Hai un século, tal día coma hoxe, un grupo de mariñeiros da parroquia de Carreira fundaba o Pósito de Pescadores co obxectivo de defender os seus intereses económicos e sociais, ó igual que estaban facendo moitos mariñeiros doutros puntos do país nos últimos anos.
Seguir lendo “D. Alfredo Saralegui visita o Pósito”A creación da parroquia de Aguiño
A chegada do novo párroco D. Alejandro Bello García á parroquia de Carreira no ano 1958, marcou o comezo dunha serie de cambios organizativos que se implementaron pouco despois. O máis destacado foi, sen dúbida, a solicitude de creación dunha nova parroquia en Aguiño.
Seguir lendo “A creación da parroquia de Aguiño”Aguiño, parroquia mariñeira
Esta semana, para celebrar o centenario da Confraría de Pescadores de Aguiño, compartimos unha serie de imaxes que lembran o pasado mariñeiro desta localidade. Antigamente, este lugar era o porto da extensa parroquia de Carreira, a cal hoxendía aínda segue a manter fortes lazos históricos, relixiosos, familiares e sociais con Aguiño.
Seguir lendo “Aguiño, parroquia mariñeira”Cartografía Histórica (I)
Presentamos aquí a primeira entrega dunha serie dedicada ós mapas máis antigos de Galicia que se coñecen, e nos cales aparece rexistrada a parroquia de Carreira.
Seguir lendo “Cartografía Histórica (I)”O Catastro de Ensenada (e II)
Partindo da base documental do Catastro de Ensenada, imos darnos unha idea de cómo era a mediados do século XVIII o termo de San Paio de Carreira, a que fora a parroquia máis forte da bisbarra no eido económico e demográfico ata esa época, para logo deixar paso a Santa Uxía de Ribeira, que xa comezaba a despuntar ca súa industria pesqueira.
Seguir lendo “O Catastro de Ensenada (e II)”A illa de Sálvora
Esta illa estivo moitos séculos vinculada histórica e socialmente a San Paio de Carreira e os seus veciños, moitos dos cales dependían económicamente dela, ata que no ano 1959 pasou a integrarse no territorio da recén creada parroquia de Nosa Señora do Carme de Aguiño.
Seguir lendo “A illa de Sálvora”Carta de Poder do século XVI
Amosamos aquí a transcrición dun texto histórico relacionado ca parroquia de San Paio de Carreira. Trátase dunha carta de poder outorgada por Diego Pillado, comerciante da cidade de Santiago de Compostela, a prol de Antonio de Torres, para que este no nome de aquel poida recibir en arrendo o beneficio de San Paio de Carreira, na diócese de Santiago. Está datado o 14 de xuño do ano 1520, apenas catro anos despóis do comezo do reinado de Carlos I.
Seguir lendo “Carta de Poder do século XVI”A parroquia segundo Carré Aldao
A finais dos anos vinte do pasado século, na obra Geografía General del Reino de Galicia de Eugenio Carré Aldao, sae unha descrición moi detallada do termo parroquial, onde se fai incluso unha anotación sobre a lenda da cova de Santa Catalina na illa de Sálvora.
Seguir lendo “A parroquia segundo Carré Aldao”O catastro de Ensenada (I)
No mes de xullo do ano 1745 reunironse na casa reitorial de San Paio de Carreira as autoridades enviadas polo goberno da nación xunto con representantes dos veciños, para facer a averiguacion de rendas dos habitantes da parroquia atendendo ás indicacións do daquela ministro de facenda, Don Zenón de Somodevilla, Marqués de la Ensenada, ordenado polo rei Fernando VI.
Seguir lendo “O catastro de Ensenada (I)”Conflitos relixiosos
A finais do século XIX, un novo movemento relixioso encadrado no cristianismo protestante, se estaba a introducir en Galicia da man de misioneiros ingleses respaldados pola organización británica Echoes of Service, unha axencia de apoio á difusión misioneira internacional para a expansión da Igrexa Evanxélica.
Seguir lendo “Conflitos relixiosos”Cartografía de posguerra
Pouco antes do comezo da guerra civil, o goberno de España dedicouse a actualizar e mellorar a cartografía militar e civil do país, percorrendo tódolos cornechos da xeografía e trazando planos moi peculiares cos cales actualizar os anticuados, imprecisos ou inexistentes mapas.
Seguir lendo “Cartografía de posguerra”Testemuña directa do ataque a Pearl Harbor
O día 7 de decembro do ano 1941 a Historia mudou para sempre, pois ese día a Armada Imperial Xaponesa “Nippon Kaigun” atacou por sorpresa á frota norteamericana fondeada na base naval hawaiana de Pearl Harbor, provocando a entrada dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial. O resto desta historia xa a coñecemos…
Seguir lendo “Testemuña directa do ataque a Pearl Harbor”Daniel Bravo Cores, historiador
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, este ilustre carreiran nado no ano 1955, é un dos historiadores que mellor coñece o pasado recente da nosa comarca, pois as súas obras, artigos e investigacións así nolo confirman.
Seguir lendo “Daniel Bravo Cores, historiador”A mina de Llovo
Nas décadas dos anos 40 e 50 do pasado século, estivo funcionando nos terreos de Pipín, a carón da hoxe famosa Praia do Vilar, unha pequena mina de volframio coñecida como a mina de Llovo.
Seguir lendo “A mina de Llovo”As orixes do topónimo
Tódolos nomes de lugares en Galicia teñen un por qué, unha causa, unha orixe… moitas veces coñecida, pero a maior parte delas, descoñecida.
