Gaseosas Santamaría
Durante uns anos do século pasado, houbo en Carreira unha fábrica de gasosas. Fundada polo señor D. Francisco Santamaría Paz a finais do ano 1948, comezou a súa andaina nunha pequena casa situada no lugar de Campos, a carón da muiñeira de Millares.
Seguir lendo “A fábrica de Gaseosas Santamaría”O cinema Millares
Corría o ano 1953 cando o señor D. Francisco Millares Dios solicitou nas oficinas do Concello de Ribeira, o correspondente permiso de obras para a construcción dun cinematógrafo, tal e como consta no citado documento:
Seguir lendo “O cinema Millares”