Seguir lendo “As orixes do topónimo”A fábrica de Gaseosas Santamaría
Durante uns anos do século pasado, houbo en Carreira unha fábrica de gasosas. Fundada polo señor D. Francisco Santamaría Paz a finais do ano 1948, comezou a súa andaina nunha pequena casa situada no lugar de Campos, a carón da muiñeira de Millares.
Seguir lendo “A fábrica de Gaseosas Santamaría”O cinema Millares
Corría o ano 1953 cando o señor D. Francisco Millares Dios solicitou nas oficinas do Concello de Ribeira, o correspondente permiso de obras para a construcción dun cinematógrafo, tal e como consta no citado documento:
Seguir lendo “O cinema Millares”Courage et Devouement
Na tarde do luns 27 de maio do ano 1895, un mariñeiro de Carreira, Juan José Romano, estaba faenando na súa dorna Juana preto dos baixos de Corrubedo, entre as pedras dos Cobos e A Praguiña, cando un grande barco de pasaxe e carga, o vapor francés Dom Pedro (na imaxe superior), pasando por ese mesmo lugar e cunha mar en calma, encallóu nas rochas dos baixos e de seguido comezou a afundirse.
Seguir lendo “Courage et Devouement”A parroquia na carta xeométrica de Domingo Fontán
Dezasete anos (do 1817 ó 1834) tardou o ilustrado Domingo Fontán en elaborar a Carta Xeométrica de Galicia, primeiro mapa físico realizado no Reino de España utilizando medicións matemáticas, co cal a fiabilidade respecto doutros mapas da época, era a mellor e máis exacta feita ata ese momento na Historia do noso País.
Seguir lendo “A parroquia na carta xeométrica de Domingo Fontán”Un importante protocolo notarial
O día 19 de decembro do ano 1833, reuníronse os veciños de Carreira na casa reitoral de Sampaio en presenza do daquela cura párroco D. Joseph de Villaroel, para atender a solicitude dos empresarios cataláns afincados na Pobra, os señores José Ferrer e Francisco Barreras, de establecer catro almacéns de salgadura de peixe en terreos da parroquia. O documento (incompleto) transcrito do orixinal, dicta así:
Seguir lendo “Un importante protocolo notarial”O castro do Porto de Baixo
Descuberto accidentalmente no verán do ano 1978 (imaxe superior), a gran muralla que o rodea pola parte de terra, é o único resto que nos queda deste pequeno e curioso castro do que moi pouco se sabe.
Seguir lendo “O castro do Porto de Baixo”Don Mathías Pérez Rincón
No ano 1777 chegou para dirixir a parroquia de San Paio de Carreira un cura granadino, avogado da Real Chancillería, e que se chamaba Mathías Pérez Rincón.
Seguir lendo “Don Mathías Pérez Rincón”O Pósito de Pescadores de Carreira
Na parroquia de San Paio de Carreira, o 19 de outubro do ano 1924 constitúese o Pósito de Pescadores de Carreira. A sociedade tiña como fins creativos os de espallar a cultura popular desta terra e a necesidade de defendela, xa que a carencia absoluta de escolas nesta parroquia facía que houbese unha grande cantidade de persoas sen alfabetizar entre as xentes do mar.
Seguir lendo “O Pósito de Pescadores de Carreira”Apeo parroquial do ano 1666
Reproducimos aquí o texto transcrito dun apeo parroquial de San Paio de Carreira, realizado no ano 1666 xunto co de outras parroquias da antiga Xurisdición de Noia.
Seguir lendo “Apeo parroquial do ano 1666”Imaxes de fai un século
Amosamos aquí unha serie de imaxes antigas datadas a mediados dos anos 20 do pasado século segundo varias fontes consultadas, e segundo varios medios onde saíron publicadas, tal é o caso da revista Vida Gallega, que por esa época publicou unha serie de fotografías con paisaxes de Galicia, algunhas das cales se corresponden con estas que aquí se presentan.
Seguir lendo “Imaxes de fai un século”Peregrinación ó santuario da Guía
Presentamos aquí un documento (incompleto) datado en decembro do ano 1904, onde podemos comprobar a grande participación de fieis que acudían á tradicional romería da Virxe da Guía, en Carreira, e que viñan en comitiva dende diversos puntos da bisbarra; A Pobra, Palmeira, Ribeira, Artes…
Seguir lendo “Peregrinación ó santuario da Guía”Epidemia de cólera no 1854
Corrían os primeiros días do mes de xullo do ano 1854 cando comezaban a xurdir casos desta enfermidade no porto de Santa Uxía de Ribeira. De súpeto, o cólera extendeuse polas parroquias, atemorizando a tódolos veciños e deixando ó seu paso unha ringleira de cadáveres de toda condición social.
Seguir lendo “Epidemia de cólera no 1854”Viaxe a Galicia do ano 1745
Na obra correspondente ó primeiro viaxe que fixo por Galicia o erudito Frei Martín Sarmiento no ano 1745, podemos atopar este relato seguido da descrición da parroquia de Carreira:
Seguir lendo “Viaxe a Galicia do ano 1745”Un paso seguro
O día 2 de maio do ano 1866 tivo lugar o Combate do Callao nas augas próximas a ese porto peruano, entre a Frota Española ó mando do contra almirante da Real Armada, o galego D. Casto Méndez Núñez (na imaxe superior), e máis as Defensas do Callao (República do Perú), no transcurso da Guerra do Pacífico.
Seguir lendo “Un paso seguro”Pro Mundi Beneficio
Juan Manuel Pérez Río, un carreiran á fronte da División Hispánica da Biblioteca do Congreso de Washington DC (USA), publicou no ano 2007 o libro “Pro Mundi Beneficio: Los trabajadores gallegos en la construcción del canal de Panamá, 1904-1914“.
Seguir lendo “Pro Mundi Beneficio”